A opinión dos docentes...non conta?

11 jul 2016

Para non perderse nas repeticións, hai que avogar pola lectura e os bos mestres


Na equívoca provisionalidade do presente, o único modo de non perder o tempo e o seu sentido é escorrentar a ignorancia e a superstición: ter bos mestres e lelos.

Aínda hoxe, os que non leron a tempo Rayuela (en 1963), séntense sorprendidos polas instrucións que dá Julio Cortázar sobre como seguir lendo a partir do capítulo 56. Os que se tomen a molestia de seguir tan detallado número de orde, concluirán con benevolencia que -salvo o que prescriban sabios hermeneutas- esta canónica secuencia é tan atrabiliaria como calquera outra, propicia sempre á confusión. En total, son 175 capítulos, e cando o autor trata de orientar o lector no seu labirinto, vaise máis ou menos pola metade das súas páxinas.

Provisionalidade

Cincuenta e tres anos máis tarde, con máis pasado que futuro -e con máis memoria que proxectos-, o impasse postelectoral que nos tocou, logo de seis meses de parsimoniosa provisionalidade gobernamental, non gaña en claridade de indicadores. A indecisa realidade só achega múltiples repeticións, pistas que despistan, volta a empezar de Penélope á roca, sen que se adiviñe un sentido direccional orientador. Coma se alguén barallase mal os días, volvemos ter diante revisións do devandito, consignas insolventes e mensaxes xa oídas que nada nos din ou descolocadas á mantenta. Cursamos xa todo isto moitas veces, aumentou a nosa desmemoria e, sen desentrañar o misterio do que sucede, temos a tentación de reescribilo como profecía sen incurrer en tautoloxía.

É verán e podemos non crelo, pero a incredulidade desaparece con só revisar unas cantas primeiras páxinas de prensa. A infraestructura, a estrutura e a superestructura do que acontece andan descabaladas, como nun bosque desanimado e carente de carreiro a ningunha parte: nin se sabe se imos moi apresa ou moi amodo, como nos atascos de autopista. O movemento é incerto, como de tartaruga detémonos e arrincamos bruscamente para volver ao momento morto e volver frear. Tantas veces o fixemos xa que é imposible levar a conta do que vai e vén, desde cando non votabamos porque non dabamos a talla e eramos “democracia orgánica”. Ata agora, que tan maduras nos din estar as institucións, que aguantan todas as fechorías e o retorcimiento das súas palabras máis fermosas.

O labirinto

Mira que é mala pata que haxa unha crise e todo pareza sen xeito nin modo. Agora que iamos tan ben, que o PIB, o crecemento e o emprego parecía que se disparaban, o medo tivo que volver para que non se despistase o rebaño. E fíxoo ben, case perfecto, coma se unha vontade de Deus salvadora houbese sobrevenido. Pero deixou outra vez a sensación de provisionalidad, de que non se sabe ben en que momento estamos e xa o cronolóxico non coincide co vivido, como empezan a supoñer ospensionistas.

É momento multiforme, como cabe sospeitar da ambigua mensaxe da OCDE, sempre tan atenta a contentar a tirios e troianos polo si ou polo non. Case podemos discernir os tranquilos avances do cansazo e a corrupción que non cesan. Imos postergando o postergable e o presente vólvese outra vez ingobernable, de tan nídio que pode aparecer a cantos tratan de ver ben o que se mira , escoitar mellor o que se oe e non perder a memoria ninguneada. Razóns vitais poderosas impiden manter como definitiva a inquietude do medo: non somos illas, compartimos un mesmo espazo e, con todas as dificultades que se queira, unha sa convivencia enriquece a todos. É complicado, claro, e por iso parece que todo segue igual, sen saber a que páxina e capítulo vaiamos parar.

Bibliotecas e mestres

Todo volveu ao seu ser labiríntico, calquera combinación é posible e ninguén parece levar a conta do que suceda. O que temos non está para moitos trotes e son demasiadas cousas e persoas as que están con respiración asistida: Obama felicita a Rajoy. As máscaras da suxestión e a esperanza, da imposición e a impostura, seguiranse superpoñendo e xa volven noticias do que sucede e non sucedía antes de votar o 26-X. De novo haberá, ata, quen teña tentación de modificar o pasado, aínda que xa non sexa tan dócil nin plástico como foi. Non é difícil: un amplo conxunto cidadán propende a esquecer con facilidade e encoméndase ao azar impredicible. É verán, e meterse nunha biblioteca ou nun museo é unha aventura improbable para sete de cada dez españois. 

Pola súa banda, ensinar con mínima dignidade e proveito para todos seguirá sendo asignatura pendente: non sexa que mestres e profesores se envicien. No verán, moitos se metamorfosean en aves migratorias. Probablemente, cara a ese limbo onde dá igual o post quem e o propter quem, a confusión da ximnasia coa magnesia, as churras coas merinas ou a velocidade co touciño. Non fai moito estaba de moda que recordasen aos seus pupilos: “a ver se os vosos pais me veñen pagar” e xa apeitugan coa docencia estacional, reflexo evidente do nivel comparativo no escalafón do marabilloso aprezo polo seu traballo. Mentres non hai consenso en se un profesor ha de acentuar o seu perfil de peón ou as súas competencias profesionais, este adianto de futuro segue combinándose harmoniosamente con opinólogos que non desvíen a ninguén da recta doutrina nin da orde debida. Se non queremos perdernos no intrincado labirinto e perdernos, non esquezamos estes detalles.

TEMAS: Eleccións 26-X. Ambiente postelectoral. Incerteza. Medo. Pensións. OCDE. Obama. Docencia estacional. Bibliotecas e Museos. Índices de lectura. “Rayuela”.

Manuel Menor Currás
Madrid, 11/07/2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario