A opinión dos docentes...non conta?

11 jul 2026

Non é iso, non é iso


Julia Navarro publica en diversos medios o seu artigo...No es eso, no es eso
(A traducción é nosa)

Pois non, non estou entre ese 65 por cento que cre que no noso país hai "lawfare", ou sexa, que hai 
xuíces cuxas decisións responden a intereses que nada teñen que ver coa Xustiza. O que si creo, 
porque as evidencias son abafadoras, é que desde o poder político -ler Goberno e o partido e 
socios que o sustentan, ademais da armazón mediática que lles é afín-, vénse azuzando esta idea 
que xa calou en boa parte da opinión pública.

Non direi que me sorprende que desde o Poder e as súas terminais se esmerasen en convencer, iso si, con éxito, que todo asunto que chega aos tribunais, e ten como protagonistas a persoas próximas ao Presidente, ao Gobierno ou ao PSOE, son froito de campañas infamantes dos seus opoñentes políticos, e por tanto falsos de toda falsidade. A consecuencia é que calquera decisión adoptada polos tribunais, que non dean a razón ao Presidente, aos membros do seu goberno e do seu partido, ou a familiares próximos, son consecuencia dese "lawfare". E así, con esta campaña tan falaz como irresponsable, tentan minar a credibilidade do Poder Xudicial, que é un dos bastións do Estado de Dereito.

Que convencesen a parte da opinión pública, nada menos que ao 65 por cento da poboación, é sen dúbida preocupante. Non direi que non poida haber membros do "Poder Xudicial" que non actúen coa imparcialidade que deben, pero resulta pouco crible que sempre se sinale a quen está investigando ou teñen que xulgar aos que forman parte ou están nos arredores políticos ou persoais do Poder actual. De maneira que esas enquisas, aireadas para reafirmar a campaña contra os xuíces aos que lles tocou abordar asuntos do Poder, é un capítulo máis nesa batalla, que veñen librando precisamente desde o Poder, contra todos os que non se dobregan aos seus intereses. Pero non hai goberno que cen anos dure e por tanto tamén Sánchez pasará porque ninguén ten o don da eternidade; o problema é que a súa herdanza non pode ser peor: para manterse no Poder, el e os seus véñense saltando a Constitución á toureira, aliáronse cos partidos anticonstitucionalistas pagando prezos infames, dividiron o país entre os  seus incondicionais e o resto, e veñen demostrando que neles a ambición non ten límites. Pero volvo ao principio: convencer ao 65 por cento da poboación que en España hai lawfare é peor que un erro, é asestar unha puñalada á credibilidade do noso sistema do que un dos seus piares é o Poder Xudicial.

Julia Navarro 10.07.2026

No hay comentarios:

Publicar un comentario