Se non se contextualiza o suposto “mínimo histórico”
dos seus datos, é peor.
Quen foi escolarizado nos
anos cincuenta ou sesenta está mellor preparado que PISA para dilucidar se
os seus netos e netas melloraron ou empeoraron a súa capacidade lectora,
matemática e científica. Se o seu nacemento e circunstancias vitais foron de
clase baixa calibrarán, ademais, con precisión ata que punto o que os medios
difundiron onte como “desastre” e “esborralle” ou “drama” da educación española,
poida valorar como “mínimo histórico” o estado actual do sistema educativo. E
quen tivese como traballo máis ou menos “vocacional” -termo equívoco onde os
haxa- procurar facer algo útil nas aulas, saberá ata que punto esta enquisa,
tan publicitada desde o 2000, enriqueceu algo a atención ao seu esforzo. Se a
inmensa maioría non a notou, adxectivar eses datos como “históricos” non
aclara a relatividade do termo tras as súas penurias como alumnos e como docentes.
Para valorar como é este momento pode preguntarse a quen está a piques de
entrar en folga por incumprimentos múltiples dos encargados da xestión educativa en
autonomías como Madrid, Valencia e demais comunidades, concordantes todos en
que “a educación” se arranxa con "vocación
docente”. Os estudosos da economía educativa e deste subterfuxio instrumental
ben saben o absolutamente relativo que é invocalo, pois nada lles axuda a pagar
as súas facturas, nin a preparar o traballo que deben facer con mozos e mozas distintos
de cando, antes de ser docentes, eran adolescentes.
Estas clasificacións
-tan propias de competicións como a liga de fútbol- supoñen que cantos estudan
están en igualdade, e que sempre foi así, mesmo en épocas anteriores, en que a
capacidade segregadora do sistema e as condicións do capital cultural previo á
escola eran determinantes. A Historia non é inmóbil, e os contextos tan
cambiantes que, en xeral, o vivido nunha escola de recortes como a que tivo este
alumnado de 15 anos, aquí retratado, foi moi diferencial segundo o centro
educativo que a cada un lle tocara . Nun sistema estruturalmente dual, a
desigualdade do alumnado deste Informe é bastante maior que o que
permite ver. En consecuencia, que algunhas Comunidades segregando uns poucos
datos xenéricos fachendeen de xestión respecto a outras, coma se o seu “modelo”
fose marabilloso por superar a outras nesta clasificación, non explica, por
exemplo, por que nelas , como noutras, sempre saen malparados os mesmos mozos e
mozas, coma se o distrito postal -independentemente do que se faga nas
aulas- marcase as diferenzas de capacidades que poida desenvolver a
escolarización .
De todos os xeito, cando
o valor de PISA queda en saír mellor ou peor que outros nunha listaxe -e en disputar políticas educadoras- enténdese
que na maioría dos comentarios que suscitan estas enquisas da OCDE non se
destaque que, en 2026, en España non se alcanzou aínda o nivel de investimento
en Educación que había en 2009, nin que en moitas Comunidades non hai reparo
en seguir unha tradición moi asentada, en que a escolarización non se implica
en remover distancias socioeconómicas. Esta organización liberal, moi ocupada
nos fluxos comerciais internacionais, deixa “ad libitum” dos gobernos moitas
variables como a formación que recibe o profesorado; procura que se aveña co
“capital humano” que espera de “a” educación que propugna, e non se ocupa de se desenvolve as aptitudes
éticas máis apropiadas á sa convivencia democrática.
A inutilidade de PISA.
Nos comentarios que
adoita traer PISA non se adoita explicar adecuadamente qué mide realmente
este Informe . Un dos seus mellores coñecedores, Julio Carabaña, publicou
en 2015 A inutilidade de PISA para as escolas, que insistía no equívoco
dos seus diagnósticos se non se atendía ao que de verdade miden, e, sobre todo,
que non modifican a pedagoxía e didáctica habitual dos docentes: os
resultados son tan multifactoriais, que o que acontece nas aulas apenas os inflúe.
Máis ben son ocasión para confrontacións conxunturais dos partidos políticos,
pero non modifican a estrutura du debate
que, en España, apenas variou nada desde que se redactou o artigo 27 da CE78, tan
equívoco que cada cal o interpreta a conveniencia . Estes días, xa se suman
alegremente a esta pelexa quen aspira a xeneralizar, de modo definitivo, un
sistema aínda máis censitario que o anterior a 1931 .
É curioso, en todo caso,
que a culpa deste suposto “desastre” -en que os mellor posicionados perden
ata 27 puntos respecto a 2022-, se atribúa aos factores tecnolóxicos que
irromperon na sociedade. Móbiles, pantallas e IA, son presentados agora como supostos
responsables dunha evolución desnortada das cadeas neuronais destes
adolescentes. Esta queixa non explica nada, salvo diferenzas co tempo en que se
vive. Figuraba nas táboas da escritura cuneiforme como pugna interxeracional, e
nos anos sesenta-setenta, os test psicolóxicos erixírona en desculpa para
tratar a diversidade de resultados nas avaliacións. Pouco se ocupaba a
Administración de que a suposta “vocación docente” estivese á altura da
dignidade de educar. Se o orientador alegaba eses datos, un suposto motivo
“científico” xustificaba unha infinidade de suspensos e recriminacións ao
alumnado; a súa aparencia moderna tamén validaba de paso a baratura dos orzamentos
e investimento. que se atribuía á función de ensinar, e case nada se fixo por
xeneralizar que atendese as necesidades crecentes dun alumnado cada vez máis
plural, tan cambiante ou máis que os demais asuntos da vida colectiva. Non pode
ser, con todo, que esta atención quede ao azar de voluntariedades diversas
cando a acción política persevera en tratar a educación de todos como unha
mercadoría que compra segundo posibles. O que indica PISA é que imos como
sempre: Don Miguel de Unamuno xa insistía no desorientados que andabamos, á
espera de “que inventen eles”, pero en Finlandia ou Noruega -outrora nos
primeiros postos da clasificación- hoxe tampouco van boiantes.
TEMAS: Informe
PISA.- Educación común.- Sistema educativo.- Recursos e medios educativos.-
Políticas educativas.
MMC (Madrid:
09.09.2026).
No hay comentarios:
Publicar un comentario