A opinión dos docentes...non conta?

14 may 2026

A reiterada literalidade de mensaxes ruinosas é moi elocuente

Esa insistencia indica un tesón entusiasta por proxectos que se ansia soster, polo menos, nun rutineiro acomodo burocrático.

Como sucede na fala cotiá, a que se emprega para cuestións de índole política, ou na pertinente a unha educación de todos, non sempre emprega códigos compartidos. Hai sobreentendidos, causantes de malentendidos, que se acaban traducindo en desacordos, ás veces permanentes. A súa lóxica non admite discusión efectiva e, como moito, tarda anos en modificarse levemente para, non poucas veces, volver ao mesmo ou a situación máis regresiva. Este vaivén ten estes días un desenvolvemento do que poderían mapearse puntos estratéxicos onde seguir esta flutuante delimitación de supostos “avances” do pasado que vivisen os humanos. Ao redor deles pódense ver os obstáculos para o entendemento e a cooperación plural, así como as artimañas das reviravoltas da comunicación de información, coa súa variedade de trucos, tanto  para a distracción e o rexeitamento, como para o a freada e o parón.



Todo segue sendo tan cainita como sempre e, ás aproximacións tentativas de acordos provisionais, non cesan de axexarlles as proclives a enfrontamentos  graves. Pombas e falcóns non conviven e, entre as propias pombas, os conflitos polo territorio son duros. No plano político, refugado o multilateralismo, e con desprezo aos “avances” habidos desde a IIGM en Dereitos Humanos e Dereito Internacional, aí está TRUMP situando a súa bandeira colonial no mapa do seu continente sobre o territorio venezolano indicando o 51 Estado da federación. Nun contexto en que as fazañas bélicas en Ucraína e “Oriente Medio” -sobre todo con Palestina e Irán por medio- e a súa repercusión en recursos enerxéticos e tecnolóxicos esixen mudar de estratexia, o encontro do presidente americano co chinés para ver se logran ser “socios pero non rivais”, fala de áreas de influencia, intereses e obxectivos, pero non daquela dinámica. Gañar e perder son dous verbos que presidirán as supostas conversacións que axuden a que cada un teña a súa parte do pastel. Antes de enfrontarse máis, aínda caben guerras interpostas, ao estilo da “Guerra fría, pero con outras pezas en xogo. Neste acelerado horizonte, a posible decadencia americana, o ascenso chinés, non evitarán que a esta partida de xadrez lle queden poucas fichas no taboleiro antes do xaque mate.

Metamorfoses hispanas

Poucas cousas suceden en España sen o ollo posto nesa partida. Á súa escala, as eleccións andaluzas darán conta de quen ten máis peso entre os votantes, se o conservadurismo de Juanma Moreno ou a socialdemocracia de Montero, cunha variante incómoda, en que o voto proclive aos intereses de VOX fará que o primeiro se decante aínda máis polo modelo trumpista. Os aires que veñen dese lado xa adoitan ser indistintos no PP, e poida que amplifiquen o que noutras Comunidades xa é “PRIMEIRO” en medidas que afectan á maioría cidadá en asuntos de índole social e, por suposto, educativa. Esa confluencia de intereses móstrana tamén outros asuntos como a decisión da Mesa do Congreso de Deputados sancionando a presenza de dous activistas -que non xornalistas- que, en nome da “liberdade de expresión”, coartan a liberdade dos deputados e deputadas. O acontecido con estes personaxes, moi do estilo dos escuadristas que abrían paso a Mussolini, non parece afectar, de todos os xeitos, a quen paga os seus inventos e trolas, nin ás conexións partidistas que subvencionan un armazón empresarial de comunicación, onde os obxectivos de PP-VOX parecen estreitamente compartidos.

Estas superoposicións ocorren nesta España actual. Que signifiquen é o que debería explicar Ayuso, por exemplo. cando na súa construción de trampas visuais á propósito da súa viaxe a México, di que “Méjico non existía antes de que chegasen os españois”, coma se quixese dicir que ela mesma non existía e, por tanto, tampouco aztecas e mexicas. Da liberdade de expresión e de pensamento -ou expresiva de calquera acción en igualdade e respecto cos demais-, tampouco consta que caiba esperar algo de dous empregados da provocación anarcofascista como Vito Quiles e Ndongo. Como nos xogos de mesa competitivos -en que o xadrez é o máis directo símbolo da guerra medieval-, os xestos políticos con que despistar ao contrario tratando de ocultar a xogada seguinte, en que sacar vantaxe, son menos cabaleirosos, alcanzan a miúdo a desvergoña e revisten perfís máis agresivos que nunca. A leal cortesía que adoitaban ter os contendentes adopta formas de extravío que, de seguir, farán a que a convivencia que importa se deteriore máis.

Traducida ao ámbito educativo, esta tendencia, tan ben cultivada no pasado, revive actualmente, cando subsisten asuntos que “avanzan” sen avanzar. Exemplifícao, entre outras moitas historias, a inexistencia dun Estatuto da Función Docente, territorio árido en que, desde que por primeira vez amentouse na Constitución, apenas ten máis existencia que unha gran cantidade documental en folletos, propostas e reclamacións que, por exemplo, en CCOO, existen desde o nº 0 de Traballadores do Ensino (T.E.), revista que por entón -en outubro de 1978- circulaba a ciclostil. Que avanzasen “” outros asuntos, como os relativos á Formación obrigatoria de todo docente -tanto a previa a desenvolver o seu traballo, como a permanente-, non o indican as reformas burocráticas que tivo á calor da lexislación de 2009, cuxa retórica non foi desde entón moi diferente da que deu saída aos CAP na LXE de 1970. Os “avances” deste tipo son múltiples, os desacordos proseguen, e en días próximos, a visita a España de León XIV, un papa inclinado a ver desde o Vaticano como os dereitos humanos son conculcados polo emperador americano -e o seu némesis en Pequín, non é improbable que suscite preguntas acerca de como neste país ao que vén convidado, os seus bispos, tan dubitativos en liberdades públicas que afecten as súas crenzas privadas, están encantados de que un peculiar “aconfesionalismo” siga privilexiando, entre outras, as súas ambicións educativas, tan gravosas para unha educación común de todos os españois.

TEMAS: Continuidade e cambio.- Relacións internacionais.- Estratexias globais.-Imitacións e limitacións.- México e Méjico.

MMC (Madrid, 14.05.2026)

No hay comentarios:

Publicar un comentario