A opinión dos docentes...non conta?

25 jun 2015

Supresións de estudos no CIFP Portovello: unha historia repetida

Cumpríronse catro anos da supresión  de estudos no IES Portovello, daquela foi o Bacharelato, agora tócalles aos ciclos de Técnico de atención a persoas en situación de dependencia e Educación Infantil.


A historia repítese e os métodos tamén. Sen ter en conta as circunstancias persoais e famililiares dos noventa e sete alumnos que escolleron a modalidade modular por adecuarse aos seus horarios, agora a consellería de maneira unilateral e sen negociar con ninguén decide suprimir os citados módulos e remitir ao alumnado á modalidade á distancia. Unha vez máis non se respetan as condicións que a propia consellería puxo nun principio cando estes alumnos se matricularon en primeiro curso. Unha vez máis o abuso de poder e a inseguridade xurídica, son o emblema dunha consellería xorda e cega aos dereitos adquiridos dunhas persoas que fan a súa opción en relación cunha oferta feita no seu día pola propia consellería. Unha vez máis se utiliza o decretazo sen explicación e, faise, con premeditación, nos últimos días do curso.

Non, así non. De novo téntase disfrazar a realidade, neste caso, ofrecendo novos módulos de formación. Hai catro anos, tamén pretenderon enganar ao persoal implantando iso que chaman Formación Dual e Centros Integrados de Formación Profesional. A realidade, por moito que se empeñen en tratar de disfrazala, é outra: outro recorte máis na oferta educativa, unha cuestión puramente económica. Sustitúense modalidades presenciais, por ensinanzas a distancia. O deterioro da calidade educativa é patente e a proba desta política témola hoxe diante dos nosos ollos: ao tempo que se pechan modalidades de formación para persoas adultas no ensino público, ofrécense novas ofertas de formación para as mesmas persoas, nos centros privados.
Xa está ben. Non podemos quedar calados diante dun recorte, outro recorte e outro máis...as condicións na ensinanza pública nos últimos anos foron - contra o que opinan algúns- cambiando considerablemente: máis alumnos por aula, incremento de carga horaria do profesorado, menos recursos dotacionais, menos recursos para as ensinanzas especiais, para a integración, unha concepción segregadora do ensino e unha filosofía que se desprende da LOMCE, que nos retrotrae corenta anos atrás. Xa está ben...solidarizámonos co alumnado do CIFP Portovello e hoxe, 25 de xuño, igual ca hai catro anos e, por razóns semellantes, acudiremos á manifestación convocada ás 20 horas diante da subdelegación do goberno.







No hay comentarios:

Publicar un comentario