A opinión dos docentes...non conta?

3 jul 2012

Mamá, quero ser político


foto de Ignacio Bermúdez de Castro
La Voz de Galicia

Os nenos, que son como esponxas, xa non din aquilo que de maiores desexarían ser bombeiros, policías ou futbolistas. Iso era antes. Agora, sobre todo os máis vagos, sóltanlle á cara ao proxenitor de quenda que a súa verdadeira vocación é a de ser político, pois segundo se di no colexio, non dan pau á auga e cobran máis que ninguén. Outrora, tampouco fai moito diso, metíase en política a xente realmente preparada, aínda a pesar de que iso lles supuxese un importante quebranto nos seus ingresos. Todos adoitaban ser profesionais de prestixio que optaban por dedicar uns anos da súa vida a contribuír ao benestar xeral, para, unha vez desempeñada o seu labor público, regresar aos seus magníficamente remunerados postos de traballo.
Non crean que isto é malo, pois así se evitan tentacións de pór o cazo. Pola contra, hoxe en día, e por suposto sen xeneralizar, moitos dos nosos representantes métense en política, literalmente, porque non teñen outro recurso dada a súa escasa cualificación profesional. Mentres isto siga sucedendo, as cousas seguirán indo como van. ¿Alguén no seu san xuízo cre que España necesita 400.000 políticos, o dobre dos existentes en Italia ou Francia? Os recortes teñen que empezar por eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario