A opinión dos docentes...non conta?

10 ago 2011

Políticas de centro na Educación

Publicado por Manuel Menor o 09-08-2011 no Xornal.com

Trato de entender que significa a “política de centro” que o señor Rajoy reclamou para si nada máis coñecerse o anuncio das eleccións xerais para o 20 de novembro. En que consiste o “diálogo” coa sociedade que trataría de estabelecer se logra gañalas.
Se tomamos como referencia o que dixo –“eu non teño intención de facer recortes sociais, outros si o fixeron”-, podemos facer varias cousas. Unha: aínda sabendo que de boas intencións está empedrado o inferno, dar por feito que se trata dunha práctica habitual en política para captar a atención compracente da xente, conscientes de que dá igual porque fará o que queira. Outra: non dar por oído nin visto nada canto nestes sete anos de oposición –e xa desde antes- tivemos diante, antepondo o seu estrito interese partidista fronte ao interese xeral, especialmente nestes últimos meses máis duros. Terceira: contrastar tan belas palabras coa praxe das políticas educativas que os seus centrados gobernos autonómicos veñen desenvolvendo no exercicio das súas competencias. Este procedemento, axustado ás prácticas científicas, pode ser pertinente.
O primeiro que poderemos constatar é a felicidade que transpiran profesores e asociacións de pais de alumnos polas decisións últimas que lles cominan a ser menos para dar clase –un 12% en cálculos aproximativos-, traballar máis horas e atender máis alumnos por clase. Tan contentos están que foi todo un éxito a convocatoria en Madrid, o pasado 20 de xullo, para cantar loas e plácemes aos “centristas” mentores de tales políticas. Ademais, en Galicia e Madrid polo menos, haberá festexos especiais a comezos do curso entrante: todo sexa polo “centrismo” xa en activo.
¿Son tales medidas “recortes sociais”? Ben, o que parece máis evidente é que estas políticas “de centro” tratan de chamar a atención sobre o que é o “centro” dos seus desvelos: privatizar o ensino público. Trataríase agora de centrarse un pouco máis e proxectar a todo o Estado o que se quere que rexa este curso para algunhas comunidades emblemáticas, de modo que non expoñan problema as aulas con corenta alumnos, os centros sen orientadores para atender aos mozos e ás súas familias –para iso están os psicólogos de pago e o benéfico programa Reforza, recentemente importado de EE UU para os que máis o necesiten-, a supresión das esenciais titorías da ESO, o recorte drástico da cota de profesores -que ampliará os seus horizontes cognitivos cara a ignotos saberes que non controlan-, o despedimento masivo de interinos prescindíbeis, a frustración doutros que estaban en expectativa, a eliminación de prazas en Escolas Oficiais de Idiomas, Conservatorios e Artes Escénicas, a limpeza de desdobres e reforzos que posibilitaban a atención á diversidade, a supresión de horas para realizar actividades extraescolares -a sumar a outras lindezas anteriores que persisten-.
En fin, isto é o que dan de si os exemplares modelos xa existentes de políticas “de centro”, ben centradas no seu: non parar ata que o ensino público quede como unha desfeita, sen que, ao parecer, poida dicirse que –gañen ou non as eleccións xerais- se trate de recortes “sociais”. O que pide o seu guión -por máis que quede fóra de foco- é unha cota maior ao do 32% de fracaso escolar- é dicir que isto é “o centro”. A “excelencia” é o que ten.

9 ago 2011

El MIR educativo

JUAN DE PABLOS PONS (Decano de la Facultad de Ciencias de la Educación en la Universidad de Sevilla)

09/08/2011. El País.
 
En el artículo publicado en EL PAÍS el 3 de agosto, titulado Llega el PRIR: profesor interno residente se hace un análisis sobre el llamado MIR educativo que los principales partidos políticos parece que están barajando en la elaboración de sus programas electorales. Se trata de un tema clave para nuestra sociedad, ya que hablamos de la educación y de la formación inicial de los que tienen que asumir la responsabilidad de ejercerla. La idea que subyace en esta propuesta resalta, con acierto, la relevancia de las prácticas en el proceso de la formación de los docentes. Es una cuestión en la que las universidades, responsables de la formación inicial del profesorado, a través de las Facultades de Educación, y los colegios e institutos de enseñanza, donde trabajan los docentes, deben encontrar el imprescindible espacio de colaboración.

Esta concepción debe ir ligada a políticas efectivas que mejoren el reconocimiento de la función docente en la sociedad, aspecto que debe contribuir a elevar el nivel de exigencia con el que los futuros docentes accedan a los estudios de Magisterio y Pedagogía. La generación de un renovado impulso de la sociedad, que actualmente constatamos como una necesidad, puede y debe apoyarse significativamente en un replanteamiento de la formación de formadores.

7 ago 2011

O idioma e a ideoloxía.

Artigo de Xosé A. Gaciño  publicado en Xornal.com o 06.08.2011


Parece que non é só cuestión de idioma, aínda que quizais sexa a causa principal. Despois de todo, en Xornal de Galicia (agora de novo só xornal.com), coexisten harmonicamente galego e castelán, pero parece que tampouco iso é suficiente. Tamén conta a ideoloxía: a restra de publicacións que veñen desaparecendo total ou parcialmente (do papel a dixital) en Galicia desde hai pouco máis dun ano (o dixital Vieiros apareceu por última vez o 24 de xullo de 2010) teñen en común o emprego do idioma galego e a súa orientación progresista.
De acordo cos principios do capitalismo puro e duro, o da libre competencia no libre mercado da oferta e da demanda, a conclusión lóxica sería que non hai mercado para produtos xornalísticos con ese perfil ou que están mal feitos. Non parece que outros xornais teñan unha calidade superior (algúns dos de máis vendas son do máis aburrido) e pode que os lectores progresistas teñan desenvolto certa tendencia masoquista, despois de tantos anos de soportar unha gran maioría de medios conservadores.
Pero o caso é que o mercado non é tan libre como se di, que tampouco os medios conservadores e castelán-falantes poden sobrevivir só coas súas vendas, e que a publicidade e as subvencións se reparten con criterios subxectivos e, por suposto, idiomáticos e ideolóxicos.

Indignados, indignos e outras alternativas

Honorio Collado García//Vigo

Publicada en Faro de Vigo o 07.08.2011







Os realmente indignados somos a maioría da xente corrente, que estamos a sufrir nas nosas carnes o amargo sorriso da "crise". Ilusionámonos cando arrincou este movemento de "indignados". Os seus desexos eran os desexos da maioría de nós. Querían un cambio de temón na clase dirixente, unha maior participación dos cidadáns no rumbo das cousas que nos afectan máis directamente. Foi cómica a reacción dos políticos, uns comprendíanos, outros se identificaban… Patéticos todos! Ben, pois aqueles indignados, si que nos representaban. Aquilo pasou e agora quedan uns poucos, amálgama de diferentes colectivos raiando a marxinalidade (perroflautas, okupas, e algúns realmente bos, pero soñadores de utopías).
Como eles mesmos lles dicían aos políticos: "Non nos representades". Tampouco estes residuos daquel movemento, nos representan.
É o noso dereito e o noso deber presionar e esixirlle á clase política cambios radicais, empezando por eles mesmos. Sobran moitos deles, sobran todos os amiguetes que tras as eleccións se converten en asesores da nada. Sobran moitos alcaldes e concellos; sobran as deputacións; sobran moitos coches oficiais; e sobran moitos gastos superfluos de todos eles.
Temos as ferramentas que a democracia nos outorga. Temos a palabra, o poder de convocatoria para organizar actos de protesta e todas cantas medidas sexamos capaces de organizar para presionalos e convidalos á necesidade de cambiar. Está claro que así non podemos continuar. Do que sexamos capaces de presionar vai depender o noso futuro, como alguén dixo: "Un país ten o Goberno que merece". Creo, honestamente, que nos merecemos algo mellor.

6 ago 2011

Educación de calidade

Yago Rodríguez Yáñez e os restantes membros do claustro de profesores//As Ponte

Publicada o 06-08-2011 no Faro de Vigo.




Certamente, o ensino constitúe unha das esferas fundamentais da sociedade, polo que resulta imprescindible o seu correcto plantexamento, máxime neste tempo no que se celebra, quizais en demasía, o grao de excelencia dunha denominada "educación de calidade". Este e outros conceptos contribúen a camuflar unha realidade cando menos gris e alonxada dos presupostos pregoados, encamiñados a convencernos de que nos atopamos ante a "xeración máis preparada da historia".
Á consolidación deste sistema enquistado contribúe a adopción de medidas tales como a redución de profesorado e a amortización de prazas docentes, responsables directas de que milleiros de profesionais permanezan sen traballo.
Por outra banda, o claustro do CPI Monte Caxado, de As Pontes de García Rodríguez, manifesta a súa indignación e desacordo ante a posibilidade de compartir centro que gravita sobre a cabeza de varios compañeiros; tal proposta semella derivar dunha ineficaz xestión administrativa e se traduce nun agravio comparativo evidente con relación ós restantes docentes, así como reflicte un sistema educativo enfermizo que tenta paliar os seus males con parches.
Non en van as persoas implicadas haberán de desprazarse continuamente ó longo da xornada, co aumento de "horas mortas" e coa dobre responsabilidade de axustarse á normativa de centros diferentes.
Ante esta situación paga a pena preguntarse que é o que estamos buscando e se realmente tanto o profesorado como os rapaces se merecen esta xestión. ¿Poderemos acadar deste xeito unha verdadeira "educación de calidade"?

Dignidade versus ignorancia

Artigo publicado o 04.08.2011 en Galicia Hoxe

ISIDRO NOVO

Calquera que teña unha idade lembrará que houbo un tempo onde a nosa lingua, aínda sendo maioritaria, case estaba limitada ao rus, que diría Cunqueiro, á xente das nosas aldeas, que foron quen a preservaron e a fixeron chegar ata hoxe malia os embates que houbo de sufrir dende hai polo menos cinco séculos. Mais sendo incuestionábel este punto, cómpre dicir tamén que o seu esforzo non era recoñecido. Dada a clase humilde dos que a mantiñan, os habitantes dos núcleos urbanos, que a ignoraban en grande porcentaxe, , desprezábana e marcaban diferenza expresándose no idioma bendicido polos reis de Castela e Aragón. Os que falaban galego eran para estes pailáns e ignorantes, polo mero feito de falalo, malia que fosen eles os que ignoraban o significado de boa parte das súas palabras.
Na época actual, logo de constatado que a nosa lingua nai conta con todos os rexistros e de que habería grandes posibilidades para facela extensiva a toda a poboación, a resistencia a aceptala persiste e o inimigo segue a ser a ignorancia. Certamente houbo cambios sociais importantes, como o despoboamento do rural e unha invasión cada vez máis masiva e insistente de comunicación en lingua castelá. E podería engadirse ademais, que os esforzos a prol por parte dos gobernos que tivo a Xunta foron sempre raquíticos e ata que os que agora gobernan disimulan pouco que o seu esforzo vai no sentido oposto. Mais, a verdade sexa dita, ningún goberno podería erradicar – como non puido antes - o noso idioma sen a aquiescencia da poboación. E o certo é que o galego a día de hoxe deixou de ser maioritario e mesmo camiña cara ao declive. Da xente que quere xustificar o seu afastamento, están aqueles que din que o galego non é unha lingua útil, algo que, ademais de discutíbel, non é argumento suficiente, pois moito menos útil é ver televisión e non por iso esa mesma xente renega dela.
Hai outra xente, simple ou simplificada, do noso ámbito urbano que cando te escoita falar no idioma de aquí deseguida che pregunta se es nacionalista, algo que a min sempre me provoca a gargallada porque, segundo esa conclusión de alta idiocia, todo o que crese en Deus tería que ir a misa e todo o que andase en bicicleta tería que ser ecoloxista. Mísero clixé.
Se hai un inimigo do noso idioma, ese segue a ser a ignorancia, pero desta eiva que todos padecemos en maior ou menor medida, existen dúas clases: a curábel e a incurábel, a primeira é aquela que padece quen polo menos sabe que non sabe e quere saber, e a segunda, a do que non sabendo que non sabe, veta calquera posibilidade de conseguilo. Loitar contra esta é como predicar no deserto. E por iso, cando me toca a carón un renegado, adoito comportarme da seguinte maneira: contéstolle en galego e fágolle inmediata tradución. Nun mellor castelán que o deles. A reacción é sempre a mesma; dinme que non é necesaria a dupla, pero eu insisto. E algúns ata acaban tratando de falarme en galego.
De todos os xeitos, a día de hoxe, confeso que hai xente que prefiro que non o fale porque, á parte de facelo mal, na súa boca soa a oportunista e a hipócrita. Ata o punto de que incluso propoñería un slogan que dixese: Galego? Se non quere, non o fale; podemos amañarnos sen vostede. Créanme os que o aman, a mellor marca para o galego é a dignidade e, se me apuran un pouco, ata cunha miga de soberbia.

5 ago 2011

A rifa que nos botan...

Artigo de opinión publicado por Manuel Menor o 05.08.2011 no Xornal.com

¿Nacemos para rifar ou que nos rifen? A xulgar polo que sucede ao noso ao redor, parecese que esta fose a nova clasificación das diferenzas de sempre: xente con dereito a rifar –un grupiño selecto e moi ben educado- e xente sen indignación por que lle dean a vara de continuo.
Xa non hai clases, din alegremente, pero ese grupo pronto terá a exclusiva. Para que a súa doutrina quede clara, cada vez controlan máis medios –para unha linguaxe crecientemente monocorde-, ao paso que facilitan que outros medios que puidesen discrepar desafiantes, pechen o pico ou desaparezan da escenografía. A unidade na pluralidade resultante é, a este paso, un trasunto do xa vivido cando eramos unha unidade de destino. Algúns xornais están nesa movida desde fai bastante: quitados catro anuncios diferenciais, son intercambiables cos comunicados que saen dos gabinetes de prensa. Empeza a ser difícil saber onde se escriben de verdade, se nunha redacción xornalística ou á volta dun despacho oficial.
Dito doutro xeito, que se pola competencia lectora fose –e pola imparábel tendencia de internet a crecer nas nosas vidas-, terían que pechar hai tempo moitos máis periódicos que o do Xornal de Galicia en papel. E se non é ese o motivo deste peche do xoves, as explicacións de que determinadas cabeceiras poidan presumir de folgada existencia –pouco achacábeis ao antipático mercado-, talvez haxa que atopalas en razóns espúreas ou inconfesábeis servizos, contraprestacións traducidas en silencios cómplices, rumbos informativos acomodaticios e tergiversaciones completas da información. Xa fai moito que non é novidade que o estudar mediante documentación hemerográfica que pasase ou estea a pasar nun momento determinado, é difícil en demasiados puntos do país, especialmente se o obxecto de estudo incumbe ao exercicio do poder, sexa este cal sexa. A ningún estudante ou bolseiro élle recomendábel tal investigación, se non acredita cautas anteojeras de desconfianza para previrse ante o que le e metódica obrigación en contrastar canto lea antes de darlle validez. Se lle resulta indiferente o control dos sinónimos ou a importancia de verbos e adxectivos, mellor é que se aplique a outra cousa. E igual cabe dicir se non ve significativa a maquetación e paginación da información.
O peor desta situación, en que nada é inocente, non é que haxa que volver de novo á lectura oblicua como sistema, cousa á que nos afixeron antes da Transición. Tampouco, o que profesionais que ansiaban desenvolver o seu traballo coa mellor das disposicións e coa honestidade como emblema conductual, queden fóra da leal competencia e teñan que entrar en conflito consigo mesmos para poder subsistir. O aínda peor é que os que quedan ao control dos medios aproveitan para rifarnos máis e mellor. Ás súas anchas e en cómplice camaradería de selectos, non se privan de adoutrinarnos. Primeiro, rifándonos por hábitos e maneiras de facer ou pensar que inclúen as que eles mesmos nos deseñaron. Despois, por non facerlles caso suficiente. E a continuación, para anunciarnos a Apocalipse: se as cousas non funcionan é pola nosa culpa... Co bos, sabios e xustos que son quen queren programar as nosas neuronas, ¿que será dos impenitentes lectores independentes?

4 ago 2011

Volver ás nosas raíces... a emigración!

Autor: José Francisco Souto Parada.
Publicada no Faro de Vigo o 4 de agosto de 2011.
É a realidade histórica, que os galegos coñecemos moi ben, por entrañables circunstancias da vida. Tanto a marcha como o retorno sempre serán complexos e traumáticos. Ao ter que prescindir dun hábitat familiar para enfrontar situacións descoñecidas e adversas polos camiños do mundo. Hoxe a situación económica e social de España obríganos a volver ás nosas raíces, a emigración, e con iso "tropezar na mesma pedra". Foron os nosos antepasados a principios do século pasado quen nos abriron o camiño dese éxodo ou desterro, case obrigado, ao ter que marchar urxidos polas necesidades do momento. A súa marcha sempre estivo abandeirada pola tristeza e melancolía ao ter que abandonar terra e familia, pero embriagados por unha esperanza contaxiosa de axudar aos seus e regresar canto antes. Algúns o conseguiron, outros moitos seguen hoxe deambulando polo mundo coa "morriña" ao lombo sen poder retornar.
Quen formamos parte dese gran éxodo da emigración galega na década dos anos 50, onde algúns hoxe podemos narrarlle experiencias vividas, todas elas cheas de sacrificios e privacións puntuais, que soportamos con valentía e paciencia para sobrevivir a ese mundo complexo e incomprendido do emigrante. Onde existen algúns triunfadores e moitos que seguen loitando por conseguilo.
Os nosos mozos observarán hoxe que a súa loita por un mundo mellor é cada día máis difícil e afastada das súas pretensións reais, no noso país, España. Os seus soños de hoxe foron os nosos de onte, onde buscamos e conseguimos canles e camiño coa forza que brota do sacrificio, para satisfacer as nosas inquietudes e aspiracións. Nada se nos regalou, todo foi froito da forza de vontade superadora, á conta de sangue, suor e bágoas, para poder subsistir e algúns, con sorte, poder chegar a triunfar. Criamos firmemente en algo indispensable. A familia depositando nela nosa fe e esperanza, para aspirar a un futuro mellor, libres das ataduras políticas e afastados dese "Multi-culturismo rampante" que hoxe angustia ao mundo.
A Galicia actual, desenvolvida e en franco progreso, deixa hoxe moitas incógnitas abertas que deberemos dilucidar e tamén axudar a resolver. A nosa clase política vive ancorada nese "populismo demagóxico" alleo totalmente á realidade económica que nos angustia e padecemos. Mentres os emprendedores non conseguen créditos ou teñen moitas empresas que pechar as súas portas, angustiados polas débedas dos entes públicos que viviron durante moitos anos unha bebedeira de malgaste, expandindo os seus ficticios ou envelenados resultados a todo o privado para encerellarnos hoxe nunha polémica clásica "do ti máis" pero sen porse de acordo para conseguir o camiño á normalidade que require de moito e puntual sacrificio compartido. Mentres todo isto se desenvolve e sucede, os nosos mozos só ven no horizonte da emigración unha táboa salvadora para que lle devolva a ilusión e autoestima ao ter que emigrar.
Quizais esteamos a destapar hoxe, con estas necesidades cíclicas, as incongruencias da nosa clase política, cos nosos emigrantes polo mundo. Cando os desposúen en pleno século XXI do seu dereito constitucional como é o voto, que irremediablemente hoxe os traslada a "un limbo xurídico" que deberán aclarar. Que dirán os nosos mozos a todo isto, xa que moi pronto pasarán a ser emigrantes pero sentindo á patria en corazón e mente? Que respondan os nosos políticos? Pois non queremos volver…, coa fronte marchita! Amencerá e veremos!

3 ago 2011

De bolos por Valdeorras...

Velaquí os tedes, tan sorrintes..., os  compañeiros músicos artistiñas que comezan a dar os seus primeiros pasos, gravando un disco e actuando por distintas localidades na nosa provincia. Nestes momentos de agudísima crise e un país no fío da intervención, tres mozos traballan en algo que lles gusta e os fai sentirse satisfeitos e felices. Con todo..., agardámolos en setembro, para vernos...as caras. Saúde, sorte e éxitos... Esta é a entrevista que lles fixeron na Voz de Galicia.

«Presentarse a concursos serve para que a xente te escoite»

Álex González (A Rúa, 1994) é o cantante e guitarrista de Praceres Solitarios, o grupo rués que este verán conseguiu colocarse como imprescindible nos festivais que, como cogomelos na primavera, xurdiron no oriente ourensán. E eles -porque Praceres Solitarios son tamén David Fariñas, Suso Rodríguez e Bruno Arias- non pensan deixar pasar a oportunidade. Mañá tocan na Rúa, o sábado en Vilaseco (O Bolo) e a próxima semana en Arcos (Vilamartín). Alí levan os temas da súa primeira maqueta, editada en Semana Santa.
-Supoño que un primeiro paso para darse a coñecer.
-Si, gravámola e editámola nós. A masterización fíxoa un amigo. É o xeito, porque gravar un disco é algo custoso e por agora, antes de facelo, queriamos gravar unha maqueta, pasala un pouco para que a xente coñecésenos. E non tardaremos moitos en gravar un CD, pero non é o momento.
-Supoño que é utópico pensar en que unha discográfica edite a un grupo emerxente...
-Non temos esas ilusión. Preferimos saír cara a adiante por nós e non esperar nada dunha discográfica.
-¿Versións ou temas propios?
-Facemos versións, pero tamén compomos temas propios. Na maqueta, por exemplo, só metemos temas propios.
-Para quen non coñeza a Praceres Solitarios, ¿que fan?
-Facemos rock and roll clásico. As nosas referencias son Platero , Extremoduro, un pouco nesa liña. E tamén ACDC, Led Zeppelin...
-Están en todos os festivais de Valdeorras, é bo sinal...
-Estamos a movernos moito, temos moitas actuacións. Xa temos certo nome. A xente venos nun sitio e chámanos. Cada vez vennos en máis e iso é un círculo. Ata ao baixarnos do escenario pídennos o número. Nalgún festival xa nos contratan para outro.
-¿E fóra da comarca?
-Tamén. Temos unha promotora que nos move. Estamos contentos.
-Forman parte das Jorigames do Carballiño, ¿é a forma de promocionarse?
- É un xeito de darse a coñecer e gañar un concurso xa sería moito. Polo menos serve para que te escoite a xente. Neste último, de 1700 grupos, imos de 95. Está ben.

2 ago 2011

O engano dos desempregados

Editorial do Xornal.com do día 02.11.2011
Dous meses despois de coñecer que a Consellería de Traballo utilizaba un instrumento denominado clave 698 para clasificar os desempregados galegos, constátase que o procedemento do departamento de Beatriz Mato permite etiquetar os parados como “en formación”, un dos preceptos estatais para estar fóra das listas de desemprego. Unha vez máis, obsérvase un engano á hora de contabilizar o número de persoas que non teñen un posto laboral en Galicia, algo que na época que estamos constitúe unha clara falta de ética.
O Ministerio de Traballo tiña confirmado dende xuño que a clave 698 “non existe a nivel estatal”, polo que quedaba por ver como o departamento de Mato lograba que os desempregados galegos con esta etiqueta non consten nas listas oficiais. O método consiste en que se clasifica con esta clave os cidadáns alegando que están baixo a atención dun orientador laboral, mediante un servizo interno, e á hora de enviar os datos ao Servizo Público de Emprego Estatal cambia o motivo da suspensión e explica que os parados asisten a cursos de formación. Desta meneira, o que en Galicia é unha mera orientación, en Madrid convértese nun curso, xa que a etiqueta 698 non existe no seu sistema de contabilización. Desaparecen así moitas persoas en situación de desemprego (50.000 segundo os datos achegados por PSdeG e BNG), nunha actuación que beneficia máis a imaxe da Xunta á hora de presentarse como creadora de traballo que aos cidadáns, que continúan sen lograr este emprego.
Non se pode permitir que ocorran cousas así, xa que o engano nas listas e na contabilización dos datos non afasta o que é a verdadeira realidade, que non é outra cousa que a existencia dun serio problema nunha Galicia moi golpeada polo paro. Maquillar os números non é a saída que os cidadáns precisan e vender unha mellor imaxe á opinión pública non é unha excusa válida.

Apoio a preescolar na casa.


Autor do comentario.
 Xoán Coruxo.

Publicado o 02.08.2011 en Xornal.com

Se, como di Jordi Ballera en Xornal de Galicia, un país máis pequeno que o noso, como Israel, onde a metade do territorio é zona case erma, acadou eses éxitos de riqueza e desenvolvemento no rural, que non podería acadar Galicia se se xestionase ao xeito? A Xunta está obrigada a apoiar o rural e a traballar para que as familias que alí desenvolven a súa vida non abandonen as súas terras. E isto sen dúbida comeza por garantirlles aos seus nenos programas educativos coma os de Preescolar na Casa. Por que se quere destruír algo que funciona ben e é tan necesario? Se os nenos do rural non poden acceder a estes programas para o seu desenvolvemento, as familias rematarán abandonando ou non tendo cativos. A economía, o medio ambiente, o acervo de séculos e o futuro de Galicia non pode perder ningún dos seus activos, e menos o medio rural, con máis de dous millóns de hectáreas a producir, a xestionar en beneficio de todos. É moi difícil entender a onde quere conducir Galicia o señor Feijóo, pechando a billa a este tipo de programas educativos que se financian fundamentalmente con fondos europeos?

1 ago 2011

TRISTEZA.


  1. Autor do comentario:
    ANDRÉS NIDÁGUILA CASAL
    Localidade:
    PONTEDEUME
    Data de publicación:
    Domingo 31 de xullo de 2011. La Voz de Galicia.
    Es muy duro el oír a nuestra juventud aquello de, ¿Y ahora qué? Cuando se finaliza la selectividad. Tampoco es fácil oír cómo te preguntan por qué camino seguir y que hacer dentro de este despiadado sistema que tenemos. Soy de la generación que ha colaborado en armar esta trampa infame, donde viven atrapados tantos jóvenes dolorosamente lúcidos. Y evidentemente tengo que callarme ya que es aún más difícil decirles que no tengo ni la más mínima idea, ni mucho menos esperanza, de que salgan adelante. Somos lo que somos y estamos condenados a repetirnos hasta el fin de los tiempos. Como comentaba un escritor contemporáneo nuestro que decía que su abuelo le recomendaba estudiar francés porque era muy triste ir al exilio sin saber idiomas. Pues eso es lo que están diciéndoles, desde la innoble clase política ,a nuestra juventud. Y ante esta perspectiva hay veces que pienso que lo ideal es morir matando .Pelear por esa juventud preparada, lúcida y con un gran fondo que desde nuestra más profunda y rancia torpeza estamos sentenciando, o hemos sentenciado ya, porque es doloroso ver que las diecisiete partes de España lo único que hacen es despreciarlos y a los mejores mandárselos a la Merkel, o como se escriba o se llame. La historia se repite, antes eran las cien doncellas, ahora son las cien, o más, mejores mentes. Pero eso es lo que tenemos con estas bandas que nos rigen y que han hecho de la política su forma de vida y de nosotros su negocio. Desvalijan el país y se llevan por delante las instituciones en su ávida carrera por el dinero y el poder. La impunidad de esos golfos la garantizan millones de ciudadanos apáticos sentados ante el televisor, viendo el fútbol y a Belén Esteban mientras aceptamos, aborregados, que nos conviertan en un país miserable, cutre, exclusivo para turistas baratos de cerveza y vomitona. Un lugar sin industria ni recursos propios, sin clase media, hecho de buscavidas y mendigos, de subvenciones mientras las haya, de chicas fáciles y camareros.
    De esta generación soy yo, por pura ignorancia, pero sí, yo pertenezco a esta ralea.

Unha educación para todos

Publicada por Loreto Marcos Matilla  o 31 de xullo de 2011. El País.

Soy una maestra de niños con necesidades educativas especiales. Hoy en día son cada vez más los niños con dificultades y tanto en mi puesto de trabajo como el de otras especialidades se hacen imprescindibles en los centros públicos. Pero esta no es la realidad. Debido a los recortes, se están reduciendo jornadas e incluso eliminando puestos. Estos recortes también se están evidenciando en las oposiciones a este cuerpo. El año pasado se firmaron 2.200 plazas en Madrid debido a las jubilaciones. Hoy, se han convocado solo 489. ¿Qué pasa con las 1.117 restantes? ¿Los alumnos se van a quedar sin profesores? ¿Aumenta la ratio de niños por clases y las masificamos?

Según la LOE, la educación se rige por los principios de normalización e inclusión. ¿Dónde la inclusión si no hay recursos para que estos alumnos tengan una educación con calidad? ¿Por qué se dan más ayudas a los centros privados y concertados que a los públicos? ¿No es el área de la educación uno de los pilares más importantes para que se hagan recortes?
De la educación depende el futuro de este país. Si recortamos en recursos, la educación no será buena. Luchemos por una educación para todos y con calidad.