Un financiamento escaso e desigual “segrega” e “clasifica”,
verbos primordiais do sistema educativo.
Segundo Roman Jakobson e os seus Fundamentos da linguaxe (Ciencia Nueva, 1967), na función poética do uso das palabras non só se busca a selección e orde destas, senón tamén a súa beleza formal. Pero nas súas referencias emotivas, metalingüísticas e conativas -tendentes a que o oínte reaccione- encerra informacións non menos interesantes.
A locuacidade que o funcionamento da escola emite, máis aló das súas
leis e regulamentos, son códigos vixiantes das aparencias máis que da súa consistencia
democrática. Esta institución supostamente “universal” -para todos os
nenos e nenas dunha idade, que en 1990 delimitouse ata os 16 anos- amosa no que
fai cómo entre o que nunca foi, o que é e o que debería ser, os que están obrigados
a pisala durante unha parte sensible das súas vidas, vívena entre serias lagoas
e baleiros. Tratar de explicalos é toparse sempre con incuria, desgana e,
a cotío, unha xestión dos recursos públicos que, priorizando intereses alleos
ao seu ser, é displicente con que tales nutrientes dexeneren o seu núcleo neurálxico.
Algúns dos seus mellores docentes -pillados entre o ser e o deber ser da
institución- propenden á esquizofrenia, mentres o Alzhéimer atenaza aos
apegados a formas sobrepasadas cando a sociedade necesita novas
aprendizaxes. Outras afeccións, relativamente menores, anuncian confusións e
tremores parecidos aos do Parkinson cando, por exemplo, se menciona estrañeza
ante a liberdade de conciencia que debería protexer o sistema.
Escolas ou garderías?
Jakobson queixábase de que “os recursos poéticos ocultos na
estrutura morfolóxica e sintáctica da linguaxe”, fosen tan pouco coñecidos
polos críticos, e igual sucede coa linguaxe que emite a escola, consentido
por quen ten o voto para que estea ou non en mans que aprecien o valor de que
todos e todas aprendan a descubrir e coñecer que se dee saber facer nesta
sociedade. Esta forma exemplar de civilización, sempre necesitada de atención,
está en dúbida, e máis coas reticencias que arrastra a admitir que a escola é
un dereito “de todos”. Entre analfabetismos diversos, ata 1989 non se “universalizou”
a escolaridade ata os 14 anos, e a marcaxe que lle impón o suposto
“aconfesionalismo” (artg. 13 da CE78) e un ausente “Estatuto da función pública
docente”, aínda determinan unha estrutura dual coma se, por natureza, estivese
amarrada a que Privada e Pública coexisten en franca desigualdade desta e as
familias, deberían seguir elixindo sempre entre “ir á escola” ou ir estudar
“”, distinción que o franquismo subvencionou, e a LODE confirmou en 1985.
Esta bífida linguaxe escolar, sempre oculta cando se fala de
calquera asunto en que a súa bondade ou maldade, eficiencia ou “calidade”, dá a
“o que hai” unha entidade esencialista, estes días. Estes días visibilízano
as folgas que protagonizan educadoras (e poucos educadores) de Educación
Infantil. As escolas públicas -en mans de concellos e Comunidades que non
as ven rendibles para os seus intereses- teñen poucas prazas e non axudan a que
os matrimonios novos concilien as súas vidas, mentres as boas de verdade non
son para os seus fillos e fillas. Igual que as privadas, adoitan estar en mans
que, en moito casos, trátanas como un negocio sen máis esixencias que a de ser monetariamente rendible, un modo de facer
política educativa en que non conta o prezado verbo “educar”. Susténtase,
ademais, nunha cultura doutra época, en
que o termo “gardería infantil” -que a RAE limita a “coidar e atender a
nenos de pouca idade”- é tan xenérico, que pode aplicarse ao que sucede en
todas as etapas escolares. Se das palabras pasamos á realidade que viven quen
traballa nas aulas, aínda que desde a LOXSE (1990) esta etapa recoñécese como
“educativa” -e segundo todos os estudos neurolóxicos, é fundamental para o
desenvolvemento integral de nenos e nenas-, o trato que recibe quen
desempeña este labor progresou pouco desde o paidagogos grego. O
servo que se encargaba dos críos tiña mellor trato no aprecio familiar;
agora, entre o pouco salario, menor prestixio e nulo afán das familias para que
os seus fillos e fillas elixan ser educadores, todo contribúe a que a escola non
pese cando tanto lles encomian os traballos de prestixio socioeconómico, nin
conte tampouco á hora de votar.
Financiar este sistema educativo é barato aínda que, como sempre,
siga beneficiando a unha minoría selecta. O ministro Wert, aínda incidía en 2013, en
que non todo depende dos “recursos”, e amentaba diversos tópicos, desconectados
da mellor expresividade poética dunha escola atenta aos intereses de todos. As
folgas docentes destes días reclaman que o que lle fan expresar quen rexe o
ser real da escola non sexa inhumano. Coa súa hipocrisía verbal, segregan,
benefician a poucos e non liberan á maioría dun clamoroso abandono propicio
a un semianalfabetismo nada propicio para a democracia. Esta linguaxe é tan
fráxil como o que -segundo di José Luis Gómez en Mundiario - pretende a paz
entre EEUU e Irán.
TEMAS: Educación
Infantil.- Educación de todos e todas.- “Vocación docente”.- Reclamacións sobre
o sistema escolar.- Políticas educativas.
MMC (Madrid: 07.05.2026)

No hay comentarios:
Publicar un comentario