A opinión dos docentes...non conta?

29 sept 2011

ENSINO PRIVADO

Rosa Enríquez

Publicado en La Región o 29.09.2011

Hai nos colexios privados un alumnado, preferentemente, atento. Interesado polas explicacións da profesora, preocupado polo horario de estudo e inquieto polas dúbidas ou os controis. Tamén, e moi importante, ansioso por deixar ver o que sabe e formular preguntas interesantes, desas que sorprenden, e mesmo deslumbran, aos adultos, non só polo inusitado do seu carácter mais pola agudeza. Competitivo e sagaz, o 'protoalumno' asume como inevitábel unha concepción vital profundamente determinista que parte dunha premisa moi clara: non é que non sexamos todos iguais, é que non podemos selo. Ten que haber médicos e mecánicos, ricos e pobres, sabios e ignorantes. Sempre foi así e así ha seguir sendo. Daquela, a pregunta que se lle formula a estes adolescentes de ollos penetrantes é a seguinte: ti de que lado queres estar? Evidentemente, do lado das comodidades, isto é, do poder económico.

A partir dese momento, séntese a satisfacción nesas mentes vulnerábeis que, a pesar do engano implícito na pregunta, obviamente capciosa, rematan por asumir a situación de seu: son privilexiados. Así é que, por pertencer a esta 'caste social', teñen acceso a diversas actividades que, no caso destes centros privados, non son extraescolares, mais extraordinarias: solfexo, piano, guitarra, patinaxe, teatro, canto, baloncesto, danza clásica, alemán etc. Calidade de ensino, que diría Jesús Vázquez, ou Pinal. Que satisfacción para os pais e nais ter unha filla ben espelida, isto é, quatrilingüe, elástica, medio pianista ou actriz e sabia. O caso é que isto ten un prezo difícilmente asumíbel pola clase traballadora -a maioritaria, non o esqueza o conselleiro- que lamentabelmente, se ve na obriga de envíar aos vástagos a colexios públicos con profesorado insuficiente e medios moi precarios. Dúas realidades ben diferentes que representan a paulatina desaparición da clase media coa consecuente segregación social.

27 sept 2011

Canto traballan os mestres?

Lourenzo F. Prieto

Data de publicación:
Martes 27 de setembro de 2011. La Voz de Galicia.
Máis do que pensa o conselleiro xaora. A de educador foi unha profesión que tivo sempre un halo de vocacional. Coa universalización da educación, converteuse nunha importante saída laboral para milleiros de persoas egresadas das universidades, pero o seu exercicio nunca pode estar exento dunha vocación que ou  se ten ou se adquire co trato con infantes ou adolescentes que son modelados e formados día a día na convivencia das aulas. Alén das relacións laborais que enmarcan a actividade do profesorado, todos sabemos que parte importante da actividade non está regulada polo salario percibido polas horas de traballo, senón polos afectos ou o interese que deriva do propia actividade formativa. Iso é así en todos os niveis, das escolas infantís á universidade, pero se nalgún ámbito é máis certo e coñecido é na escola primaria.
Ou traballo maxistral non só se desenvolve na aula, nas explicacións e nas correccións de tarefas, senón non acompañamento dos nenos e nenas fóra da aula. Os pais e nais sabémolo ben; a pouco que lembremos como foi a nosa propia educación podemos certificalo. A escola non é a Arcadia, lembrámolo tamén e coñecémolo pola experiencia de multitude de conflitos, sexa o último do velo de Arteixo, a tan lembrada como odiosa práctica de que a letra con sangue entra ou as penalidades dous zurdos contrariados. O  alento para organizar actividades, excursións e visitas, preparar festivais ou preocuparse pola sorte dos nenos e nenas nin  se paga nin se mide. Insistiuse nisto nestes días. A vocación nada ou creada, que alenta detrás dos mestres e mestras que atenden aos nosos fillos non ten prezo, nin vai á folga, pero pode deteriorarse. Resulta lamentable esta forma que a Consellería de Educación tivo de modificar ou horario dos mestres, a forma de xestionalo e o modo de presentalo. Dar a entender que traballan menos do que deben ou que son uns privilexiados é descoñecer a realidade e, o que é peor, tentar deformala. O problema non é de horarios.
As mestras que coñezo chegan ao cole antes do que deben, vanse máis tarde do que deberían, organizan e son modelo da vida dos nenos e nenas. Así é na educación pública que é a que coñezo e gozo. Sen que ninguén os vixíe, sen que ninguén faga negocio, lícito en todo caso, co seu traballo. Isto pensaba antes do verán, cando comezou a ofensiva, e sígoo pensando cando a espiral que pode abrirse neste curso vai deteriorar a pública e aumentar a demanda da concertada. Moitos temémolo e outros sábeno, quizais por iso a folga tivo menos seguimento do esperado e moitos foron traballar para demostrar ao seu xeito a súa vocación. Ninguén quere que se xogue coa educación e iso é o que está a facer ou Goberno. O valor de educar non ten prezo.

