A opinión dos docentes...non conta?

27 ene 2013

Por outra política educativa

-->
Un grupo de profesionais da educación, a maioría profesores e profesoras de universidade, reunidos en Sevilla os días 26 e 27 de outubro de 2012, preocupados pola situación do sistema educativo e alarmados pola evolución da política educativa, con obxecto de animar o debate e de xerar un compromiso con mellorala, declaramos:



1. EDUCACIÓN. En contra do sesgo economicista do anteproxecto de LOMCE, o obxectivo da educación comprende o desenvolvemento humano e a cohesión social. Mulleres e homes deben poder formarse como persoas completas, cidadáns responsables e traballadores cualificados. A sociedade precisa da escola para asegurar niveis adecuados de benestar, liberdade, xustiza e equidade.

2. DEBATE. Necesitamos un auténtico debate nacional que permita a reconstrución, no seu caso a refundación, do sistema educativo sobre a base dun amplo acordo social e non, trala negativa a un pacto de Estado, unha lei revanchista e ideolóxica, sen diálogo coa oposición nin co mundo da educación, apenas maquillada cun nada fiable foro virtual.

3. ESCOLA PÚBLICA. A escola é a columna vertebral da cidadanía. A nosa peculiar historia legounos un sistema dual, e o goberno emite alarmantes sinais de desdén pola escola pública e apoio ao ensino privado e confesional. O deber das administracións é articular un sistema público de educación igualitario e efectivo cunha xestión eficaz e eficiente do subsistema estatal e unhas regras claras e cohesivas para o privado.

4. CALIDADE. Non existe un consenso sobre a noción de calidade educativa. Estase impoñendo unha visión restrinxida ás cualificacións obtidas en exames e probas, internas e externas, de papel e lápiz, baseadas nunha concepción factual e declarativa do coñecemento que empobrece o sentido da aprendizaxe e a educación. Os resultados escolares entendidos así non son un indicador sostenible da calidade educativa.

5. FRACASO. O fracaso non é anónimo; ten nome, historia e cultura. Non se produce súbitamente. É o resultado dun proceso que se pode identificar e prever. Ten que ver co tipo de contido, descontextualizado e sen sentido, que se ensina e avalía e cun proceso de ensino e aprendizaxe que non facilita nin promove que o alumnado estableza conexións e elabore os seus propios significados e coñecementos.

6. SOLIDARIEDADE. A resposta ao elevado fracaso escolar, e o subseguinte abandono, non debe ser naturalizarlo senón, pola contra, concentrar medios diferenciais e adicionais sobre grupos e individuos en risco, é dicir, perseguir os obxectivos comúns con medios cuantitativamente superiores e cualitativamente máis adecuados. Por contra, a lei acepta ese fracaso como inevitable e o goberno elimina os programas de educación compensatoria e atención á diversidade, abandonando á súa sorte aos alumnos máis vulnerables.

7. REPETICIÓN. Lonxe de abordar o problema da repetición de curso, que España encabeza en Europa de forma esaxerada, mostrouse indiscutiblemente ineficaz, resulta económicamente custosa e ineficiente e constitúe unha das principais causas endóxenas do fracaso escolar, o goberno parece querer ampliala, sistematizala e convertela no determinante da segregación temperá.

8. ITINERARIOS. Adiántase a idade na que se crean itinerarios de feito irreversibles. Preténdese segregar ao alumnado desde 3º de ESO, aos catorce anos, reducindo en dous o tronco común, e converter a primeira orientación cara á formación profesional nunha vía morta, repetindo así o erro da LOXSE, e engádense mecanismos que ameazan con adiantar a segregación ao segundo curso. A maioría de países cuxa comprensividade chega aos dezaseis obteñen mellores resultados que os que segregan a idades máis temperás. A segregación do alumnado con peores resultados tradúcese nun ensino de calidade inferior por efecto dunha profecía autocumprida.

9. AVALIACIÓN. Na educación obligatoria a avaliación debe ter un claro propósito formativo, de coñecemento e apoio aos procesos de aprendizaxe e desenvolvemento persoal. Unha avaliación excluínte, sancionadora e de control -como suscita o anteproyecto-, baseada en probas frecuentes e estandarizadas, é contraria ao seu sentido educativo e á diversidad humana, xerando abandono e exclusión. A avaliación do sistema require unha revisión a fondo para garantir que a sociedade e a comunidade escolar dispoñan de información relevante, a través de procesos transparentes e democráticos.

10. RECURSOS. Sen entrar nas súas causas, sabemos que os efectos individuais e colectivos da crise concéntranse nas persoas e países con menor nivel de formación. Sabemos que a economía que rexurda dela e os novos empregos non serán os mesmos, senón que requirirán unha forza de traballo máis cualificada. Por iso é esencial, precisamente en tempos de crises, un esforzo cuantitativo e cualitativo en educación.

11. AXUSTES. Conscientes de que é máis necesario que nunca mellorar a eficacia e a eficiencia no emprego dos recursos, entendemos que hai marxe para mellorar o traballo dos educadores. Hoxe é máis importante o esforzo de todos, incluída a colaboración entre as administracións e o profesorado, con máis e mellor achega presupostaria e profesional, así como unha reorganización flexible dos centros. Pero non se pode confundir unha política de racionalización e modernización cunha de recortes indiscriminados.

12. SERVIZOS. Os gobernos central e autonómicos están recortando partidas que consideran non esenciais: comedores, rutas, libros de texto, actividades extraescolares ou a xornada escolar mesma. Con todo, no medio desta crise e sabendo como afectan ao desempeño escolar as condicións de vida, a opción debe ser a oposta: asegurar a gratuidade de transporte, comedor e material escolar, así como evitar a intensificación da xornada escolar e propiciar un horario de apertura máis amplo.

13. CIDADANÍA. A cidadanía require acceder a coñecementos e desenvolver actitudes acordes co carácter liberal, democrático e social do noso Estado de dereito. É dicir, que propicien o respecto á lei e as normas de convivencia, a aceptación doutras opcións e formas de vida admitidas pola Constitución e as leis, un compromiso participativo coa democracia, e a cohesión e a solidariedade sociais. Isto esixe un consenso sobre ideas e valores compartidos e tolerancia activa cara a outros non compartidos.

14. SEGREGACIÓN. A LOMCE avala a segregación por sexos en centros concertados, hoxe fundamentalmente centros promovidos por organizacións ultraconservadoras. A escolarización conxunta proporciona unha socialización positiva e irrenunciable nunha sociedade aínda marcada pola desigualdade de xénero.

15. CCAA. Leis e políticas deben respectar o ámbito competencial das comunidades autónomas, no canto de utilizarse como instrumentos de centralización, uniformización e control burocrático. Isto non é óbice para reclamar transparencia, mobilidad, coordinación e coherencia en todo o ámbito do Estado.

16. AUTONOMÍA. É necesario responder ás necesidades da comunidade con autonomía curricular, organizativa e de recursos. A autonomía non debe dirixirse á rivalidade entre centros, senón ao aprovetamento diferencial dos recursos. Require un proceso de responsabilización social, o oposto a merma da participación que suporía a conversión dos consellos escolares en meros órganos consultivos.

17. TRANSPARENCIA. O sistema resulta en moitos aspectos opaco para os profesionais, a comunidade escolar e a sociedade. Precísase potenciar ao máximo a transparencia, permitindo o acceso á información sen outra restrición que o respecto á propia imaxe e á intimidade. Hai que desenvolver indicadores fiables do desempeño docente, o funcionamento dos centros, a implementación de proxectos, os resultados de programas e políticas e o estado xeral do sistema, pero sen distorsionar con eles os procesos de ensino e aprendizaxe.

18. PARTICIPACIÓN. A participación é un dereito das persoas e un principio constitucional. Debe reforzarse como forma de pertenencia, motivación, concienciación, formación e corresponsabilidade social. Resulta imprescindible potenciar a liberdade de pensamento e de expresión do alumnado, así como a súa autoorganización e participación na vida do centro. A participación esixe poder de decisión. o oposto ao control autoritario. Preocúpannos signos evidentes de empobrecela e recortala presentes no texto da LOMCE.

19. DIRECCIÓN. Hase de acentuar o carácter pedagóxico da dirección (coordinación, innovación...) fronte á visión xerencial do anteproxecto. A dirección ha de garantir o exercicio de deberes e dereitos da comunidade e a elaboración, desenvolvemento e avaliación do proxecto educativo de centro, e non debe ser un mero representante da Administración ou do claustro docente. Un liderado compartido é máis coherente co carácter da escola.

20. PROFESORADO. O sistema educativo fúndase na confianza no docente e a súa capacidade profesional. Por iso merece apoio e recoñecemento no exercicio da súa función, máis en momentos de cambio social e incerteza. Debe ter un compromiso claro cos seus alumnos, o seu centro e a educación mesma, e unha actitude cooperativa coas familias e a comunidade. As actuais condicións e propostas lexislativas derivan competencias a outros axentes, expropiando aspectos centrais do seu labor. É fundamental mellorar formación, selección, desenvolvemento profesional e avaliación.


Esperamos que esta declaración contribúa a impulsar a reflexión e o diálogo así como un compromiso xerador de esperanza e de optimismo. Nada pode ser peor que lanzarse coa maior eficacia na dirección equivocada.

Sevilla, 27 de outubro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario