A opinión dos docentes...non conta?

7 ago 2012

A educación, primeiro

Cástor Rodríguez González - O Rosal


Publicado no Faro de Vigo. 07.08.2012


Neste momento de "totum revolutum" que nos toca vivir non estaría por demais poñer a mente a traballar na reflexión. Porque parece que andamos bastante á lixeira cando falamos, opinamos, alborotamos o problema é que cada un facemos a festa segundo a fai "Vicente". Ten moito que ver isto co que decía Ortega cando falaba do "home masa". Parece que a historia se repite.
Buscamos a solución máis particular e concreta, sin pensar máis alá, sen preocuparnos das consecuencias. O individualismo está claro, ata cando votamos caemos no concretismo para favorecer a nosa cobiza particular.
Penso que teriamos que escoitarnos a nós mesmos cando pensamos nas nosas cousas e poñer a fermentar esa "masa" da que falaba para que xuntos, coas minorías intelixentes, podamos compartir un bo pan.
Todos intentamos buscar a nosa solución ós problemas nos médicos, nos xulgados, nos políticos, nos xefes dos traballos€, e nos queixamos sempre de que moitas cousas non funcionan.
É triste ver como se xoga co diñeiro dos demais, como se manexan millóns no pago das malas xestións, e, aínda que foran boas, non hai porque pagar tanto a uns e tan pouco a outros. Os impostos se evaden para salvar a enchente pecuniaria, e só tributan ben os currantes de turno€
Memorando un pouco ó sabio Aristóteles, ten que haber unha causa primeira eficiente da solución. Eu a teño clara: a educación. Mentras este país non teña un sistema educativo que marque os camiños dos valores que nos leven a realizarnos como persoas non funcionarán as cousas. Sí, os nosos políticos que se poñan a traballar xuntos, coa axuda dos grandes filósofos e intelectuales, que os hai, e constrúan un sistema que dure adatándose ós tempos. Que a carreira docente sexa unha verdadeira enxeñería. O termo educación ven da palabra latina "duco" que significa conducir. Para conducir ben nas estradas que van desde infantil ata universidade, inclusive, hai que ter un bo carné para que se poidan evitar todos os accidentes posibles.
Un bo sistema educativo vai conseguir grandes profesionais na propia educación, na medicina, na xustiza, na función pública Por iso digo: A educación, primeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario