A opinión dos docentes...non conta?

14 ene 2012

A xente do Portovello...VALE!

O que non sae nos medios, non existe. Parece mentira...pero é certo. Nós sempre o soubemos...no Portovello agachábanse tesouros por descubrir e algúns, fómolos descubrindo. Outros quedaron ocultos nunha historia truncada polo prexuízo de quen toma as decisións. Unha oportunidade perdida para xente con talento que moitas veces non "encaixa" no sistema.

Natalia regalounos o ano pasado momentos sublimes coa súa prodixiosa voz. A volta da manifestación de Santiago do día 15 de xuño foi un deles. Co rumor do aire nas ventás do autobús, o seu aleluia aínda ecoa nos nosos oídos,...ou cando, ensaiamos o "no dudaría" de Antonio Flores para o Día da Paz; ou cando fixemos o recital poético-musical de Miguel Hernández e acudiu mesmo estando con febre...

Agora todo o mundo o sabe. Natalia ten unha voz prodixiosa e malia o que lle pese a algún "malote" canta como unha diva. O seu paso por unha cadea de televisión estatal fixo que todo o mundo o soubese, pero nós sempre o soubemos...

A xente do Portovello, VALE!

Noraboa, Nati.



No hay comentarios:

Publicar un comentario