A opinión dos docentes...non conta?

10 oct 2011

O STEG interpón un recurso contra o Decreto 118/2011

TRANSFORMACIÓN DE IES EN CIFP

Despois de solicitar en distintas Mesas
Sectoriais a retirada do Proxecto de Decreto
para a transformación destas ensinanzas e ante
a negativa da Administración a escoitarnos, o
STEG interpuxo un recurso contencioso contra
o Decreto 118/2011 polo que se transforman
institutos de educación secundaria en centros
integrados de formación profesional, se
fusionan centros educativos e se cambian
ensinanzas.
A primeira obxección ao Decreto atinxe ao
procedemento elixido para a súa aprobación
no que cabe criticar a grave falta de
participación das persoas afectadas pola
norma na súa elaboración.
A administración ten ignorado co seu
proceder o dereito da cidadanía e da
sociedade civil a facer efectivo o seu dereito
a “coñecer a actividade da Administración”
facilitando que “a sociedade asuma un papel
activo na vida administrativa”, tal e como
reza a exposición de motivos da Lei 4/2006, do
30 de xuño, de transparencia e boas prácticas
na Administración pública galega.
A actitude antidialogante e
xorda desta Consellaría impediu
minimizar o impacto deste
cambio de ensinanzas xa que
non contou en ningún momento
coa comunidade educativa
(familias, profesorado, direccións
e alumnado).
De terse feito coa transparencia e
información esixíbel a calquera administración
este impacto negativo tería sido moito menor.
Por todo isto, o STEG decidiu
amosar unha posición activa
impugnando o DECRETO.
O proceso iniciado será
previsiblemente longo, de
duración dificilmente inferior a dous anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario