A opinión dos docentes...non conta?

27 dic 2013

A Óscar, in memoriam


Co estupor pola perda do compañeiro, os versos de Celso Emilio martelan unha e e outra vez nos nosos oídos... 

Pasaron os cabalos da noite
e veu a ialba.
Madre,
iste é o país das bágoas.

Pasaron os cabalos da noite
agallopando.
Madre, 
iste é o país do pranto.

Coma un vagalume senlleiro
estar quixera
cheo de luz nos carreiros.

Pasaron os cabalos da noite 
coma un vento mouro.
Madre, 
os cabalos deixáronme orfo.


Hei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.(...)

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han vir cheos de escumas.
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.

E pois que cada tempo ten o seu tempo,
iste é o tempo de chorar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario