A opinión dos docentes...non conta?

13 may 2013

Véndese Galicia: 20 empresas "galegas" modelo.

Valentín Carrera
Xornal de Galicia, 6 de maio de 2013.

O xornal decano da prensa galega, Faro de Vigo, pertence ao inversor canario Javier Moll; Edicións Xerais ao grupo francés Havas; o Banco Etcheverría a un millonario venezolano; Reganosa está participada por Alxeria e o famoso "operador galego" R pertence a unha empresa de Luxemburgo.

Citröen é francesa; Censa, chinesa; Fenosa, catalá e Celulosas de Pontevedra, vasca. Leite Celta foi americana e é portuguesa; e os balnearios da Toxa, Guitiriz e Mondariz teñen sé central en Massachusetts. De Pescanova hai tempo que se perdeu o rastro dos seus enrevesadas participacións internacionais.

O asteleiro vigués Barreras xa é mexicano e, namentres, o superheroe financeiro, José María Castellano, segue buscando inversores da City aos que colocar definitivamente o morto doutra empresa galega modelo, Novagalicia Banco.
En Galicia véndense pazos, castelos e aldeas enteiras. Ningún sector estratéxico está en mans galegas: nin a propiedade nin a xestión. A banca, o naval, alimentación, enerxéticas, autopistas, as vinte empresas que seguen son líderes en saqueo dun país colonizado. A lista completa é moito máis extensa e tan grave que require dunha investigación a fondo. Quizais tamén en sé parlamentaria. Alguén debería responder á pregunta, está Galicia enteira en venda?

-Banco Etcheverría: o máis antigo de España, fundado en Betanzos en 1717, adquirido en 2012 por Banesco (Venezuela).

-Banco Pastor: adquirido en 2011 por Banco Popular

-Banco Galego: vendido polo FROB en 2013 ao Banco Sabadell

-Citröen Vigo: Propiedade 100% grupo francés PSA-Peugeot-Citröen

-Fenosa: fundada en 1943 por don Pedro Barrié da Maza; en 1982 pasou a ser Unión Fenosa, que foi absorvida por Gas Natural en 2008; ningún galego no consello de administración, no que si está Felipe González (¡)

-Celulosas de Pontevedra: Propiedade da empresa vasca Retos Operativos XXI, de Alcor Holding S.A. (Alberto Cortuna), Liberbank, etc.

-Reganosa (ría de Ferrol): Propiedade ao 10% da empresa de Alxeria Sonatrach Petroleum Investment; 21% de Gasifica S.A., á súa vez propiedade de GasNatural e outras; 15% First State (a Comunidade Autonoma Galega posúe un 17% e o grupo GADIS un 20%).

-Gándara Censa: Adquirida en 2011 por CITIC (Chinesa International Trust and Investment Corporation)

-R (Telecomunicaciones): O famoso "operador galego"  é propiedade ao 70% do grupo Capital Partners (CVC, Luxemburgo).

-Autopistas do Atlántico: Desde 2005, propiedade de Sacyr-Vallehermoso.

-Pescanova: propiedade de Sociedade Anónima Damm (6,183%,; Luxempart (5,837%), Alqueire (5,050%), FBA-The Icelandic Investment Bank (5%) e Silicon Metals Holding (5%), entre outros.

-Leite Celta (Pontedeume): propiedade do grupo estadounidense Dean foods que a vendeu en 2006 á portuguesa Lactogal.

-Fadesa: creada nos anos setenta polo gran empresario coruñés Manuel Jove; vendida a Fernando Martín (Martinsa) en 2006, tras o cal desmanteló a súa sé na Coruña con despedimentos masivos e puxo a sé en venda.

-Balnearios de Guitiriz e Mondariz: Propiedade da multinacional TripAdvisor, con sé central en Massachusetts que, por suposto, tamén gestiona o Gran Hotel A Toja (así figura na súa web).

-Faro de Vigo: Adquirido en 1986 por Editorial Prensa Ibérica (Javier Moll, Canarias), tamén propietario da Opinión de Coruña.

-Edicións Xerais de Galicia: Propiedade do Grupo Anaya (Salamanca), adquirido polo grupo francés Havas.

-Barreras: Adquirida polo grupo mexicano PEMEX en mayo de 2013 (suma e segue)...

No hay comentarios:

Publicar un comentario