A opinión dos docentes...non conta?

24 jun 2016

Portovello e Conservatorio 2016: a loita continúa...


Sobre a situación dalgunhas ensinanzas aquí en Ourense pola que estamos loitando todas as OOSS que estamos na Xunta de Persoal de Ourense.

No CIFP Portovello elimínanse definitivamente a educación presencial de persoas adultas nos ciclos de ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA, ciclo superior de EDUCACIÓN INFANTIL, e ciclo superior de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS.
O curso pasado a consellería xa intentara eliminar as ditas ensinazas pero logo das mobilizacións de alumnado, comunidade escolar e apoiadas por amplos sectores da provincia a consellería dera marcha atrás e os  ciclos seguiron ofertándose na nosa provincia.  Este curso a consellería volve á carga e os eliminan definitavamente. Como agravante está o feito do desequilibrio territorial pois OURENSE sería a única provincia sen unha oferta completa nestas tres modalidades. Como consecuencia das mobilizacións que se levan efectuado neste final de curso comprometéronse a estudar "o tema" (moito nos tememos que se estea aproveitando o inicio do verán para intentar a desmobilización -estratexia repetida da consellería-).

No  Conservatorio de Música Superior dende hai dez anos a demanda de prazas  o conservatorio de Ourense non se está a cubrir (este ano hai 120 prazas de demanda e a oferta son 33 ), era só cuestión de tempo que a iniciativa privada aproveitase o nicho de negocio. Neste mes a Consellería de Educación dá permiso para que se abra un conservatorio privado nas instalacións de Maristas con 280 prazas. Como sabedes a LOMCE abre a posibilidade de que por interese social se concerten ensinanzas non obrigatorias, moito nos tememos que nos próximos cursos camiñemos na nosa cidade cara a concertación deste conservatorio e a adxudicación a esta entidade do Bacharelato Artístico pola rama musical xa que terían profesorado que o podería dar. Nesta última semana as OOSS levamos traballando da man para pedir a consellería que cando menos a demanda do conservatorio  público se cubra con prazas no ensino público. Seguimos na loita e para iso propoñemos dúas inicitivas:
  1.   Acudir, as persoas que poidades,  á concentración que terá lugar na porta da Delegación o luns 27 á unha da tarde xa que a dirección do centro vai ter unha reunión coa XT a esa hora e nos piden que os apoiemos acudindo ás portas da delegación.
Como vedes, seguen os recortes e a progresiva privatización do ensino.

Un saúdo.
STEG Ourense

No hay comentarios:

Publicar un comentario