Tras os oportunismos, o verdadeiro conflito
dos cincuenta e tres últimos días replica pulsións antigas dos humanos: o odio
e a prepotencia.
Houbo un tempo non afastado en que era heterodoxo dicir que en España houbese racismo; unha suposta harmonía das tres culturas nos tempos de Alfonso X e os tradutores de Toledo encubría abundantes abusos dese suposto. Como outros tópicos dunha Historia imposta, só era parcialmente verdade. O que estes días sucede en Ceuta non é que tres, senón catro culturas -pois a presenza de indúes no pequeno comercio desta cidade é abundante-, teñen dificultade para volver á “normalidade” das diferenzas e distancias que estrañan; moitos e moitas ven “anormal” o que, desde o 30 de xullo, consideran “invasión” das súas rúas, e dan renda solta a actitudes xenófobas.
No calendario político, o momento brinda a
uns e outros unha inmellorable oportunidade para unha pelexa máis ante os
seus posibles votantes, en vésperas das próximas eleccións; permítelles
presumir de eficiencia e, sobre todo, é ocasión para que os máis
descontentos co Goberno central poñan pegas a posibles solucións locais. Vellos
problemas non ben resoltos, e a invención dalgúns máis, retardan acordos necesitados
de consenso, mentres os gobernantes, á defensiva e tratando de concertar
vontades, procuran saír do paso como poden. Entre afectos e desafectos, agroma
todo tipo de desencontros e, ao lado ultra -con vocerío crecente despois do
visto en Alemaña- menudean as palabras grosas de agraviados no que supoñen a “orde natural” das cousas, acorde
con que os fortes impoñan as súas regras.
Neste punto, coinciden en parte tamén os
defensores dunha “orde” civilizada; as imaxes do que as cámaras filman estes
días en Ceuta créanlles incerteza sobre cumprimentos
constitucionais, Dereitos Humanos e tratados políticos, ben sexa con Marrocos,
con EEUU ou coa UE. Inducidos así a prestar atención a unha situación crítica,
dan en pensar se o presente avanzou moito respecto a un pasado que,
supostamente, pasou. A importancia crecente do posible que é hoxe dispoñer de
información desinformadora -e cos donos da IA en pelexa por mellorar dividendos
de empresas dotadas de máis recursos financeiros que moito Estados- non é banal
lembrar que a situación se presta a manipulación manifesta, pois fai saltar
as mesmas reaccións dos humanos da Antigüidade, desde a que hai testemuños de
como a acumulación do medo propiciou falsos redentores, colonizadores e
imperialistas. A liberdade e “a orde” que invocaban resultou ser o timo da
estampiñaa, pero de novo claman por facer Historia.
O “dereito natural”
Quen lese Dominio, de Tom Holland (2019),
advertirían a énfase que pon na “orde” inspiradora do “dereito natural”.
Despois de apuntar como, tras moitas séculos de poderosos reis apelando aos
deuses para xustificar o seu esmagador autoritarismo posesivo, céntrase en como
os estoicos imaxinaron cara ao ano 312 a. C., que, en si mesma, a Natureza
era divina, e que vivir con ela era vivir en harmonía con Deus, quen puxera
nos humanos “a conciencia” ou capacidade de distinguir o ben do mal. Cicerón -gran
admirador destes filósofos-, chegou a dicir
que cantos percibisen a ilación de causas e efectos que se producen na Natureza
serían capaces de captar o que acontecería no futuro. E Holland resalta como
esa conxunción de ceo e Terra viña ben aos romanos, que estaban en plena
expansión imperial e a piques de facer que Roma fose o centro da “orde”
económica, político e social, máis poderoso de cantos houbera. Esta noción do
mundo -onde combatían o ben e o mal- subordinaba as capacidades das lexións
romanas para facerse co control do Mediterráneo e chamarlle Mare Nostrum:
o “dereito romano” confirmaba o dominio da “orde” que impoñían os seus
lexionarios, e filósofos como Posidonio facían ditirambos á “Pax romana”. O
dominio que lograron exercer sobre un territorio tan extenso durou, en
principio, ata o ano 476 d. C., facultouos para impoñerlle o seu poder absoluto
e un sistema produtivo escravista, e a súa herdanza quedou viva nos feudalismos
aristocratizantes que seguiron.
Desde 1789, non parece, ademais, que a
“orde natural” deixase de estar en mans de quen ostenta o control e o
dominio real do territorio. Se aquel mundo do ben e o mal se impuxo no afastado
pasado -e entre 1922 e 1945 dominou tanto-, neste presente todo parece orientarse
a que a moral dos fortes se impoña. Oíndo a Trump expresarse, quen trate de
entender que acontece ou que predícase dentro e fóra dos parlamentos verá que a
“orde internacional” e o que debería rexer de inmediato en Ceuta e en todas as
cidades que se solidarizan con ela chamándose españolas pouco adiantan se os
determinantes que rexeron o pasado seguen vivos. Os libros escolares de
Ciencias Sociais non adoitan incidir nas brutalidades que conlevou sempre a
imposición da “orde” duns sobre outros. En Ceuta, ben claro quedou onte -no
agravio a unha deputada-, a marca de “orde” que está a aflorar en España.
Despois de máis de 40 anos sen os mestres debidos, pivotan sobre Ceuta tensións
múltiples da “orde” colonial establecida desde máis aló das fronteiras
europeas, en que “o poder global” o detentan uns poucos individuos. É a
“orde natural” de sempre, e o raro é que quen o padece e quen o promove
coincidan en encomiar o estupendo que é rearmarse contra o mal “invasor”. Tan
benéfico é sempre, “pola graza de Deus”, para gloria dos emperadores e os seus
émulos, que na súa “orde” os damnificados non existen, e Hammurabi imponse
sobre os supostos dereitos humanos.
TEMAS: Dereitos humanos.- Dereito natural.- Orde
natural.- Orde internacional.- Dominio e poder.
MMC (Madrid: 21.09.2026)