25 sept 2011

Enseñanza pública para todos

A falacia da ensinanza a distancia, escusa perfecta para recortar ...velaquí o exemplo máis claro.

Publicada en Faro de Vigo o 25.09.2011

Iria Blanco Panete - Vigo







Me llamo Iria, tengo 24 años y un futuro incierto, sin trabajo y sin derecho a estudiar. Parece que, por las últimas decisiones políticas para combatir la crisis, el derecho a la formación académica pública se ha perdido o deteriorado. Yo, como otros, me matriculé en el centro de enseñanza pública "Artes e oficios" de Vigo (más conocido como Picacho). Pretendía cursar el bachillerato para adultos con el fin de poder optar, posteriormente, a una mejora en mi formación académica, tan necesaria para poder aspirar a un puesto de trabajo en el futuro. Cuál fue nuestra sorpresa al enterarnos, el mismo día de la presentación, de que no había suficientes recursos para que 100 de 170 personas pudiésemos acceder al curso. Pese a numerosas llamadas y visitas al centro, previas a dicha fecha, para diferentes consultas sobre el año académico, en ningún momento se nos informó de la existencia de una lista de excluidos. Esto nos dejó sin opciones de reclamación, sin oportunidad de poder buscar otro centro académico y con los planes de 2 años echados al traste. Entre la vorágine de ira e impotencia de los afectados, lo único que nos dijeron fue que "no deberíamos quejarnos, ya que podíamos sacar la titulación a distancia", eso sí, volviendo a entregar la documentación necesaria y pagando una nueva matrícula (no se nos devolvió nada de lo que tuvimos que entregar inicialmente). Es la única solución que nos dieron, eso sí, teniendo que recurrir a clases de pago para poder optar a la ayuda de un profesor que pueda orientar nuestra formación. Viendo que a los políticos les preocupa más blindar los gastos de campañas electorales, su cartera y su jubilación bailando entre diferentes puestos públicos, que la educación de los ciudadanos a los que representan, no puedo siquiera pensar en un futuro feliz, ya que no veo ningún futuro.

22 sept 2011

Carne Cruda

Cando a xenialidade e bo criterio se fai programa radiofónico... De dúas a tres da tarde en rne3 encontramos unha visión seria e unha análise crítica da realidade en clave de humor.

Carne cruda - La buena educación - 21/09/11 

Blog Carne Cruda 


UNIÓN E FORZA

 Rosa Enríquez

Publicado en La Región o 22.09.2011


Unha vez máis, José Manuel Pinal, director xeral de Centros e Recursos Humanos, se enche de gloria -enténdase a ironía- coas súas declaracións ao respecto do profesorado e da convocatoria de folga do mércores. Se hai uns días deixaba caer que non se traballa nos centros de ensino, onte volveu á carga. Como? Falseando datos. Así é que, coa parsimonia de quen está por riba do ben e do mal, afirmou que a meirande parte dos docentes non secundou a folga porque -atención ao que segue- “entende as medidas da Consellaría”. É máis, segundo el o ve -visión esta parcial e interesada, obviamente- este sector do profesorado sabe que é preciso “loitar todos xuntos pola calidade do ensino”. Ante isto, vémonos na obriga de cuestionar a capacidade de Pinal para interpretar a realidade actual que, malia que lle desagrade, é tozuda, pois o profesorado galego púxose en pé. Hai moitos anos que non se vía tal unión nos centros de ensino. Mesmo os sectores máis conservadores dos claustros están molestos e participan nas protestas. Talvez tardasen máis en reaccionar ante os recortes, talvez sentiron medo, pero, como din por aí, xa pasou.

Así é que a Pinal esgótaselle o recurso do vitimismo. Non poderá continuar co seu labor de descrédito. As familias comezan a espertar. Pouco a pouco van comprendendo que a intención “oculta” da consellaría -aínda que para nós resulta evidente- é desmantelar o ensino público. Máis alumnos por aula. Profesores ou profesoras do ámbito de ciencias sociais, por exemplo, impartindo matemáticas ou bioloxía, e, porque non dicilo, un novidoso, absurdo e sorprendente servizo de coidadores que implica “recoller” ao “alumnado transportado”, algo que vai en detrimento da autonomía da rapazallada e, consecuentemente, resulta antipedagóxico, na medida en que atorda as mentes, no canto de as espertar. Educar, formar ou comprender é unha cousa. Vixíar, outra ben diferente. Para iso hai profesionais especializados.

18 sept 2011

Continúa a campaña de normalidade...

Como pode comprobarse nas hemerotecas hai uns quince días que a Consellería vén dicindo que o curso comeza con "normalidade". Nos medios de comunicación aprovéitanse os suplementos educativos (pagados) para meter as cuñas sobre as bondades e as "excelencias" da política educativa que está levando a cabo o goberno da Xunta. Entrevistas nas que se mente descaradamente e se ocultan datos sobre as reducións de profesorado, o recorte de recursos, as asignacións de funcións non docentes ao profesorado e aínda por riba pretendendo que este é o comezo de curso máis "normal" dos últimos anos. Home...a credulidade chega ata un punto, señor conselleiro... (véxase a entrevista publicada en La Región o 18.09.2011)



Sobran as palabras, o conselleiro retrátase el soíño.


A favor de la enseñanza pública


  1. Autor do comentario:
    Javier Peteiro Cruz
    Localidade:
    A Coruña
    Data de publicación:
    Xoves 15 de setembro de 2011.La Voz de Galicia.
    Me enorgullece pertenecer a un cuerpo al que solo consiguen acceder los profesionales mejor cualificados
    Me enorgullece pertenecer a un cuerpo que persigue el conocimiento y no el adoctrinamiento, que busca la autonomía del individuo y no su sumisión, que tiene por fin el de ofrecer las herramientas necesarias para desarrollar el criterio de los individuos y que no puedan ser anestesiados.
    Me enorgullece pertenecer a un cuerpo ecuánime en su hacer y que del mismo modo que ofrece las mismas oportunidades a todo el mundo no regala nada a nadie.
    Me enorgullece que infinidad de grupos políticos quieran controlar mi cuerpo y amordazar su voz, porque demuestra lo fuerte, clara y sincera que puede ser. La fortaleza, la claridad y la sinceridad poseen la virtud de remover las conciencias.
    Me enorgullece que lo primero que haga cualquier dictadura sea depurar mi cuerpo, porque pone de manifiesto que es uno de los más ardientes símbolos que existen de la libertad humana.
    Me enorgullece la enseñanza pública. Me enorgullece pertenecer a su cuerpo de docentes.

Líneas editoriales y educación.

  1. Autor do comentario:

    Emilio Gómez

    Localidade:
    Vigo
    Data publicación:
    Mércores 14 de setembro de 2011 La Voz  de Galicia.
    Sr. Director, le ruego la publicación de esta carta en contestación del artículo de opinión del señor Del Corral publicado el día 14 de los corrientes. Me da vergüenza por la cantidad de falsedades mal argumentadas que contiene, de mentiras y medias verdades que bien mezcladas y con el aderezo idóneo nos dan un debate miserable y sesgado en el que los profesores somos la cabeza de turco (los de la pública, ojo, los de la privada salen bien parados, como le conviene a la derecha de este país). 
    Vamos a responder a sus falsedades:

    - PRIMERA, los sueldos. Son falsos, y quien ofrece datos falsos es un mentiroso, porque Cobro 1.800 euros al mes como profesor de secundaria en un instituto público, O SEA, LA MITAD.

    - SEGUNDA, ¿ligeramente superiores los horarios? lean el informe, 101 horas más que la media, de 800 horas. el país con mejores resultados, Finlandia, tiene en los 8 años de edad 600 horas.

    - TERCERA, la media de alumnos en secundaria obligatoria, donde doy clase, ERA la misma que la de la OCDE, y digo ERA porque el aumento de los dos últimos años nos coloca BASTANTE POR ENCIMA DE LA MEDIA. Pero de eso no se quiere enterar, claro

    - CUARTA, la comparación con los concertados, para ese señor todo un modelo. Lo que no dice es que ese horario superior muchas veces incluye, como tantos amigos que conozco, guardias de comedor e incluso de habitaciones, que están financiados con dinero público y que el único requisito para entrar, en algunos casos, es ser sobrino/a de la monja de turno.

    - QUINTA, la falacia de la idoneidad y la concertada, si hay alguna prueba de idoneidad es la OPOSICIÓN que tenemos que superar y que los de la concertada no hacen. ¿Dejamos a cualquier licenciado llegar al supremo? ¿Dejamos que sea neurocirujano cualquiera?. Parece que no se ha enterado que la forma de comprobar la idoneidad en este país es mediante una oposición. Vaya despiste. Si quiere entramos en el debate de la selección de alumnado, de las ratios de inmigrantes o etnias en la pública y la concertada. Creo que no le interesa saberlo, ¿verdad?

    - SEXTA, el fracaso escolar, culpa ÚNICA Y EXCLUSIVAMENTE del profesorado, no podía ser menos. Se le olvida mencionar, quizás, además de la falta de motivación la cantidad de factores que influyen en el rendimiento escolar de un adolescente como los que yo trato, porque se ve que no tiene la más mínima idea de lo que habla. Le cito entre otros: socieconómicos, familiares, hábitos de estudio, ocio, expectativas, medios... Los valores que perciben los chicos ¿tienen algo que ver? ¿lo que escuchan y ven en casa? ¿valoran aprender? ¿se valora el esfuerzo? ¿sabe lo que cuesta mantener la autoridad en un aula? No me extraña, con artículos denigrantes, donde somos el pim-pam-pum.

    - SÉPTIMA, el esfuerzo de "dos horas". No me importa trabajar más, aunque me hayan congelado el sueldo con Aznar y bajado un 7% el año pasado. Hace poco, cualquier albañil ganaba más que yo. Soy licenciado con los cursos de doctorado hechos y el cuádruple de horas de formación de las que se me exigen. Pero dos horas atendiendo entrada y salida de autobuses no veo como mejora la calidad de la educación.

    Hay malos profesores, sin duda, y conozco a varios. Pero la educación necesita medios, respeto, valoración social, planes de estudio serios y leyes sensatas. Y menos gastos superfluos como 30.000 profesores de religión quitando miles de horas y millones de euros a asignaturas esenciales.

Prestixio profesional.

Dolores Sánchez Leira. Santiago. Publicada en La Voz de Galicia.

Luns: entrada 8,30; saída, 14,45. Hoxe foi un día bo.
Martes: Entrada 8,30; saída, 18.15. Non fun cos compañeiros ao restaurante para atender a nai de Lelo, xa que sae ás 15 do Clínico.
Mércores: entrada 8,30, saída...21. Temos un cursiño do Proxecto Abalar para aprenderlle ao alumnado Informática.
Xoves: hoxe pola tarde debería ter familia, mais non podo porque claustro e preparación das clases de Lelo (especial), as de Mohamed e Khadiya. Ademais debe dar clase de Xeografía (son de Lingua).
Venres: penso na calidade de ensino e de qué partidase sacarían os cartiños para atender ao noso Lelo. ¿E se as clases de relixión católica se desen nas catequeses? Serían dúas horas que aforrariamos para o alumnado especial.
Sábado cola do súper. Dúas señoras falan sobre os mestres -"gañan  dabondo para o que fan"- e dinme, ¿vostede en que traballa?
Quería dicirlles que son mestra dende hai 34 anos e que gaño 2000 euros, mais só digo: "O meu home é electricista".

Don ere que ere

Artigo de opinión publicado no Faro de Vigo.

