A opinión dos docentes...non conta?

10 oct 2011

O STEG interpón un recurso contra o Decreto 118/2011

TRANSFORMACIÓN DE IES EN CIFP

Despois de solicitar en distintas Mesas
Sectoriais a retirada do Proxecto de Decreto
para a transformación destas ensinanzas e ante
a negativa da Administración a escoitarnos, o
STEG interpuxo un recurso contencioso contra
o Decreto 118/2011 polo que se transforman
institutos de educación secundaria en centros
integrados de formación profesional, se
fusionan centros educativos e se cambian
ensinanzas.
A primeira obxección ao Decreto atinxe ao
procedemento elixido para a súa aprobación
no que cabe criticar a grave falta de
participación das persoas afectadas pola
norma na súa elaboración.
A administración ten ignorado co seu
proceder o dereito da cidadanía e da
sociedade civil a facer efectivo o seu dereito
a “coñecer a actividade da Administración”
facilitando que “a sociedade asuma un papel
activo na vida administrativa”, tal e como
reza a exposición de motivos da Lei 4/2006, do
30 de xuño, de transparencia e boas prácticas
na Administración pública galega.
A actitude antidialogante e
xorda desta Consellaría impediu
minimizar o impacto deste
cambio de ensinanzas xa que
non contou en ningún momento
coa comunidade educativa
(familias, profesorado, direccións
e alumnado).
De terse feito coa transparencia e
información esixíbel a calquera administración
este impacto negativo tería sido moito menor.
Por todo isto, o STEG decidiu
amosar unha posición activa
impugnando o DECRETO.
O proceso iniciado será
previsiblemente longo, de
duración dificilmente inferior a dous anos.

6 oct 2011

Canta máis folga, mellor

Inma López Silva

Data de publicación:
Mércores 05 de outubro de 2011. La Voz de Galicia.
No fondo da  súa alma os Consellería de Educación están encantados coa folga. Teñen que dicir que non porque é unha moda informativa, algo que se espera deles igual que se espera de Manolo Escobar que cante  Mi carro nos concertos. Pero en realidade saben que é moito mellor que haxa moitos docentes en folga, como din os sindicatos.
Ata agora, estaban convencidos de que os mestres poden facer folga polo que lles pete: pagan por ela, así que, segundo o libre comercio, hai que apandar coa protesta. Consecuentemente, os mestres terían que pagar un extra por que a Consellería mudase de opinión nas súas decisións, pero iso sae carísimo, e bate de fronte coas hipotecas da maioría. Mais en realidade, cobrar pola expresión pública da dignidade é unha fonte de ingresos marabillosa para as arcas públicas. Así que a folga, daquela, é rendible, e por iso dedícanse a provocar.
En Galicia hai uns trinta mil docentes non universitarios. Segundo din os sindicatos, irían á folga uns 15.000; e segundo a consellería, uns 4.800. Máis ou menos, a ollo. Se a cada docente lle descontan aproximadamente un 5 % do seu soldo, a diferenza é terrible: 1.350.000 euros de rendibilidade segundo vos sindicatos, ou a morriñada de 432.000 euros segundo a Xunta. Daquela ir á folga é apoiar as políticas de aforro de Feijoo. É a versión administrativa da sarna con gusto.
Xa que tan preocupado anda ou conselleiro Vázquez polo déficit, pode facer virtude da indignación dos mestres. Só é unha idea, porque igual non sabe que facer con tantos cartos sobrantes e llos dá a calquera outro conselleiro para pagar a gasolina do crecente número de coches oficiais.

2 oct 2011

Profesores, esos desconocidos


EMILIO GARCíA HERNáNDEZ - Ciudad Real - 02/10/2011. El País.

A raíz de la polémica desatada últimamente por la ampliación del horario lectivo, los profesores de instituto hemos confirmado el desconocimiento que la sociedad tiene de nuestra profesión, y especialmente aquellos políticos y periodistas que nos juzgan tan severa e injustamente.

En una clase podemos tener 30 alumnos con grandes diferencias entre ellos. Por ser enseñanza pública, en el mismo grupo hay siempre algunos adolescentes conflictivos. También hay alumnos procedentes de la inmigración que no saben ni hablar el castellano, dificultando aún más la tarea. En estas condiciones los profesores nos vemos sometidos a situaciones de estrés que la sociedad desconoce. Cuando termina una de estas clases, el profesor sale emocionalmente agotado. Y esto no se soluciona ni con paciencia, ni con las nuevas tecnologías. Es la nueva sociedad que hemos creado entre todos.
Dos horas más de clase no son equiparables a dos horas más en la oficina, pues significan varias horas más de trabajo. Algunos piensan que impartir docencia es saberse los contenidos que hay que explicar.
También tenemos horas de guardia, de atención a padres, reuniones de tutores, de departamentos, de coordinación, y claustros y juntas de evaluación, visitas a museos, exposiciones, excursiones, etcétera. Cuando nos ven salir del instituto, se piensan que nuestra jornada ha terminado, pero no saben que nos llevamos una cartera llena de exámenes y ejercicios, además de los problemas de los alumnos.
Y, para terminar, podemos añadir que, dentro de poco, veremos a profesores con 65 y 67 años dando clase a adolescentes, dejando en paro a los titulados de 30 y 40 años. Parece que nos espera un futuro de mayores agotados y de jóvenes frustrados. ¿Es esta la forma de crear futuro?

1 oct 2011

Profesores, horarios, políticos

Xosé Ramón Pena

Publicado en Faro de Vigo o 01.10.2011





Cantas horas á semana "pode" traballar realmente un profesor de primaria ou do ensino medio? Cantos alumnos "pode" ter por aula? Desde logo, trátase de preguntas singulares. Singulares mais, en calquera caso, moi parecidas a esoutra que reza así: e cantas horas "pode" traballar á semana un mineiro, un condutor de autobús, un policía, un médico…?
Antes de calquera resposta, reparen ben os amables lectores no verbo utilizado: "poder". Dito/escrito o cal, levan razón os "profes" nas súas reivindicacións ou é que estamos diante dun verdadeiro fato de vagos que só pretenden "pasar" amplamente dos seus deberes, sen que o avance/retroceso educativo dos alumnos lles interese o máis mínimo? Fan ben/mal, xa que logo, os conselleiros/consejeros/consellers/sailburuak en desatender as protestas?
A resposta é doada. Se do que se trata é de saber cantas horas "poden" traballar os profesores e/ou cantos alumnos "poden" ter por aula, non cabe a menor dúbida: poden traballar, nin máis nin menos, o número de horas que lles ordenen, tanto ten que sexan vinte como cincuenta; poden atender a todos os alumnos que lles envíen: dez ou cento dez. É dicir: iso mesmo que, por poder, "poden" traballar médicos, condutores de autobuses e camións, policías, albaneis ou caixeiros das grandes superficies comerciais: exactamente todo que lles prescriban os seus correspondentes amos e señores. Faltaría máis!
Iso si: outra cousa vén ser, naturalmente, cantas horas "deben" –e subliñen Vdes. de novo o verbo- traballar os docentes. Canto tempo han de dar clase -como canto tempo de vacacións precisan: eles e mais os alumnos- desde a lóxica da pedagoxía e mais da eficacia real do seu labor: é dicir, o único que si debería importarnos, toda vez que estamos a falar dos alicerces dun sistema e non de regatear en ningunha sorte de baratillo. Cantas horas "deben" traballar, daquela, os profesores como cantas horas "debe" traballar calquera outro profesional para ser realmente eficaz e desempeñar con dignidade, como lle cómpre, o seu oficio en ben propio e alleo, para o proveito xeral de todo o país que habitamos.
"Reorganizaremos alí onde o gasto sexa supérfluo. Reorganizaremos, pero sen tocar nunca as partidas destinadas á Educación e mais á Sanidade." Non hai político –sexa do partido ou coalición que sexa- que non repita, cal papagaio, a anterior letanía. E, naturalmente, non hai político que non minta como un auténtico… como un auténtico político cando tal cousa afirma.
Incapaces de declarar a verdade, conselleiros/consejeros/consellers/sailburuak non teñen o menor reparo en aumentar as horas de traballo dos profesores e soster, ao mesmo tempo, que non están a efectuar ningunha clase de mingua nos orzamentos educativos nin, moito menos, na calidade do ensino. Acudindo aos instintos máis baixos –"os profesores traballan poquísimas horas e están todo o ano de vacacións"; "o único que fan é suspender aos alumnos e mandarlles comprar libros e máis libros inútiles"; "eu non teño estudos pero fun á mellor universidade de todas: a universidade da rúa"- o que de certo parecen procurar non é outra cousa máis que o enfrontamento entre os docentes e certos pais, desbordadísimos estes diante da perspectiva de terse que ocupar dos seus fillos a viviren xornadas "sen colexio."
Porque a verdade non vén ser outra que, incapaces de diminuír, reformar e fiscalizar alí onde de veras lle doe –"non convén que Facenda faga inspeccións e/ou presione sobre segundo qué clase de fortunas, non vaia ser o demo que se fuguen do país e que, polo tanto, non invistan na creación de emprego"-, o único remedio que lles vén á cabeza aos nosos políticos na hora de enfrentarse cunha crise galopante, non é outro senón ese mesmo de propiciar unha especie de ERE encuberto na Educación: ao cabo, iso significan as medidas adoptadas. Agora ben: repetindo urbi et orbi que todo o feito "non quere dicir que se produza unha diminución nos gastos sociais e, desde logo, que afecte á calidade do ensino." E como non?
Seica os profes españois están ben pagados en relación coa media da OCDE. Pode ser, pero díganme tamén… e canto gasta España en Educación en comparación cos célebres "países do noso entorno" cuxo éxito educativo quixeramos, polo visto, imitar? Os datos proceden do Banco Mundial: mentres Dinamarca, Suecia, Finlandia… están no 7% do PIB –Francia chega ao 5,7%, Bélxica anda polo 6,5%-, nós atinximos apenas o 4,5%. Queren que o paro español, dunha parte, e mais o nivel educativo, doutra, se comparen co finés ou co sueco? Fiscalicen, primeiro, o que fiscalizan os nórdicos e gasten logo en educación o que eles gastan. Os resultados, créanme, virán de contado!
Agora ben, se de veras fixésemos tal… Con que sorte de Apocalipse now ameazarían? Imaxinan con cales cifras de descapitalización do país e/ou aumento da célebre prima de risco chegarían a xogar? Coitado do Ibex 35!
Xa o explicou Dna. Esperanza (Aguirre): que é o que lles pasa aos obreiros deste país que só pensan en que os seus fillos se poidan matricular gratuitamente en cursos de golf, de equitación ou patróns de iates de recreo? Se tal financiásemos… que sería, entón, dos colexios de elite? Onde irían parar a elegancia e mais as clases sociais? Está claro que tanta democracia mesmo parece puro comunismo.

