A opinión dos docentes...non conta?

23 mar 2013

O destino dos selectos.

Manuel Menor Currás
(Completando un correo que me enviaron o 21 de marzo e a algún outro
engadido)

Amigos ensinantes e preocupados polo ensino español...

Hora é xa de ver qué se estuda nos "mellores colexios", privados
e concertados -ou en proceso de implementación en moitos
centros públicos-, co fin de que os seus respectivos "clientes" queden
en disposición de competir polas escasas prazas laborais que poidan
saír a concurso e, sobre todo, de aquelas que se xeren polo coñecido
procedemento de "dixitalización amical". Como queira que os tipos de
exame básico ou reválida -inminente a todas luces- determinan xa
en gran medida que mereza a penaestudar en calquera centro de estudos
que se precie de "selecto" e que se ocupe en primeiro termo de producir
"emprendedores" a ultranza, é de gran importancia para o ben patrio
observar qué coñecementos e competencias se  lles esixirá
desenvolver axeitadamente aos
candidatos.

Neste sentido parece moi coherente  observar o que nos mentados procesos
de selección de persoal cualificado se está pedindo xa que pode servir de
boa referencia para entender a qué cambios metodolóxicos e curriculares
temos que estar abertos nos nosos centros. 

Cando a vida real vai moi por diante da LOMCE, todo isto vén ao caso neste
momento preciso no que tiven acceso -a través dun correo electrónico anónimo-
a un exame para altos cargos gobernamentais de agora mesmo. É un modelo
que ben nos pode servir de ilustración para írmonos facendo cargo do que
dende cativos habemos de tratar de inculcar aos destinatarios do artigo 27 da

Constitución española actual e que, en parte, xa vimos aplicando máis ou 
menos inconscientemente.

Presuntamente, os actuais ocupantes da maior parte de despachos
ministeriais e autonómicos -"os mellores" nunca habidos, segundo reiteran a
cotío- tiveron que saber responder a unhas cuestións rutineiras de exame
selectivo antes de acceder impasibles aos seus cargos.
Estas son as principais (e non tan secretas), coas súas correspondentes
indicacións orientadoras:

1. Explique brevemente que é un despedimento con indemnización en 
diferido en formato de simulación (Exercicio obrigatorio de
camuflaxe lingüistica, en que non pensara Saussure). Valorarase a creatividade.

2. Se un tesoureiro dun partido político é capaz de amasar unha fortuna
de 38 millóns de euros durante 20 anos... calcule cantos fins de semana
pode irse a esquiar a Canadá (Pode usarse, respecto disto, "O Capital", de Marx

só con este fin e según se explica en Cambridge e Boston).

3. Se un petroleiro se parte en dous en alta mar en fronte das costas
galegas e solta 60.000 toneladas de chapapote. Cantos "hilillos de plastilina"
recollerán os afectados sen axuda do seu Goberno?
(Suponse que estudaría vostede algo de "Física recreativa"
e outro chisquiño  de "enxeñería xudicial" que dicimos agora  
e, senón, debeu prepararse con algún bolseiro del CSIC recén desposuído
da súa bolsa en I+D nestes últimos meses).

4. Cantos quilos de confetti se poden comprar con 3.000 euros? (Non
está permitido o uso de calculadora nin doutros aparellos electrónicos;
tampouco cabe escusarse como faría o concursante como se fose
un asunto irrelevante)

5. Localice e borre do mapa a Cataluña (O candidato debe traer ao
exame os "Xogos reunidos", en versión de 1956. Non é de proveito saber cantar
con entusiamo Els Segadors)

6. Se temos 6 millóns de parados e unha poboación activa de 23 millóns e
aqueles van aumentando de 100.000 en 100.000 todos os meses, diga cando hai
que chamar a Bruxelas para rescatar aos bancos (Non diga nada...,
se non estudou vostede o tema de oposicións que falaba de Chipre. Tampouco
diga nada se estudou o Tratado da Unión Europea, en versión oficial: o
candidato ten que demostrar que coñece ben a Maquiavelo, en remasterización
do Tea Party; vale tamén a da FAES).


7. Como se escribe desafiuzamento, con sangue, con suor ou con bágoas?
(Preparar este exercicio co MIRANDA PODADERA  e non dedicarse a twitear
mentres se pon con esta historia).

8. Cre vostede na Virxe do Rocío? Razoe a súa resposta
(Explicáronlle no seu colexio algo de Freud? Se non é así, non se preocupe:
permitirémoslle unha chamada á nosa amiga, a Sra. Báñez).
Para o seu razoamente é opcional que vostede traia a Virxe da súa aldea.

9. Se temos un hospital público e imos pechando camas e despedindo
médicos e enfermeiras para despois privatizalo, calcule cando empezaremos
a poñer liteiras e cantos cadaleitos imos ir necesitando por semana
(Este tipo de exercicios debería vostede telos preparado pola
Aritmética do DALMAU CARLES, do ano catapún chimpún...,
pero non se preocupe, calquera cousa que diga parecerase pouco
á realidade futura: xa é realidade.
O importante é que quede bonito como o conte e que vostede se mostre
completamente desinhibido ao facelo. -->

10. Se o matrimonio entre dous homes é malo, e o formado por dúas 
mulleres tamén É aceptable o dun home homosexual e unha muller
lesbiana? Razóeo (Seralle imposible contestar se non controla a
gramática xenerativa e outras lindezas transformacionais da linguaxe.
Supostamente, debe saber algo do "novum organum" de F. Bacon,
das taxonomías de C.Linneo e de Humboldt... Vostede verá se lle axuda
a abundante documentación da CEE, pero non se fíe moito).

11. Se temos un corredor estreito e metemos moita xente 
nel ata que se esmaguen. Cantos quilómetros hai ata "o spa"
de luxo máis próximo? Mesmo pensaramos poñer aquí, como término da viaxe,
SUIZA, que está mellor, pero non queremos complicarlle a vida coa xeografía
física  e a súa accidentada e bancarizada topografía. O importante é que ao
chegar a esta cuestión, demostre a súa capacidade de relacionar
transversalmente os seus saberes .Queremos ver como casa vostede
 a Adam Smith, Federico Engels, os
Irmáns Marx e o urbanismo que, abofé, observaría ao
seu arredor. Se é de Valencia, algunhas cousas de Calatrava
-e arredores- poden serlle moi útiles respecto diso. Tamén pode
esperar a que coñezamos a fondo "os papeis de Bárcenas" e
demais bibliografía cualificada, pero esta información estase enleando...
Isto non será escusa: deberá contestar mellor cós seus colegas se quere nota.

12. Se a Xunta de Galicia decide poñer unhas taxas para
poder comer no comedor escolar aos alumnos
transportados (forzosamente) e estes non poden
levar "taper" nin bocata...Calcule cantos "socios"
do partido gobernante formarán parte da empresa
que subministre a comida aos comedores escolares.

En fin, o informe que me pasaron é máis complexo e engade algunhas
cuestións de non menor importancia e interese, pero que polo prolixo
que é explicalas e o desinhibido que se ha de estar para
entendelas (nun momento como este en que xa non se entende nada),
só recordaremos aquela caracterización básica orixinaria que estáno fondo
e nas formas e que a súa vez traslocen tras este duro modelo de
reválida de complexos coñecementos e destrezas. Tanto o refinado do mesmo
como a súa pretendida busca de selección axeitada para os altos destinso dos
que logren pasalo , parecen partir da indubidable existencia -segundo
aseguran-  da "envexa igualitaria" incapaz de admitir que os fillos dalgunhas
familias son especiais, distintos dos dos demais cidadáns, e destinatarios
das plusvalías produtivas do traballo alleo. Esta distinción "natural" (case
exclusivamente coñecida -e defendida- pola clase dominante) é a
que parece estar detrás daquela significativa exclamación que adoita
oírse ás veces: ¡Que se fodan!..., tan vulgar como definitoria das
condicións do xogo. Por aí van os tiros, segundo poderá deducir cada quen.
...........

NOTA.- É posible que este informe de referencia, ao que se fixo alusión, chegase a outras mans que vexan pertinente engadir algo máis: que non se priven de aumentar,corrixir e enriquecer esta información. É evidente que admite outras achegas  dos nosos lectores, especialmente no relativo a avaliación e promoción dos candidatos máis "excelentes" (para o cal poden guiarse por el paradigmático proxecto da LOMCE, tan centrado no que á competitivade se refire. O resultado acumulativo das achegas duns e outros lectores talvez nos axude a entender mellor o que está pasando coa Educación pública e outros servizos do Estado por exemplo; cal será o seu destino manifesto e qué percorrido  lles agarda, con todas as benzóns de moi excelso varóns.
-->En todo caso, pasade a outros esta información... Todos deben recordar que volve estar en fase de vigorosa recuperación -servatis servandis- aquel  vello lema: "Cando un monte se queima, algo seu se queima". Debemos completalo pronto con aquelo do "Sr. conde" que entón nos inducía a non perder de vista La Codorniz?
Os exames dos "selectos" é o que teñen.

¡Boa primavera!

No hay comentarios:

Publicar un comentario