Rosa Enríquez

Esta nova característica das guerras, a moralización, permite que sigamos estendendo as nosas gadoupas en territorio alleo e disfrazar unha declaración de guerra de 'conflito'. O eufemismo sempre axuda a convivir mellor coa crueldade que exercemos sobre 'o outro'. En todo caso, cómpre ter claro que non todas as guerras teñen o mesmo grao de ocultación. Hai algunhas que, de feito, son normalizadas até tal punto que xamais, fixénse ben, xamais, serán contempladas dese modo. O caso da represa de Belo Monte é unha desas guerras fragmentarias, vividas a intervalos, cunha violencia admitida polos nosos ollos occidentais, sempre en exceso xenerosos coas propias eivas. Quen se pon no lugar das tribos indíxenas? Quen comprende a agresión que se comete, non só contra estes habitantes da Amazonía, mais do ecosistema, en prol da modernidade civilizadora e dun 'presunto' ben común para a obtención de enerxía eléctrica? Sarkozy dende logo non. Talvez por iso, se permitiu 'ningunear' o xefe indio Raoni co que se comprometera públicamente a manter unha conversa ao respecto da instalación da devandita central hidroeléctrica.
O ser humano non sabe convivir. Non respecta á natureza, xa que logo non desenvolve a súa vida nela, mais sobre ela. O xefe indio Raoni ten moita razón e dalgunha maneira pode devolvernos a confianza na nosa especie. Creo que nin Sarkozy, nin moitos outros dirixentes occidentais, merecen o privilexio de departir con este home sabio. Carecen da intelixencia suficiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario