A opinión dos docentes...non conta?

Mostrando entradas con la etiqueta Revista T.E. (Traballadores do Ensino). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revista T.E. (Traballadores do Ensino). Mostrar todas las entradas

6 ago 2018

O custo cero como precepto ten curto percorrido


Perrencha para uns ou mercadotecnia para outros... o decreto que suprimirá o recorte obrigatorio do gasto educativo será advertible pronto nas aulas?

Como primeira medida para frear a LOMCE non está mal, aínda que sexa curta e non vai estar dispoñible na súa totalidade para o curso próximo. Pero céntrase no principal: o investimento e, de paso, atalla aquela ousadía retórica de Wert respecto de que, con menos recursos, podía haber unha boa educación. Os recortes viñeron antes da LOMCE, co famoso R.D.-lei 14/2012 que agora Pilar Celáa pretende revertir e que a LOMCE certificou.

Reversión
O custo total de un e o outro, con todas as secuelas en sucesivos decretos de Wert e Méndez de Vigo, e o seu tratamento no déficit con Bruxelas -soportado especialmente pola escola pública-, foi obxecto de todas as reivindicacións dos profesionais da educación nestes anos marianos. Dan fe diso os comunicados e manifestacións de mareaverde, CEAPA e colectivos de mestres e profesores. Na Comisión parlamentaria para o Pacto Social e Político en Educación hai abundantes referencias a iso, igual que en sesións do Consello Escolar do Estado. E unha síntese do que supuxo aquel afán de desmantelamento privatizador, está accesible nun recente libro de FE-CCOO, conmemorativo do seu 40º aniversario. O capítulo dous recolle canto a revista Traballadores do Ensino (T. E.) testemuñou: as medidas que en cada comunidade foron tomándose -incluídas as que agora poñen reparos á supresión do decreto orixinario- e as contías globais do retallado. Permite ver, sen trampas, o favorable trato que -durante todo o tempo da suposta crise- tivo o ensino privado. É un bo baremo, ademais, para cuantificar o diferencial que poida alcanzar esta reversión do decreto de 2012 que agora quere iniciarse.

Con esta medida Celáa retoma a testemuña onde Méndez de Vigo o deixou. No seu proxecto de pacto estaban os recursos; a discrepancia coñecida co PSOE estivo na súa contía. Pode, pois, ser un bo camiño para preparar unha alternativa á LOMCE e o seu contexto. No entanto, unha vez que as cinco comunidades do PP fixeron o seu xesto de retirarse, logo de tres horas de reunión para decatarse da derrogación do penoso decreto, superado o empate de rabechas as cuestións principais seguen en pé e non son de pouca importancia.

Custo cero?
Aquí -como no concernente ao teito de gasto-, se dirime a posibilidade política deste Goberno e, por suposto, a súa vontade de exercela cun grado de compromiso convincente. Ambas cousas van xuntas, dada a precariedade de votos parlamentarios con que conta para saír adiante día a día, en intensa negociación cruzada con outros asuntos de non menor substancia. Pero é unha ocasión para demostrar a calidade política dos xestores do Ministerio neste momento, que se acabará medindo non por consensuar, senón pola categoría dos acordos a que sexan capaces de chegar. É de desexar que non se cansen ao primeiro rifirrafe. Esta medida non ten custo cero -especialmente para as Comunidades-, pero os outros asuntos, con ser o do soporte normativo do aforro en educación moi significativo, téñeno menos. En primeiro lugar, o alcance global da reversión do recortado a que se aspira, cos seus prazos correspondentes. E en segundo lugar, o emprego real deses recursos en situar á escola pública nas condicións que necesita. Aí verase que o valor dos xestos iniciadosmedirase en que moitas decisións obrigarana a sobrepoñerse a obstáculos máis serios que o desta “rabecha” dos representantes do PP; teraos tamén de dentro do PSOE.

Duns e outros partidos, poderase confirmar pronto a vontade de acordo, consenso e pacto que teñan por un sistema educativo que poida cumprir con dignidade contrastada o dereito de todos os cidadáns a unha boa educación. Suponse -pero terán que demostralo con feitos- que non se satisfán coa mera escolarización de todos os nenos e nenass nin, tampouco, con que o sistema siga funcionando con clara mostra de privilexios ao segmento dos que en xeral menos o necesitan.



TEMAS: Reversión recortes educativos. LOMCE. R.D.-lei 14/2012, de 2º de abril. Revista T.E. (Traballadores do ensino).

Manuel Menor Currás
Madrid, 31.07.2018