A opinión dos docentes...non conta?

28 may 2020

Renqueamos entre "o novo" e as reformas




Chegamos a un punto en que dubidamos, porque estamos en fase de decidir se seguir adiante ou permanecer quedos, coma se fose posible.


É a indeterminación entre un arre! e un xó! que un nervioso campesiño galego lanzaba ao seu burro, parado nun charco do camiño. Unha das varias razóns da indefinición en que nos atopamos é “o novo”, a outra as reformas.


O novo


Esta dirección do movemento social ten á súa vez moitas vertentes. Cada cal ten o seu modelo predominante respecto diso, sen que ninguén domine aínda e algúns sexan minguantes. Se facemos caso ao ruído que meten, empeza a tomar corpo de novo o modelo dos que propoñen unha ben xerarquizada sociedade, baixo unha racionalidade “natural”. Quen o diría; invocan tanto a liberdade de movementos -e de mercado- que confían en que o COVID-19 faga un bo labor de selección darwinista, coma se estivese delimitando en cada barrio aos mellor dotados para sobrevivir nos próximos meses de incerteza se fixese falta saír a cobadazos adiante, pase o que pase. De momento, tratan de impoñer as suas caceroleiras sonoridades en moitas zonas urbanas por enriba de calquera aplauso aos que estean sendo responsables nos seus postos de traballo sanitarios ou de calquera outra índole.
 

Acompáñaos nesta peregrinación cara a un novo concerto social os que presionan e empurran aos alcaldes e concelleiros coa importancia trascendental da cultura do bar e a terraciña. Invocan que son moitísimas familias as que viven de que as demais tomen canas, e que moitas nais non dormen se os seus fillos ou fillas, logo de facer un máster, non son contratados para servir a tanta humanidade sedenta. Coma se o gran futuro de España dependese estratéxicamente de que medrase o número de camareiros dispostos a ser contratados en precario, e de que todo o chan urbano estea dispoñible para tanto emprendedor incomprendido. 

Ninguén se queda atrás nas demandas que tanto florecen nesta desventurada primavera. Nalgún “Ministerio da Abundancia2 como o de Orwell en 1984, debe haber xa alguén encargado de anotar os gremios afectados pola situación creada por esta desgraciada pandemia. Non paran de aparecer cada día os que, paseándose con máscaras de deseño, temen quedar ao bordo da subsistencia ou do racionamento nos próximos meses; todo o que sabe que intúe que ten ao seu lado un grupo de colegas en similares circunstancias á súa, enseguida esgrime un informe de agravios que os responsables de Facenda han de atender con preferencia pola súa perda?.
 

E aí van detrás como tolos apocalípticos algúns líderes espabilados, querendo comandar esa desaforada necesidade de levantar cabeza por encima doutros que pugnan polo mesmo. Toda crispación é pouca; non paran de levantar calquera tipo de lebre con tal de que poida ser obxecto de caza pracenteira. Nesta pelexa, xa pode distinguirse aos que todo lles vale, unha cousa e a contraria, con tal de ver se todos nos pegamos un trompazo para vir enseguida a “salvarnos”. “Obxectivo común” e “cogobernanza” non figuraban na súa gramática de Primeiras Letras. No medio, están os mortos; gardarémoslles loito colectivo uns días, sen que -en pleno século XXI- saibamos exactamente as súas cifras; para que se diga que as estatísticas non teñen nada que ver coa dor.
 

Neste inmenso barullo tamén están cantos cidadáns sigan vivos sen saber se interesan moito a alguén. Non se estrañe ninguén de que nesta procura da nova sociedade que traia “a nova normalidade” consumista, moitos non saiban a que carta quedarse cando a poética dos máis berrón embauca a moitos. Non é a primeira vez que sucede: ¡Atención a cantos invoquen “o novo”! Iso pregoaba o que en Navarra era coñecido como o “Cura azul”, director de revista Xerarquía, de curta duración e obxecto de culto falanxista; e iso adiantou un dos homes que máis determinaron a política educativa “nacional” desde aquel 18 de xullo: José Pemartín, autor dun libro programático: Que é “O novo”. A “realidade” estábana creando eles coa súa propaganda.

As reformas


Como outras que foron, as reformas que veñen aproveitarán as crises para impoñer os intereses hexemónicos, case nunca coincidentes cos da maioría dos cidadáns se facemos caso aos estudos serios doutras etapas críticas da humanidade. Neste momento, cando algunhas das vías de arranxo dos desastres que causou esta COVID-19 só poden vir de Bruxelas, asistiremos a decisións condicionadas por pertencer a nosa estrutura económica ao universo periférico. O centro, marcado desde o Banco Central Europeo e os seus brazos en Berlín, Bruxelas e Estrasburgo, ábrese a prestar axuda económica ao que vaia a ser a “reconstrución económica”, que enseguida tomará o centro da vida política. Pero ninguén regala nada; a cuestión é a contrapartida de “as reformas” a que debamos de comprometernos a cambio.

En que vaia a consistir apertarse o cinto e a quen corresponda facelo prioritariamente será o gran debate que nos espera; canta precariedade esteamos dispostos a suprimir ou canta esteamos en fase de aumentar, con máis pobreza, máis precariedade e, en definitiva, menos xustiza distributiva, é o que está en xogo. A gran cuestión será saber quen paga e quen se segue levando a parte máis substantiva da renda que sexamos capaces de xerar no medio de tantos problemas, xa visibles nos puntos onde se distribúe comida aos máis necesitados. 

O único claro é que imos ter moito que aprender aínda. Neste momento en que as palabras demagóxicas xa voan para intentar convencer aos máis incautos co sentido cambiado que teñen na fala común, o que mellor podemos facer é o que recomendaba Antonio Machado a través de Juan de Mairena: “repensar o pensado, 
e dubidar da súa propia dúbida, que é o único modo de empezar a crer algo”.


TEMAS: COVID-19.- Xustiza distributiva.- Lealdade democrática.- Crise económica.- Cogobernanza.

Manuel Menor Currás

Madrid, 27.05.2020 

No hay comentarios:

Publicar un comentario