Xosé Ramón Pena







Segundo afirmaba, hai cousa duns días, un/unha dilixente director xeral –ou acaso fose secretario; pode incluso que conselleiro, consejero, conseller, sailburua… mesmo todo un/unha presidente de autonomía ou lehendakari; en fin, saiban disimular a imprecisión os, sempre moi amables lectores destas crónicas semanais que hoxe regresan–; segundo declaraba semellante pai/nai da patria, o caso é que en España sobran profesores. Ben; vale, O.K.: o/a tal non o espetou así, polas bravas, senón botando man desa especie de chapurreado, trampitán ou barallete ao que tan afeitos están os nosos políticos: "acontece que moitos centros docentes teñen un cadro de persoal superior ás súas necesidades reais". Xa que logo, do que se trata é de "adecuar ditos cadros ás realidade das aulas". Nin que dicir ten, o ghichiño/ghichiña foise logo tan contento; subiu, sorrinte, no seu coche oficial camiño dunha inauguración non sei onde, a cal non podía faltar de ningún xeito: votos si que son amores "y a ti te encontré en la calle".
E de acordo: talvez si que teña razón o alto cargo en cuestión e en España sobren docentes. Agora ben; non deixa de ser menos certo –xa entrados na película de Don Ere que ere– que aquí, postos a sobrar, sobra absolutamente de todo. Sobran, polo tanto, profesores que ensinen e eduquen; pero tamén sobran médicos e enfermeiros que nos atendan e curen nosas as doenzas. Sobran, claro é, os funcionarios, en xeral: tanto ten que se trate de bombeiros, de policías locais/autonómicos/nacionais, xardineiros, asistentes sociais, empregados na Facenda… Ao cabo, todos eles –como é moi ben sabido por calquera "listo/a"– non fan máis que pasar o tempo tomando café e dándolle ao pico. Todos eles, pois, puros e duros candidatos ao Ere.
Claro que, xa postos a varrer e limpar, en España sobran outras moitísimas cousas, a saber. Sobran, por exemplo, entidades e sucursais bancarias –non hai esquina que non ocupasen!; multiplicamos por cinco a media europea!–; sobran, ai!, moitos bares –nin lles conto por canto multiplicamos aquí!–; sobran equipos enteiros de fútbol de primeira e segunda división –co Madrid e mais co Barça temos dabondo–; sobran así mesmo enxeñeiros, arquitectos, notarios, avogados, farmacias, centros comerciais –hai case un (ou dous) por parroquia!–; temos exceso de aeroportos, de universidades, de xornalistas, canles televisivas…. Sobran infinidade de tertulianos; sobra "telebasura"; sobran toda a familia Mohedano e mais "Sálvame" (de luxe e de traxe de faena) O que é máis: sobrar, sobran concellos e deputacións, mesmo sobran provincias enteiras! E é que, desde logo, si que estariamos un pouco máis apretados, pero… decatáronse Vdes. que Alemaña (todo un exemplo a seguir), con apenas 357.000 km2, dá cabida a 82.000.000 de habitantes mentres nós, con 504.645 km2 tan só acollemos 47.000.000? Que desperdicio de solares! Simplemente con declarar sobrantes, que sei eu, as provincias de Cáceres –1750 km2– e Badajoz –case outros tantos–, perciben Vdes. que cantidade de espazo aforrariamos! Ademais, en tempos de primas de risco polas nube, ben que poderiamos privatizar/vender, digo eu, Extremadura ou Murcia enteiras. Co resultado de tan magnífico negocio de recalificación de terreos… adeus crise, adeus! Ademais, non era, acaso, algo semellante o que chegaron a suxerilles aos coitados gregos certos medios de comunicación da todopoderosa Deustchland comandada por Dna. Angela Merkel: xustamente que privatizasen/vendesen un par –mellor unha ducia– de illas do mar Exeo?
Iso si: o que non sobra, o que non pode ser obxecto de ningún Ere –faltaría máis!– é ningún dos máis de douscentos senadores, trescentos cincuenta deputados, membros dos parlamentos autonómicos, presidentes de deputacións provinciais (e deputados das mesmas), alcaldes, concelleiros… secretarios, directores xerais, asesores… a inzaren España, arquipiélagos e prazas de soberanía adxacentes. Todos eles, polo visto, resultan absolutamente imprescindibles para que este país de países poida mirar abertamente ao futuro; todos eles constitúen, xa que logo, un vivo exemplo de produtividade; todos eles deveñen espello de puntual asistencia diaria ao seu escano; todos eles…
Despois de ocupar o goberno durante vinte e un anos –catorce, baixo o mandato de Felipe González; sete con Zapatero–, van e descobren os socialistas, con D. Alfredo á fronte, que sobran as deputacións provinciais. Iso si, descúbreno agora que quedaron, ou van quedar, sen ningunha! Aínda ben que, para que iso non aconteza, xa está disposto ese home que todo o vai arranxar nun plis–plas (que todo o vai arrancar…. ou non), D. Mariano Rajoy. Logo de profetizar, predicar… a necesidade de reconducir tanto reino de taifas, agora que o conxunto (case) enteiro pode caer en mans do Partido Popular cal froita madura, entende o Sr. Rajoy que non ve necesaria semellante recondución! Traducido: en tempos de fartura dúas e dúas suman cinco; en temos de depresión, o resultado non pasa de tres. Matemáticas españolas. Don Ere que ere/Don Erre que erre.

Recortes en la educación.

  1. Outra proba máis da "normalidade" coa que comeza o curso.

    Autora do comentario:
    Maria Isabel Fraga Casas
    Localidade:
    Valdoviño
    Data de publicación: Venres 16 de septembro de 2011. 
    La Voz de Galicia.
    Mi nombre es María, mi nombre es Silvia, mi nombre es Kiara, mi nombre es Paula, mi nombre es Raúl y mi nombre es Sara.
    Me presento Xunta, soy un/a alumna de 4 años del colegio agrupado Esquío de Valdoviño, no soy un número, no soy una estadística, no soy un plan de ahorro en un momento de crisis.
    Mi profesor de música se llamaba Roberto, digo se llamaba porque este año, ninguno de nosotros tendrá profesor especialista de música. Señora Xunta, usted que todo gobierna ha decidido que en momentos de crisis, corcheas, melodías y ritmos no tengan cabida en mi colegio.
    Mi profesora de apoyo se llamaba Sita, digo se llamaba porque ya no nos va a ayudar porque la señora Xunta dice que no es necesaria; y si mi profesora Pilar un día no puede llegar al trabajo me quedaré sin cole y volveré para casa. ¿Difícil de creer verdad?
    Mi colegio es humilde, pobre de infraestructuras pero grande en corazón, y entre todos nosotros hacemos de él un buen lugar para poder aprender.
    Sé lo que está pensando señora Xunta, dice ?son sólo 6 niños?, y vuelve a guardar contenta el presupuesto en su escritorio.
    Pero se me olvidaba decirle que también son mis compañeros/as de 3 y 5 años, de 1º y 2º de Educación Primaria; y por cierto, el resto de las escuelas unitarias de la zona de Valdoviño unos 57 niños en total. Ya somos unos pocos más ¿verdad?, y apostaría a que no somos los únicos.
    Quisiera, por último, recordarle que el futuro de un país está en sus jóvenes y en sus niños, no en sus presupuestos. Por supuesto que podemos ahorrar,  pregunte señora Xunta? , pregunte a los ciudadanos por quién pueden empezar, ¡se sorprenderá!.
    Niños/as Escuela de la Carreira (Valdoviño).

17 sept 2011

Política educativa de medias verdades

MACHÚS FERNÁNDEZ .16/09/2011. El País.

Cuando manejamos y exponemos datos sobre la política de los recortes sociales, a menudo los defensores de estos servicios públicos nos autocensuramos porque tememos desprestigiar ante los ciudadanos la calidad, por ejemplo, de la escuela pública. Por lo tanto, siempre queremos dejar claro ante los usuarios que disfrutamos de un servicio de calidad, pese a todas las trabas y rebajas presupuestarias que el Gobierno de Feijóo se ha encargado de perpetrar en los últimos años, con la fatal disculpa del déficit.

El conselleiro sigue la hoja de ruta neoliberal. Por eso tiene enfrente a los que defendemos lo público
Podríamos hacer un repertorio cronológico o temático del memorial de agravios, pero todos tienen un par de lugares comunes: el de incrementar el gasto suntuario, propagandístico y resultón y el de reducir las inversiones en infraestructuras y personal. Es decir, para el conselleiro Vázquez su negociado no es más que una herramienta ad maiorem gloriam suam -recordando la vieja sentencia de los jesuitas- y de su presidente. Sigue sin salirse de la pauta, como en las libretas de caligrafía, de la hoja de ruta neoliberal según la cual la presunta calidad del servicio se mide por la cantidad de veces que los responsables del servicio salen en sus medios de comunicación acariciando a escolares y agachándose para probar el filete de caballa del menú del colegio.
Mientras tanto se sigue promoviendo y difundiendo la idea de que el profesorado es un colectivo privilegiado que trabaja poco y cobra mucho; es la política desleal del gobernante con su empleado al que recorta salarios y pone trabas para el mejor desempeño de su labor; es la política de las medias verdades con el electorado que solo lee titulares; es la política de esos a los que se les llena la boca hablando de libertad, cuando la única libertad que defienden es la de la privatización para que hagan su agosto sus amigos de siempre.
Nos tienen enfrente y vamos a seguir estando de este lado, del que se defiende la escuela pública de calidad, en la que hace falta que el profesorado sea respetado, en la que se reivindique su profesionalidad, en la que se respete y fomente su formación continua, en la que se considere a los alumnos como el primer objetivo y se faciliten los medios para que crezca física e intelectualmente como un ciudadano con derechos, con espíritu crítico y formado en valores democráticos, en la que no se le considere como un objeto manejable del que tiene que salir un producto rentable para el sistema productivo.
Por estas y otras muchas razones que seguramente están en la mente de muchos lectores y lectoras, nos venimos oponiendo a sus medidas. Pero no porque sean suyas, no tenemos prejuicios. Nos oponemos porque es nuestra responsabilidad como docentes, pero también como ciudadanos y ciudadanas que no ven con buenos ojos que se despilfarre el dinero público de los impuestos mientras se regatea a una escuela un puesto de trabajo de profesor de apoyo para el alumnado con necesidades especiales. Porque se deja sin amparo la educación compensatoria en todas sus facetas; porque consideran que la educación infantil es un almacén; porque consideran que el comedor escolar es un artículo de lujo y no un lugar donde se educa; porque para ellos la formación profesional no es un derecho de los alumnos, sino el lugar en el que se cualifica mano de obra cuando al empresario le sale caro... Podríamos seguir poniendo más ejemplos, pero sería reiterar innecesariamente.
Este principio de curso va a ser más conflictivo que de costumbre. Sus políticas están provocando la indignación en todos los lugares del mapa y nuestras iniciativas movilizadoras cuentan con el apoyo y comprensión de los ciudadanos, destinatarios del servicio.
Desde esta tribuna le hacemos un llamamiento a la cordura, a que no siga usando la demagogia como arma electoral, que lo que está en juego es algo más que unas elecciones. Pese a todo, nuestra mano sigue tendida, como siempre, para retomar los cauces de diálogo, que siempre dieron buenos frutos, fuere cual fuere el color político del gobernante. Y la historia es reciente.
Machús Fernández é secretaria xeral da Federación de Ensino de CC OO de Galicia.

15 sept 2011

Funcionarios, eses vagos...


Carlos Suárez Mira.
Publicado en Faro de Vigo.

Xa sei que o título é provocador. Púxeno para atraer a atención dos funcionarios e dos que non o son, porque hoxe quero contarlles unha historia sobre a función pública que puido ser real. Ou non.
Resulta que un deses señores que se refiren a si mesmos como "emprendedores" estivo fai unhas datas a piques de reencontrarse co máis aló. Pero antes de relatarlles o episodio que nos ocupa convén facer unha breve presentación do personaxe. Este patrón de patróns é un adiñeirado empresario da construción que fixo fortuna en tempos da famosa burbulla inmobiliaria, aínda que xa antes adoitaba comer caviar e camaróns máis dunha vez por semana. Sabedor de que adoita ingresar mensualmente algo máis que os seus concidadáns, permítese pontificar sobre política e economía. Non fai falta explicarlles a quen vota (el mesmo adoita proclamalo de viva voz, con gran orgullo) nin o concepto que ten do servizo e dos servidores públicos, aos que culpa de todos os males do país. Tras este breve currículo direilles o que lle ocorreu este verán. Este señor, ao que chamaremos Juan Español, achábase, xunto a outros señores —e señoras— ben, a bordo do seu iate fondeado nunha das marabillosas Rías Baixas, a unhas cantas millas de Sanxenxo (aínda que el di Sangenjo). Eran pouco máis do catro da tarde cando, tras unha opípara enchenta na que desfilou en fúnebre comitiva unha ampla mostra de crustáceos, moluscos e demais habitantes dos fondos mariños da ría, xenerosamente regados polos excelsos caldos da zona, e no medio dunha espesa néboa metade mariña e metade provocada por un cuarteto de cigarros puros "Cohiba Bhk 56", sentiu unha forte dor, coma se algo se lle estivese rasgando no medio do peito. A situación era crítica, así que un dos seus invitados, que para algo se sacou o PER, dirixiuse á radio e a través da canle 16 lanzou unha mensaxe de auxilio. Quixo a casualidade que se achase próxima á súa embarcación unha patrulleira lixeira da Garda Civil do Mar (chea de funcionarios públicos) que estaba á espreita de certos emprendedores doutro ramo da actividade económica. Esta dirixiuse rapidamente ao iate do Sr. Español e, nunha operación non exenta de risco, pois o estado do mar lindaba con Douglas 4, conseguiron os seus tripulantes subir a bordo ao cada vez máis conturbado patrón. Como un raio o benemérito barco asucou as augas cara á costa, dando inmediato aviso ao 112 que desprazou sen perder tempo algún un helicóptero medicalizado con dous pilotos, un médico e un DUE (algún seguro que tamén funcionario). Recollido o suorento creador de riqueza, despegou sen dilación a aeronave cara ao hospital da Seguridade Social onde foi ingresado en Urxencias e derivado inmediatamente ao Servizo de Cirurxía Cardiovascular, sendo intervido ás 17.00 horas nunha complexa, longa e custosa operación na que se lle contivo a súa disección aórtica por parte dun anestesista e uns cirurxiáns cardíacos (funcionarios algúns e residentes outros) que coa axuda das enfermeiras de quirófano (tamén empregadas públicas, unhas con praza, outras interinas) déronlle longas a San Pedro. Debe ser certo que estes "privilexiados" funcionarios crense os donos da súa praza porque ese día, como tantos outros, estiveron no hospital desde as 8.00 horas ata as 02.00 do día seguinte (por algo lle chaman "a casa").
Don Juan xa ten boa cor. Na súa segunda semana de hospital fixo amizade con outros pacientes non tan adiñeirados como el pero igual de agradecidos a un país que, a través dun excelente sistema de saúde pública pagado cos impostos de todos, salvoulles a vida. Un país que, con todos os seus defectos, soubo construír, pese ao atraso histórico en que nos situou a ditadura respecto do resto de Europa, un modelo de Estado que veu funcionando razoablemente ben, tamén polo traballo dos seus servidores públicos que, desde logo, nada teñen que envexar en eficacia, profesionalidade e entrega aos restantes traballadores. Pois ben, con todo, xa volven elevar a voz algúns pedíndolles "un novo esforzo" para saír da crise (outra rebaixa de soldo, vaia). Parece non ser suficiente, despois de anos de conxelación e perda de poder adquisitivo, o rebaixarlles ata nun 10% os seus emolumentos. Pero ouza, os propietarios de tan preclaras mentes non dixeron nin "mu" de subirlles os impostos aos verdadeiramente ricos, nin de explicar por que estraña razón estes cada vez sono en maior medida, e os pobres cada vez máis pobres, que é o que adoita ocorrer por certo nos países subdesenvolvidos e emerxentes.
De volta a Sangenjo, e co verán dando as súas últimas rabexadas, o peito cheo de grapas e o corazón rebosante de gratitude, o novo Juan reencóntrase cos seus amigos de sempre, Alberto, Ana, Jacinto, María Jesús, Carlos, Rafael e tantos outros, e retomando aquela conversación bruscamente interrompida polo suceso hipertensivo, fálalles do marabilloso que é o público e os seus servidores e fai unha reflexión interesante: se todo isto desaparecese tal e como o coñecemos hoxe quen me rescataría das gardoupas da morte? Un idiota que saía do Real Club Náutico nun convertible vermello respondeulle con estulticia: os mercados!