A opinión dos docentes...non conta?

11 mar 2023

Monografía sobre a Memoria Democrática e Educación

A revista educativa Innovamos, adica o seu número 16 á Memoria Democrática. Unha monografía de moi recomendable lectura.



Coas súas habituais seccións de análise, entrevistas e opinión a revista achega moi interesantes colaboracións de Rodrigo Lledó sobre a memoria democrática no contexto internacional, Isabel Alonso Dávila sobre memoria democrática e novo modelo curricular LOMLOE, a entrevista a Jaime Ruíz presidente da Asociación da Memoria Social e Democrática feita polo noso colaborador Manuel Menor. Tamén o artigo de María José Olaso sobre experiencias en centros educativos; outro sobre o valor educativo da memoria histórica democrática de Enrique Javier Díez Gutiérrez, ou o de Victoriano Mayoral Cortés, que incide especialmente sobre a influencia na educación cívica. No apartado de libros e revistas José Gálvez analiza o cómic como vehículo da memoria e en cultura Fernando Álvarez-Uría achega a súa visión sociolóxica no artigo Ficcións para iluminar mundos sociais. O colofón á revista pono a entrevista á catedrática de Educacion Artística da Facultade de Ciencias da Educación da Complutense, Marián Cao.


https://drive.google.com/file/d/17qvTTziRbItHt0JS52AEU_1gX8YEaeEs/view?usp=share_link

No hay comentarios:

Publicar un comentario