A opinión dos docentes...non conta?

22 ago 2011

PUCHERAZO EN LAS OPOSICIONES?


Autora do comentario:
Alexia Rodríguez Pequeño
Localidade:
Vigo
Data de publicación:
Domingo 21 de agosto de 2011. La Voz de Galicia.


Uso la prensa para comunicarme con un organismo público. Parece broma, pero es cierto. Después de varios escritos registrados y presentados con destino ?Consellería de Educación de Santiago de Compostela?, y de la cual no obtengo respuesta. Pregunto: ¿Es este el medio que me queda? Resumiendo, el caso que me trae aquí es el hecho de que en las oposiciones de maestros de primaria este año 2011 ocurriesen ?ciertas irregularidades?. La gente que sacamos muy buenas notas hasta ahora, este año sacamos notas pésimas. Hablo de gente de 8, 9 o 10 y ahora tienen un 5 o quien corre peor suerte, y está suspenso.
Sabiendo que preparas más las oposiciones, obtienes peores resultados. ¿Qué paso? ¿Qué criterios aplicó el tribunal? ¿Deshacerse de los opositores? Cada cual que piense lo que mejor le viene en gana...Pero algo sí que pasa, porque no es un caso, sino cientos de ellos?Señores, pueden cerrar los ojos en Santiago, y decir que no pasa nada?Pero todos sabemos que algo ha pasado. ¿Hay miedo de encontrarse con algo raro? No sé que pensar, ya que nadie hace nada ante tanta queja, ni se inmutan. Por lo menos preguntarse: ¿Por qué nos quejamos? ¿Nadie va hacer esa labor de supervisión en los tribunales de donde salieron las quejas? Tampoco se va a pronunciar nadie. ¿Se dará respuesta desde la ?Conselleria de Educación?, o solo están para que se les pague un sueldo con los impuestos de todos los ciudadanos?
Quiero pensar que alguien hará algo, si no llegaremos a la conclusión de que al final pasará como refleja nuestra historia de España, cuando hubo algún que otro pucherazo electoral en la Segunda República. Quiero pensar que si el presidente de la Xunta se encuentra desayunando y lee esto, o alguien que tenga competencia en este tema, intenten buscar un poco de transparencia en este problema que afecta a tantos opositores. Solo busco la verdad y que sean justos. Sí, señores, solo queremos transparencia en esta oposición.

19 ago 2011

Un mestre dos bos e xenerosos... Luis Taboada Camoeiras.

A   D. Luis Taboada Comeiras...in memoriam.


Cando se cumpre o primeiro cabodano do seu pasamento, os que tivemos ocasión de tratalo, de gozar da súa sabedoría e da súa xenerosidade, así coma da súa humildade e a disposión sempre atenta a botar unha man en todas as iniciativas a prol da nosa cultura e da nosa lingua; sentímonos debedores da súa achega e herdeiros do seu legado. Queremos deixar constancia aquí do noso recordo agradecido coas palabras que  escribira Xosé Lois Carrión, ao pouco do seu pasamento e que reflicten claramente a súa bonhomía



A Xunta carece de acordo consigo mesma.

Editorial do Xornal.com

A Xunta de Galicia volveu caer estes días nunha contradición que non se entende nun momento no que o presidente, Alberto Núñez Feijóo, anda a predicar os recortes e a intentar exportar o seu modelo ao resto do Estado. O Goberno galego leva tempo intentando dar a sensación de que está a favor de impulsar o uso do software libre na propia Administración e entre os cidadáns.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica abriu recentemente un expediente de contratación para que unha empresa externa a axude no "fomento do software libre e de fontes abertas". O contrato custará 140.000 euros. Á marxe da contratación dunha asesoría de fóra, ata aí o proceso sería do máis normal para corroborar ese discurso de aposta polos servizos informáticos abertos.
No entanto, ao mesmo tempo Augas de Galicia adxudicou un contrato a dedo por valor de 66.552 euros "para a adquisición de licenzas de Microsoft Office Profesional Plus 2010" para os ordenadores dos seus traballadores. Este non é o único contrato que se asinou neste sentido nin a cantidade económica é tan pequena en conxunto: os contratos a empresas como Microsoft xa veñen sendo habituais na actual lexislatura. O problema é que resulta cando menos contraditorio que se siga pagando a grandes multinacionais cando se pode optar polo software libre que, segundo din, andan a impulsar. De feito, esta aposta pola multinacional xa foi criticada nalgúns foros hai tempo.
Pode que anden a impulsar ese sistema, pero o que de seguro anda a promulgar o Goberno Feijóo son os recortes en distintos ámbitos. Por iso resulta máis lóxico acometer a redución de gastos neste tipo de servizos que suporían un mal maior, antes de abordar outras medidas de aforro moito máis prexudiciais para a cidadanía, aínda que despois haxa que acometelas tamén.

16 ago 2011

Gallegómetro




Xosé Manuel Pereiro

Artigo publicado en Faro de Vigo o 14/08/2011
Estase convertendo en tradición que as responsables de cultura do Concello da Coruña se estreen no cargo cunha metedura de zoca (lean "pata", se lles parece demasiado rural, ou "declaración polémica", se o consideran demasiado coloquial). A anterior, María Xosé Bravo, dixera que a Orquesta Sinfónica era un gasto excesivo, e a actual, Ana Fernández, que as anteriores programacións culturais eran "demasiado gallegas". A primeira era unha verdade politicamente moi incorrecta. A orquestra coruñesa é demasiado boa e ambiciosa para que a poida manter un concello, como en xeral todos os proxectos de música culta en España, sen que iso signifique que haxa que suprimilos en aras da rendibilidade económica. A segunda é unha mentira redonda, por moi socialmente aceptada que sexa. O que tradicionalmente foron as programacións festivas coruñesas é demasiado cañís. E a xestión cultural de Bravo, á quen evidentemente vai dirixida a crítica, foi unha illa de osíxeno no océano de caspa que nos inundou décadas.
Como non é a primeira vez que o digo, non teño máis preocupación en repetilo que a de estafar aos lectores volvéndolles vender o mesmo xénero: os espectáculos públicos na Coruña sempre estiveron pensados –ou saíronlles así, non hai que presupoñer mala intención– para contentar a veraneantes dos anos 60. No que se refire á musica pop (de popular), desde que mudou o século chéganme os dedos dunha man para contar os concertos salientables que organizara o concello. Sen embargo, os de Santiago ou en Vigo, supoño que con parecidos orzamentos, teñen traído a unha chea de bos representantes desa outra música que non levaba teu pai nas radiocasetes do coche. Á Coruña non foron. Nin irán, supoño, porque eses músicos contraveñen o criterio da nova responsable de cultura: non a entende todo o mundo porque cantan en inglés. A ver se dentro de 20 ou 30 anos, coa educación plurilingüe…
Como galerista de prestixio, Ana Fernández supoño que está de acordo en que a boa programación consiste máis en incrementar a oferta que en satisfacer a demanda, ou senón montaría exposicións de cerámicas de Lladró. E a programación cultural pública debería consistir en traer de fóra as mellores manifestacións artísticas posibles e en canalizar aquelas que paguen a pena que se fan aquí. Durante moitos anos, a política que se seguiu na Coruña foi esmagar calquera manifestación cultural autóctona. O pregón deste ano deuno Sergio Dalma, recén chegado das festas de Duarría (Castro de Rei). Manuel Rivas, que literariamente é á Coruña de hoxe o que foi a Pardo Bazán á de hai cen anos, non o deu nunca. Demasiado gallego, quizais. O mérito de María Xosé Bravo, que lle recoñecen mesmo os que non tiñan demasiadas esperanzas no seu labor, foi o de acoller ás propostas que xurdían da base, dos creadores, e non aforrar traballo nin esforzo en darlles saída. Nada novo, por outra parte: a única manifestación cultural do verao coruñés que se coñece máis alá de Betanzos, Viñetas desde o Atlántico, naceu así (e iso que o seu creador, Miguelanxo Prado, tamén é bastante gallego).
Parecería chocante que un representante político se atreva a dicir que algo é demasiado gallego, cando, por moi torpe que sexa, nunca diría que algo é demasiado coruñés. Pero xa sabemos a que se refería Fernández. No seu ambiente, social ou político, gallegos son as vellas criadas, os vergonzantes parentes da aldea, os obreiros que veñen facer chapuzas a casa e os do Bloque. Non precisa gallegómetro ningún para medir o nivel dunha manifestación cultural.

15 ago 2011

A concelleira “demasiado gallega”

 Artigo publicado por M. Pardo en Xornal.com o 15.08.2011


Seguro que a concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández, nunca pensou ocupar tanto espazo nos medios de comunicación. E iso que ben o avisou na mesma entrevista que a lanzou ao estrellato. “Lo que peor llevo de mi nuevo cargo son los titulares de los periódicos”. Dito e feito. Abondoulle cunha ampla conversa para aparecer neses sitios que tanto detesta. E iso que as súas mellores frases houbo que rebuscalas entre as letras.
Por desgraza, a xa famosa cita non tiña a intención de ocupar titulares, chamar a atención ou acadar a popularidade que non tiña. É o que pensa. “Hasta ahora se estuvieron programando cosas demasiado gallegas”, dixo Ana Fernández para referirse aos actos culturais e festeiros do anterior goberno local. A continuación, converteuse en trending topic (tema del momento, para seguir a recomendación da concelleira e escribilo nun idioma “que entiendas”) e en foco de polémicas nas que incluso a xornalista Julia Otero lle tirou das orellas.
Pero seica se entendeu mal o sentido de tal afirmación. Galicia Bilingüe, ese colectivo que foi recibido no Concello só un día antes que os peregrinos católicos, descubriunos o significado real. “Se refería a demasiados contenidos nacionalistas”, aclararon. E aí vimos a luz.
Porque supoñemos que Ana Fernández non considera “demasiado gallegos” a Isabel Pantoja, Sergio Dalma, Maldita Nerea, Pitingo, Raphael... Só por citar algúns dos últimos concertos estrela da súa cidade. Hai que ter de todo e ela deixouno ben claro na mesma entrevista: “Hay mucha gente a la que le gusta la Feria Taurina, que la sigue y que tiene derecho a verla”. E incluso avanzou a súa aposta para o futuro cultural da Coruña, que non son outros que “los espectáculos de danza contemporánea, de un flamenco fussion muy original”.
“Fusión y mestizaje” son os seus obxectivos nunha Coruña farta de tantas gallegadas. Farta de tantos alcaldes namorados da súa lingua, de tantos topónimos e rúas honrando a esencia galeguista da urbe, de tantos carteis en galego nos abondosos centros comerciais ou de tantos coñecidos empresarios enchendo dese idioma minoritario as súas campañas publicitarias. Xa está ben.
Ana Fernández xa advertiu que na súa casa “se habló gallego siempre”, aínda que ela non o fale nunca, e que pensa en “contar con Galicia”, malia que non o pareza. Porque o galego está ben para a intimidade, como Aznar, pero sen pasarse. Está ben cantar a Rianxeira de vez en cando, comer unha boa mariscada, beber licor café, bailar unha muiñeira ou incluso dicir algunha “gallegada desas” para sorprender os teus amigos foráneos. Pero sen abusar.
E é que o autoodio si que é unha cousa “demasiado gallega”. Igual que esa permanente tradición enxebre de aproveitar a desgraza do veciño para cebarse con el e presumir dos teus ferrados. Como os que meten no saco de todos os coruñeses as palabras insultantes dunha concelleira. Os mesmos que intentan ver nun único lugar unha eiva global de Galicia. País!

FESTAS DEMASIADO GALEGAS?


  1. Autora do comentario:
    Iolanda Teijeiro Rey
    Localidade:
    Ferrol
    Data de publicación:
    Sábado 13 de agosto de 2011. La Voz de Galicia

    Hoxe, 14 de agosto, coma todos os anos, o segundo sábado de agosto, celébrase a Maruxaina en terras de Cervo e San Cibrao. Festa que arrecende a vellos mitos precristiáns. A Maruxaina é unha serea galega que disque vive nun pazo en Os Farallóns. Vén a terra a avisar aos mariñeiros de que vai ir treboada para que se poñan a salvo, mais tamén ten o seu xorne perigoso, pois a ambigüidade é moi común nestes personaxes míticos. A vida sempre ten o yin e o yang, a eterna polaridade en constante movemento, nonsi? Por iso a Maruxaina, envexosa das mulleres dos mariñeiros vén engaiolalos para levalos xunto a ela, ao mar, o alén. Esta noite, ao brilo das candeas acesas, os maruxainos, un ano máis, faranlle o xuízo e veremos se a absolven e bailan con ela ou non.
    Este tipo de festas teñen que se conservar coma un tesouro etnográfico. Nun mundo cheo de festas argalladas da noite para mañá sen máis fundamento que o plaxio barato ou a ocorrencia dalgún concelleiro tendeiro de Ferreiro. Festas do chourizo máis grande ou do pemento máis verdoso están ben para papandas, mais os poderes públicos teñen que pular e resgatar este tipo de festas ancestrais baseadas na nosa mitoloxía e cultura tradicional. Ergue Maruxaina! Malia que por A Coruña da liorta polo L meseteiro ainda haxa mulleres políticas que digan nun defectuoso castelán que as festas do ano pasado eran demasiado galegas! Imaxinen na Bretaña francesa dicir que as festas son demasiados bretonas! Meniñas da Cruña falade galego!



14 ago 2011

OPOSITORES INDIGNADOS


  1. Alexia Rodríguez Pequeño
    Vigo
    Sábado 13 de agosto de 2011. La Voz de Galicia
    No siendo político, ni versado en temas políticos, hoy me planteo un dilema: ¿Existe transparencia en la política?, ¿Qué opinaría Zapatero o Rajoy?, cada cual puede opinar? Pero sí, vamos más allá. ¿Hubo transparencia en las oposiciones de Maestros de Primaria este año 2011? ¿Sorprende la pregunta? Pues aun más sorprende a cientos de opositores los resultados obtenidos este año. Sabiendo que para algunos, este es el año en que más hemos estudiado. ¡Y obtenemos los peores resultados de nuestra vida! Parece cachondeo, pero no lo es, no ironizo la situación ni una pizca. Otros años obteniendo mejores resultados, y este año que más conocimientos se tiene, y más preparado te ves, sacas un mediocre aprobado. Un caso podría pasar, pero somos cientos en la misma situación ¿Qué ha pasado? ¿Qué quiso demostrar el tribunal? Lo mejor viene cuando te diriges al tribunal en busca de respuestas, explicaciones de algún tipo?..Y te dicen que todos hemos ido a protestar. No, señores, he ido a buscar una respuesta. Te sientes incrédulo. Siendo sinceros ¡Estoy indignada!, esto es decir poco, y más cuando te dicen que en general los exámenes son superficiales. Pero que no te pueden decir notas individuales de ningún examen.
    Me duele tanto, pensar que sea cierto el famoso ?pucherazo? en las oposiciones de enseñanza. Ojala nos equivocásemos los cientos de personas que hoy estamos viviendo esto en nuestras carnes. Pero a fecha de hoy no se qué pensar, porque ni las quejas son escuchadas en la Conselleria de Educación en nuestra comunidad autónoma.
    Como colofón, solo puedo preguntar: ¿Alguien hará algo en busca de transparencia? ¿Seguiremos siendo un sector indefenso los opositores?

13 ago 2011

Docentes desencantados

 Artigo publicado en El Correo Gallego

Julio Díaz
Presidente de ANPE-Galicia

EL PASADO DÍA 30 de julio, el BOE publicó la Ley de Convivencia y Participación Gallega, dando el pistoletazo de salida para su aplicación al profesorado y a la sociedad de nuestra comunidad y es ahora el momento en el que nuestra Administración Educativa tiene que demostrar su apuesta por prestigiar al profesorado, aunque los últimos acontecimientos y actuaciones van en dirección totalmente opuesta, ya que si los responsables educativos consideran que ampliar el horario a los docentes, no realizar sustituciones, suprimir unidades, imponerle competencias que no le son propias, vilipendiarlo, reducir su poder adquisitivo, aumentar responsabilidades... si ese es el camino a seguir preferiríamos que esta Ley no se hubiese promulgado.
El profesorado gallego está desencantado y ahora que está tan de moda el concepto, nuestro colectivo está "INDIGNADO" al observar que se nos ningunea, se nos desprestigia y se traslada a la sociedad que trabajamos poco y cobramos mucho. Pues no, nada más alejado de la realidad, tenemos un sueldo digno que en los últimos años ha perdido más de un 30% de poder adquisitivo entre congelaciones y recortes, trabajamos las 37,5 horas de cualquier funcionario y añadimos todo el trabajo extra que nuestra profesión supone, todo muy lejos de los horarios que la Administración Educativa se encarga de trasladar a la sociedad ya que además de las horas lectivas, las únicas que publicitan, hay que añadir: evaluaciones, tutorías, claustros, reuniones de ciclo, de nivel, Consejos Escolares, reuniones de padres, informes, actas, cientos de gestiones administrativas, actividades extraescolares, programas de mejora, visitas escolares, formación fuera de horario... y miles de cosas más que la Sociedad, la Administración Educativa y el Gobierno deberían valorar.
Es doloroso e injusto ver que colectivos que en época de "bonanza" hicieron "las Américas": coches de lujo, pisos, vacaciones exóticas... y ahora que la crisis derrumbó muchos "castillos de naipes", los funcionarios, los trabajadores de a pie, las gentes sencillas con nuestros salarios tenemos que soportar sus subsidios, cuando hace unos años con sus desorbitados ingresos se consideraban a un nivel muy superior y nos miraban por encima del hombro.
A unos días de comenzar un nuevo curso, desde ANPE, pedimos al Gobierno una clara apuesta por la enseñanza pública y un decidido apoyo al profesorado reconociendo su trabajo y prestigiando su imagen como la citada Ley promueve. Es el momento, pasado ya el ecuador de la legislatura, de poner en marcha medidas eficaces y reales para mejorar los resultados académicos de nuestros alumnos que además nos permitan rebajar la tasa de abandono escolar en unos momentos tan complicados por la situación económica y política mundial. La inversión en Educación es la mejor apuesta de los gobiernos para salir de la crisis.

Unha pregunta tonta tonta


  1. Manuel de la Bastida
    Vigo
    Venres 12 de agosto de 2011- La Voz de Galicia.
    Unha pregunta tonta: se o goberno seguiu ao pe da letra as indicacións do FMI, a Merkel, a banca e compañía ...Por que cada día imos a peor?  Non será precisamente por iso?
    Xa vemos o resultado lamentable da reforma laboral. E por se alguén pensou que rectificarían tras tantos e reiterados erros, agora o señor Blanco fala de moderar os salarios (aínda máis). Está claro que a esta pandilla de iluminados políticos que sufrimos non se lles pasou pola cabeza que o fan mal, rematadamente mal, e que ese non é o camiño. E se non  queremos arroz, teremos dúas cuncas. Esa segunda cunca chámase Rajoy e virá a rematar a faena.





Cultura "demasiado gallega"



Editorial do Xornal.com

"Hasta ahora se estuvieron programando cosas demasiado gallegas" e "la cultura debe estar en un idioma que entiendas". A concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández, fixo estas declaracións nunha entrevista no xornal El Ideal Gallego, nas que amosou cando menos un desprezo pola lingua propia de Galicia. No entanto, tanto a propia concelleira como o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, intentaron aclarar os comentarios despois de ver o forte rexeitamento social -xa que mesmo se creou un grupo en Facebook para pedir a dimisión de Fernández- e as numerosas críticas á actitude da representante municipal.
Fernández intentou saír da situación e asegurou non sentir "rechazo a lo gallego" pois na súa casa "siempre se habló gallego". Porén, para solucionar unha falta de respecto pola lingua, empregou outro idioma cando debería ter aproveitado para amosar que é capaz de falar galego. "La polémica surgió por una interpretación errónea" das súas palabras, segundo asegura, posto que no programa das festas o 85% da programación é de produción galega. "Si leemos en el contexto las declaraciones, lo que quiso decir es que queremos programar cultura para todos", insistiu, pola súa banda, Negreira, intentando solucionar a papeleta.
Malia todas as xustificacións que se queiran dar dende o Concello, o dano xa está feito. O sucedido demostra que as institucións públicas e os políticos deberían ter máis coidado de gardarse para si as opinións persoais, pois estas poden causar máis danos dos agardados. Ademais de que dunha persoa pública, cando menos, agárdase un respecto polos valores e riquezas da sociedade e dos cidadáns aos que representa. "A cultura galega non limita; son actitudes como as de Ana Fernández as que parten dunha visión máis que limitada", criticaron dende a Mesa pola Normalización Lingüística. Quizais a concelleira e outros moitos políticos deberían reflexionar sobre esta afirmación.

12 ago 2011

Máis recortes en educación


  1. Xosé Luís Sande Muñiz
    A Coruña
    Xoves 11 de agosto de 2011
    Polos datos que publica a Consellería de Educación, vemos como se produce outro recorte importante no número de profesores para o vindeiro curso escolar, recorte especialmente grave no caso dos que atenden a alumnado con minusvalías e Necesidades Educativas Especiais (profesorado de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe).
    Coa escusa da crise, están a recortar sobre quen máis o necesita. Estes recortes son inxustificables e absolutamente inxustos, actuando con saña sobre a parte máis vulnerable da sociedade, as persoas con minusvalía. Estes recortes poden ter consecuencias para toda a vida desas persoas, condenadas moitas veces á exclusión social por non ter recibido a educación que se merecen, especialmente na infancia, época fundamental para a súa formación.
    Haberá que preguntarse que importancia lle estamos a dar á educación, canto nos preocupa a xustiza social para cubrir as necesidades de quen máis as necesita, canto de cinismo e hipocrisía hai neses políticos que recortan deste xeito cando non tiveron nin a decencia de renunciar ao plus de altos cargos que seguen a cobrar.

Demasiado galego solto





 
 Anxel Vence. Faro de Vigo. 12-08.2011
 
Unha concelleira do Concello  da Coruña lamentou o outro día que as festas da cidade fosen "demasiado galegas", opinión da que facilmente se deduce que a condición de galego é prexudicial salvo que se administre en pequenas doses. Talvez sen pretendelo, a encargada municipal de Cultura do concello acaba de enriquecer o xa ancho catálogo de significados da lingua castelá no que toca a Galicia.
O uso do termo galego como cualificativo máis ben descalificador é, en efecto, todo un achado. Ata agora as festas podían ser aburridas ou amenas, populosas, desaboridas ou bulliciosas; pero a ninguén se lle ocorreu denigrarlas polo seu exceso de ingredientes galaicos. Grazas a este novo descubrimento semántico, o dicionario da Real Academia que equipara ao galego co parvo e o tartamudo poderá incorporar tamén farturas de galeguismo e as gallegadas en xeral como sinónimo de aburrimento.
A favor da innominada concelleira cumpre dicir que a súa opinión sobre o galego resulta bastante máis eloxiosa que a da deputada Rosa Díez, experta en tipoloxías galaicas. Díez adoita cualificar de galego no peor sentido da palabra –e mira que os ten malos– a todos aqueles políticos que por algunha razón non lle gustan: xa sexan os efectivamente galegos Rajoy ou Feijóo, xa o leonés Zapatero. A deputada vai por aí cun detector de galaicos que lle permite descubrir nun plis plas os trazos ambiguos, ladinos e escuros que converten en xente pouco de fiar aos naturais deste vello reino. E a calquera outro que, aínda sen selo, queira exercer de galego na escaleira.
Moito menos radical neste punto, a concelleira de Cultura limitouse a suxerir que o abuso do galego podería resultar prexudicial para a boa marcha das festas e seica doutras cuestións. Todo na súa xusta medida. Pódese ser un pouquiño galego pondo –por exemplo– un hórreo no chalé ou recitando o esconxuro da queimada cando veñen convidados, sen que iso afecte á reputación do que exerce de galaico en adecuadas dose. Outra cousa é querer galleguearlo todo, incluíndo algo tan universal e cosmopolita de seu como as festas locais.
A propia afectada quixo explicarse, aclarando que non ten nada contra o galego, lingua que sempre se falou na súa casa. O argumento lembra ao utilizado con frecuencia polos homófobos cando afirman que os seus mellores amigos son gais, pero tampouco hai por que privar á concelleira do beneficio da dúbida.
Choca un tanto,  seica, que unha concelleira de aquí se vexa na obrigación de aclarar que non ten nada contra Galicia. Estas son cousas que se din con naturalidade nun país afastado de si mesmo como talvez o sexa o reino de Breogán para non poucos galegos. Seguramente custaría algo máis imaxinar a un concelleiro de Madrid, de Toledo ou de Bollullos do Condado aplicado á tarefa de afirmar que non ten nada contra España nin contra a rica lingua castelá. Será que nin sequera o obvio resulta do todo obvio neste estraño lugar que ás veces é Galicia.
O noso lado cómico descubrírano hai xa tempo en Latinoamérica, onde os chamados chistes de galegos chegaron a constituír toda unha categoría dentro do xénero. Para entendernos, os chascarrillos sobre a suposta falta de luces dos galaicos equivalen aos de "polacos" en Estados Unidos ou, por citar un exemplo máis próximo, a eses outros que teñen como protagonistas aos veciños de Lepe en España. Tanto é así que a miúdo son os mesmos e apenas varía a procedencia xeográfica das vítimas.
Agora que os chistes de galegos van perdendo forza alén do océano, bo é que os propios veciños deste país lles tomemos a substitución con ocorrencias tan felices como esa de o exceso de galeguidade das festas. Hai demasiado galaico solto. Mesmo nos consistorios.

11 ago 2011

DEMASIADO GALEGO

Rosa Enríquez. La Región. 11-08-2011
Rosa Enríquez
Hai agrupacións humanas de cinco persoas e outras de moitas máis. Son 'pandillas' cuxo nexo adoita ser a simpatía. A permeabilidade destas 'cuadrillas' que partillan diversión non sempre é a desexábel para alguén que chega novo/a. Cómpre que un dos seus membros, normalmente o 'máis guay', dea a súa aprobación. A partir dese momento, a cousa está feita. Xa somos parte do 'clan'. Isto sucede aquí e en Pernambuco.

Así é que existen 'grupos' en Madrid ou Tordesillas, do mesmo xeito en que existen en A Coruña ou Xinzo de Limia. O carácter, ás veces, fechado destes clans sociais, confírelles unha imaxe negativa sendo, por esta razón, acusados de sectarios/as. Mais que é unha secta? Un grupo de seguidores/as dunha 'parcialidade' relixiosa ou ideolóxica? Que determina entón a esencia da secta en cuestión, a 'parcialidade', isto é, o número de integrantes? Non o creo. Parece máis útil empregar o concepto de 'seguidor/a' para definir o que é unha secta, na medida en que quen segue cede unha parcela de si mesmo en beneficio da comunidade á que se adhire.

As nacionalistas seguen aos seus lideres porque defenden algo no que acreditan. Os militantes do PP fan exactamente igual. Así é que o carácter sectario sería aplicábel ás dúas formacións políticas, sen importar o número de persoas. Visto deste xeito, poderíamos transmitir a Ana Fernández, concelleira de Cultura da Coruña, que non é que nós sexamos demasiado galegas, é que talvez ela o sexa pouco ou nada. Así é que, dende o noso punto de vista, un gran número de militantes do PP -haberá honrosas excepcións- pertencen a unha secta radical certamente ampla que non recoñece o noso idioma galego e defende unha idea de España obsoleta.

Nós, entristecidos/as, aceptamos iso, e, como somos un chisco máis listos/as -permitan a inmodestia-, non diremos que son 'demasiado españois'. Tampouco diremos que parecen acomplexados ou alienados. E moito menos diremos que son ignorantes, ou mentecatos, por rexeitaren a lingua de seu que, segundo se infire das palabras de Ana Fernández, non comprenden. Non o faremos. Nós destacaremos o importante sen afectación: a ausencia de formación humana da concelleira.