SÍNDROME DE INDEFENSIÓN ADQUIRIDA

Manuel Menor
Publicado en Xornal.com o 20.09.2011


Así llaman algunos psicólogos clínicos, para andar por casa –y para sacarles de la domesticación-, a quienes se achantan ante el insistente machaqueo de la autoestima que conlleva una constante persecución de acoso laboral de un superior a sus subordinados.
Hace tiempo que las declaraciones -y actuaciones- de muchos políticos me resultan cansinos, especialmente cuando se refieren a la educación. Desde los años noventa, no es fácil encontrar algún ministro de Educación –de derechas o de izquierdas- seriamente comprometido con la enseñanza pública: más bien les hemos visto flojos, débiles y cediendo terreno a la privada. Nunca han ahorrado a la educación untuosos parabienes que la práctica cotidiana han ido desmintiendo de manera sistemática. Es suficiente con contemplar la cantidad de problemas añadidos que ha supuesto atender, con dotaciones similares a las de antes, a un conjunto poblacional históricamente apartado de la enseñanza, cuando nunca hemos alcanzado la media europea de gasto por alumno. Su distribución, además, ha seguido en muchos casos un orden inverso al de la justicia distributiva. Relean a Santos Juliá (El País, 25/09/11) y verán cómo se ha aprovechado el dinero de todos en Madrid, potenciando sensiblemente la privada y concertada y descapitalizando cada vez más a la pública.
Últimamente, pero ya desde 2003, este afán denigratorio de la pública lo encabezan algunas mujeres. Siguen la pauta de cuando Aguirre fue ministra del ramo, con aquel afán suyo por demostrar fehacientemente que el derecho de todos a una enseñanza de calidad se puede torpedear prácticamente de manera impune en España. No se sabe si por masoquismo o por alguna otra excelsa vocación patológica, tienen en este país amplia cobertura mediática y un nutrido grupo de adictos, lo que les da alas para creerse vocacionadas para arreglar por la vía rápida el difícil trance del fracaso sistémico que tiene la educación española o las lacras de la madrileña en particular. Ahora mismo, con el pretexto de la crisis económica, quieren imponer a la mayoría ciudadana –incluidos muchos de los que las han votado- un sistema de tercera categoría, mientras aceleran los privilegios y atenciones a la enseñanza privada que, de seguir así tendrá en poco tiempo el control adicional del Bachillerato y la enseñanza superior, cada vez más exclusiva de unos pocos.
Cuando muchos de los ciudadanos afectados han tratado de hacerles frente, sus desplantes y formas mendaces nos hacen recordar las mejores maneras fascistas, con los añadidos de marketing político importado que Naomí Klein ha explicado tan bien en The Shock Doctrine: The Rise of Disaster Capitalism (Paidós, 2007). Sin que sea el único, el acreditado Josep Fontana, acaba de desvelar en un artículo que está circulando por la Red -“Enseñanza pública y democracia”- qué nos estamos jugando con esta apuesta. La frustración de los demócratas por la mediocridad que muestran estas sedicentes servidoras públicas ante micrófonos y cámaras, alterna cada día que pasa con el desespero cautivo ante el impune ejercicio de sordidez que perpetran con sus continuos atentados contra la sindéresis. Dicen que han sido elegidas democráticamente y que los actos de protesta son “políticos” –los de ellas al parecer son innominables. Parece que quisieran que la gente aceptara mansamente el síndrome de indefensión aprendida.

A TRISTE APARIENCIA DOS LIBROS DE PEGA


Jorge Emilio Bóveda.
Publicada en La Región o 30.09.2011


Nesta época de recortes nos piares básicos da sociedade, como son a educación pública e a sanidade, e de recortes no avance do sentido común humano (como se para liberar peso nun edificio non se nos ocorre outra cousa que recortar os cimentos), todo se quere dar a ver como realmente non é, ofrecendo a imaxe maquillada para pretender con iso que a todos nos invada unha sensación de normalidade. . E dinse a metade das medias verdades para manipular o sentir xeral, e emprégase a imaxe para tentar transmitir falsas sensacións que non teñen que ver co que realmente ocorre. Coma se se tratase deses libros de mentira que adornan os andeis.


E dinse a metade das medias verdades para manipular o sentir xeral, e emprégase a imaxe para tentar transmitir falsas sensacións que non teñen que ver co que realmente ocorre. Coma se se tratase deses libros de mentira que adornan os andeis dos mobles nas tendas de mobles, que os pobriños representan unha imaxe pero están baleiros de todo contido.

Igual que cos libros de pega, a nivel de educación e da 'política' de aforro amosouse a imaxe de que so se trata de que o profesorado traballe catro horas máis, cando realmente se traballa máis ou menos o mesmo e so se trata de xustificar neles uns horarios máis amplos para aforrar profesores. E logo, na práctica, ocorren dantescas imaxes de aulas masificadas e ausencia (ou compartimento con varios colexios) de profesores de apoio, nunha triste realidade que mina o futuro das futuras persoas que van coidar de nós. Pensémolo.

E non pensemos soamente que de nós van coidar as persoas que fixeron seus estudos no ensino privado -ao que non se recorta, por certo- pois as minorías coidarán só das minorías. E se descremos do público, o social tenderá a fracasar. Entre outras cousas (non me quixera estender de máis) díxose que os mestres e profesores se indignan porque as medidas de austeridade son dun partido político de dereitas, cando todos podemos ver como hai outras comunidades autónomas de dereitas que 'non 'recortan en educación, o que nos debería clarificar que os traballadores do ensino protestan ante as cousas mal feitas, non ante as cores políticas (coma se, ademais, puideramos considerar 'de esquerdas' o goberno de Zapatero). E tamén se dixo que os mestres non queren traballar, que queren librar o máximo posible, que teñen moitas vacacións, que fan conspiracións xudeo masónicas, que furgan no nariz, que van en contra dos nosos rapaces bonitos ou que son mala xente, o que tristemente nos dá a ver o imbuídos que estamos ante estas imaxes que nos amosan, como se cada realidade individual ou grupal con respecto ao sector educativo público non fose diferente (hai de todo, nugalláns e traballadores). Penso que deberíamos rexeitar os libros de pega e aprender a ler entre liñas. Iríanos moito mellor a todos.