A opinión dos docentes...non conta?

1 jul 2026

O círculo dos homes bos

O artigo de X. Carlos Caneiro, na súa columna El Equilibrista, publicado en La Voz de Galicia o 29.06.2026, achega unha interesante visión do que acontece...

El círculo de los hombres buenos

Ay de los latinos, siempre nos dejaron grandes frases que ahora puedes recoger, como si fuese un barracón, en el infernal paraíso de la internet. Una de esas frases en almoneda es: «Pro-missio boni viri est obligatio», que quiere decir que la promesa del hombre honrado es obligación. Los boni viri de la política cada vez parecen menos y, entre posverdades y realidades paralelas, uno ya solo acierta a distinguir a unos cuantos. Una pena. Pero no mayor que la que sentía Borges cuando se refería a los peronistas.

Manco. Héctor Francesch, 2005.

Borges es una guía de autoayuda para los momentos difíciles de un columnista. Acudes a él, o lo piensas, y siempre sale alguna idea como una paloma de la chistera de un mago taciturno. Una de sus obsesiones eran los círculos.

En ellos contemplaba definida la teoría del eterno retorno, esa que tanto lo soliviantaba. También veía en los círculos el espejo de la infinitud, de la continuidad de todas las cosas en medio de un universo diseñado con precisión algorítmica. Los laberintos que lo perturbaban cabían también en las figuras circulares. Para Borges, el círculo era también la metáfora de Dios, ese ser superior en que creía y no creía. Círculos y esferas perturbaban sus insomnios y a lo largo de toda su obra, poética o narrativa o argumentativa, los escribió y describió con maestría. En el círculo todo comienza y todo termina. Pero ese término, paradójicamente, no tiene fin.

Julio Cortázar también hablaba a menudo de los círculos y su teoría literaria, que transitó entre la novela y el relato corto, la especificaba de modo sintético. Decía que el cuento debía construirse, estructurarse, como un círculo: el final debía estar definido en el principio, y viceversa. Era la edificación literaria perfecta. Yo he pasado años explicando en la universidad que no se puede escribir un relato sin conocer, ya en el arranque, su final. No sirvió de mucho. Ahora ya todo el mundo escribe como le da la gana y las estructuras apenas importan. Se escribe para conseguir el éxito de público; apenas se escribe, y bien que lo siento, para conseguir el éxito literario (la excelencia). Dejémoslo. Vayamos con Cortázar y sus teorías. La novela la definía como una línea de puntos sucesivos que no tenía necesariamente término, que podría continuar eternamente.

Y llegado el remate de la columna, el lector se preguntará para qué este exordio de un letraherido. Es sencillo. El círculo se inició con la defensa, proferida por José Luís Ábalos, en la moción de censura contra Rajoy (2018): llegaban los boni viri para ahuyentar la indecencia y la corrupción. Y, con la condena de veinticuatro años de cárcel para el susodicho, remata el círculo. Es el cuento perfecto, diría Cortázar. Pero, en realidad, es el eterno retorno. El círculo de los hombres buenos (el lado correcto de la historia, dicen) se ha instalado en las entrañas del país. Sus promesas han sido falsas. Pero qué importa eso. En España ya nada parece importar.


O caderno de vacacións deste verán é intenso


As cuestións pendentes impoñen un repaso das competencias non ben logradas no curso, algunhas máis necesarias ca nunca.

Ante as próximas eleccións, a confianza é a cuestión máis grande a ter en conta. Normalmente votamos do mesmo xeito que adoitamos facer con case todo o que nos importa, que nos fiamos do crédito que nos merece a situación. En caso de dúbida, incerteza ou xustificada inquietude, a tendencia é a recuar e quedarse na expectativa de decidir. Isto é o que tenden a provocar os líderes do conservadurismo actual, sabedores de que as persoas que máis pelexaron pola democracia desencoraxaranse se lles sinalan modelos corruptos entre os seus e, enlamado ese territorio, transmíteselles a “honestidade” diferencial da que son portadores. Coa  debida masaxe saben que, mesmo, poderán tapar as súas propias corrupcións. Por exemplo, que ofrecendo o Consistorio madrileño 4.131 prazas vacantes de 0 a 3 anos de educación infantil -máis outras inconcretas da Comunidade-, os pais poden exercitar a “liberdade de elección de centro” no curso 2026-27. Se logran tapar que só o 13% das solicitudes consegue praza nu nha escola infantil municipal desta cidade, e que está no cumio do ranking europeo e posible que o outro 87% admita que, afortunadamente, a “honesta” comercialización do ensino mediante os centros privados eleva a calidade democrática da educación.

                                                                Piero Fornasetti 1987-88

Na mochila deste verán, esta cuestión roldará pola cabeza de moitos pais novos entre as moi ruidosas e pendencieras que animarán a desconfianza dos votantes progresistas. A vida é multidisciplinar e, na medida en que a Historia axuda a entendela mellor, é conveniente repasar as disciplinas que axudan ao seu coñecemento; non facelo -e non remediar a ignorancia histórica- é sobrado motivo para o suspenso en que andará este país este ano. Ata setembro, e tamén ata que teñan lugar as eleccións anunciadas para algún día inconcreto de 2027 -probablemente en marzo, segundo algúns arúspices-, as dúbidas animarán moito estados de opinión axitados e convulsos. Para evitar a pasividade do estío, os estrategos de Feijóo non deixarán ningunha físgoa para que, entre alardes verbais e xestuais, os dubitativos inclinen o seu voto cara á emblemática gaivota. Exemplos sobrados diso sementan a diario, á espera de que o humus que acolle a súa semente dea froito abundante. O pasado día 29 aproveitaron a chamada “lei de netos”, pola que un 544 mil descendentes de exiliados españois poderán acollerse á nacionalidade española, e a súa perspectiva da “prioridade nacional” fixo circular que se trataba dun dispositivo de “enxeñería” para condicionar os resultados das próximas eleccións. Ningún dato avala esa interpretación que, ademais de falsidade, ten en contra unha longa débeda contraída con esta xente, pero neste momento preciso en que a súa tese principal é que canto fai ou deixa de facer este Goberno é pola súa estrita conveniencia -tan contraria á dignidade nacional-, facilita que o oínte ou lector desprevido o trague.

Tarefa do verán

Neste momento en que a polarización entre dereita e esquerda favorece a ruptura absoluta, que cada cal só queira saber do seu, obriga ao lector ou oínte a escoller entre retirarse do dial e do voto por aburrimento, ou crer decididamente o que lle repiten os comentaristas ou presentadores dos noticiarios. Este modo en que sempre se propagou o amor e o odio é a murmuración central que quedou en suspenso ata a volta das vacacións de verán. En consecuencia, se vai guiar canto oiamos neste tempo intermedio, é aconsellable recorrer conscientemente á “experiencia” para aclararse cos episodios desta serie narrativa. Este ambiguo  instrumento tan ben admite expectativas como desenganos, coa peculiaridade de que os anos últimos non son especialmente esperanzadores. Canto aconteza non será mellor que o vivido se non se está disposto a “volver empezar”, como propoñía en 1962 Celso Emilio, en Longa  noite de pedra . Tamén cabe recorrer á Historia; non é a suposta “mestra” que lle gustaba dicir a Cicerón, e quen queira empregala haberán de preguntarse, ante todo, se podemos aprender do noso pasado. Edgar Morin fíxoo no seu último libro, Leccións de Historia (2025) e lembraba as clases do seu ilustre mestre, Georges Lefebvre explicando como a aristocracia francesa, para recuperar o poder que tivera na época máis absolutista, dera paso ao proceso dos Estados Xerais que, ao favorecer o voto individual do Terceiro Estado -que, como estamento sempre era postergado pola nobreza e o clero-, iniciou a Revolución. Este e outros exemplos válenlle a Morin para afirmar que nada está determinado, e que hai variables circunstanciais que poden cambialo todo ou case todo: “O resultado dunha acción -di- pode ser contrario á intención que a causou”.

Deste gran humanista é relevante meter na mochila deste verán que, para que o coñecemento do pasado transmita lucidez ao presente, todo debe situarse e historizarse, incluído o propio historiador ou, neste caso, os creadores do discurso de canto acontece. Os factores aleatorios poden desviar accións calculadas para un fin concreto, pero neste momento en que todo se simplifica e descontextualiza, non é fácil partir da complexidade en que sucede o improbable para ver ben o que ocorre. Hase de admitir que, por máis que soster o Estado de Benestar necesite recursos, a Historia fai ver que o benestar material dos suxeitos non conleva que avancen nun benfacerr moral; frecuente é ver, ademais, que os humanos pasamos rapidamente do entusiasmo á decepción, como saben ben cuantos viviron en España desde os anos setenta. Por tanto, como a racionalidade de moitas explicacións históricas sempre é a posteriori -e depende moito da  mitoloxía que potencian os prexuízos e parcialidades de quen a escribe-, cantos ata setembro se adentren con paciencia e tenacidade nas competencias que facilita a Historia, entre as narrativas deste presente diferenciarán as de quen  pretende forzar a realidade e o modo adulto de tratala constitucionalmente. Que non acabe en imposición é tarefa aínda máis complexa, pero non se fará sen resolver os exercicios deste  caderno do verán.

TEMAS.- Historia e acontecementos.- Narratividade e verdade.- Benestar e benfacer.- Eleccións xerais.- Falsidade e desmobilización.

MMC (01.07.2026)