A opinión dos docentes...non conta?

4 ago 2013

Wert, a súa excelencia.

Pedro Armas.

Publicado en La Voz de Galicia o 03.08.2013

Wert, ministro da excelencia, non é excelente para os españois. Segundo o último barómetro do CIS, obtén un 1,5 sobre 10, un suspenso moi baixo, na súa valoración como ministro.
Con todo, José Ignacio Wert esixe excelencia aos demais. Esixe máis requisitos académicos, máis notas e máis créditos aprobados para optar a unha bolsa universitaria. O ministro do 1,5 esixe ao estudante un 6,5 na parte xeral da selectividade.
Os seus argumentos formais susténtanse sobre principios variables: equidade, equilibrio, esforzo, estímulo, excelencia. Os seus argumentos de fondo susténtanse sobre principios inconfesables: desequilibrio orzamentario, discriminación da educación pública, esforzo ideolóxico, estímulo da educación privada, segregación social.
Wert non é excelente nin en demagoxia, cando manipula os conceptos de rendemento individual e gasto colectivo para distraer aos demais, discutindo sobre notas e puntos, cando  a única medida política debería ser o aumento do investimento en bolsas e o único requisito para gozalas debería ser o nivel de renda familiar dos candidatos. O acceso ao ensino superior é un dereito. O investimento aí non é un gasto. Un gasto é a fuga de excelencia coa fuga de cerebros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario