A opinión dos docentes...non conta?

16 sept 2024

Moverse entre fobias e críticas

A facilidade con que, actualmente, renden as fobias dificulta as saudables críticas ante canto acontece.

É coma se os humanos, crecentemente infantilizados, tivésemos ansiedade por abater e arruinar a difícil construción dun hábitat máis amable, en que a liberdade e o dereito non impidan a igualdade nin a fraternidade. As noticias recentes non propician que esa utopía estea próxima; máis ben parece que canto propugnaron os ilustrados no século XVIII se afasta cada vez máis. No que vai do século XXI parece, ademais, que estuvieran gañando os partidarios de tal confusión, que sexa imposible aclararse.

No plano internacional, xa renxe o tratamento de las noticias sobre Ucraína e Palestina. Os mortos non son iguais, e os apoios que suscitan non son os mesmos, o que contamina de inmediato a consideración que debería  primar sobre o que sexa xusto ou non nun ou outro caso, que causas deberían ser razoablemente aceptables e cales non. Espertando e sostendo discrecionalmente fobias cara a uns ou outros, o que acontece é que todo segue a traxectoria trazada por quen iniciou estes conflitos e, ademais, que as vítimas directas non importen de verdade, senón como instrumento de intereses estraños. Doutra banda, desta maneira se embota o diálogo pola paz, fallan os argumentos humanitarios e, sobre todo, os pertinentes ao moi invocado e nada atendido dereito á vida que teñan os afectados. Nestes longos conflitos a charlatanería crece, pero o que cada cual di non ten importancia; cada falante usa as palabras á súa conveniencia, contrarias ao valor que lles atribuímos para ter a que agarrarnos no medio de tanta devastación e traxedia como deixan entrever as poucas imaxes censuradas que nos chegan.

Ha de engadirse que ler comprensivamente o que pasa no mundo  faise custoso, aínda que chegue aos fogares a través dos noticiarios. Presenciar o debate dos candidatos para dirixir a democracia máis importante do mundo non significa  decatarse ben do que digan Donald Trump ou Kamala Harris. As súas armas dialécticas, nutridas de sofismas sutís ou evidentes, deixan en mans da publicidade a verdade que vaian traducir as eleccións de novembro. A correlación de adeptos entre ambos é similar e case todo dependerá da maior ou menor graza con que as formas, máis que os contidos do discurso de cada un, caian ben a cada votante; mesmo cuestións máis ou menos colaterais, como dous supostos atentados, poden servir de peso adicional na inclinación da balanza electoral. Poucos telespectadores teñen tempo e paciencia para analizar  o que digan e se retruquen entre si.  Neste tempo intermedio, conta ante todo o enxeño dos guionistas de cada un para captar o tipo de fobias e filias que, prexuizadamente, xogarán un papel poderoso para elixir a papeleta.

 

    Vidal Souto, X.M. 1971 "Utopía"

Este modo de espertar sensibilidades e sentimentos opostos chegou en toda a súa plenitude aos españois, e raro é o día en que non se aproveite algún motivo, real ou inventado, para desenvolvelo e perfeccionalo. O pasado histórico deixou herdanzas abundantes neste territorio das relacións humanas, que parecen desexarse primitivas e montaraces aínda que houbese épocas de graves conflitos. A desmemoria axuda a que sexa rendible, para algunha xente, soster a dificultade de abrir camiño a unha interpretación xusta e documentada deles. Aí están dúas leis referentes a “a memoria histórica”, en 2007 e 2022, como antecedente do sistema actual de filias e fobias. Seguen dividindo as conversacións e, mesmo nas de carácter familiar, non é infrecuente que terminen incivilizadas. A miúdo, este tipo de filias e fobias tan ben afecta ao pouco que de Historia Contemporánea se ensina en colexios e institutos como, tamén, ás maneiras desprezativas que esgrimen algúns deputados e senadores, non necesariamente de extrema dereita, con ser estes os máis propicios a demostralas de contino.

 

Daqueles asuntos non resoltos derivan non poucos dos que interfiren no presente, algúns máis novos que outros. Todos adoitan arrastrar maior ou menos rodaxe dun pasado non sempre afastado. Os máis rechamantes, e con capacidade de ocultar outros por un tempo, son os concernentes aos asuntos cataláns, en particular “a amnistía” e o financiamento “singular”, as inmigracións “irregulares” cara a España e, nos últimos días, a exasperada maneira de falar, replicar e complicar canto soe a Begoña Gómez e a Venezuela de Maduro. A simple xuxtaposición de noticias e referencias a estes asuntos, dá pé para un amplo catálogo de metodoloxías para desenvolver envurullos inintelixibles, moi aptos para que os escuchantes de radio, lectores de medios ou telespectadores casuais, desenvolvan cumplidamente sensibilidades que entorpezan o coñecemento do que estea a pasar. 

 

Non é algo “natural” o ter un ou outro nivel de comprensión lectora do que sucede. Para que a capacidade crítica dos cidadáns medre hai que prestarlle atención e coidados, capaces de superar os mecanismos demagóxicos e parciais que na IIGM se desenvolveron amplamente. E “cultivar” unha cidadanía máis consciente e preparada pasa por atender con mimo unha estrutura educativa xusta e adaptada aos tempos, de modo que as súas maneiras de recibir, distribuír e tratar ao alumnado diminúan o analfabetismo funcional e, cada vez máis, os distintos modos de semianalfabetismo , encubertos baixo a aparencia da lectura mecánica. Para que  isto sexa posible -cando hai moitos mozos e mozas cuxa escolarización non reúne esas condicións básicas-, a nada axuda sementar filias e fobias entre quen máis necesita un mellor sistema educativo.  

Mentres hai políticos cuxo único mérito é entreter aos seus con encantos como o da suposta “madrileñofobia” e, insultando a intelixencia de todos, xogan a ver quen di máis bobadas, as manifestacións críticas coas súas políticas educativas xa volven ás rúas e non van ser as últimas. Desde 2006, houbo tempo para que as reclamacións das mareas de camisas verdes fosen atendidas. De facelo, esta odiosa mención á fobia contra os madrileños e madrileñas non sería un pretexto máis para que os problemas que unha estraña Consejería de Educación pretende tapar sigan sen remedio. Prefiren desprezar a quen paga o seu cursus honorum, e non dubidan da súa utilidade en nome dunha suposta “liberdade”. 

MMC (16.09.2024)

No hay comentarios:

Publicar un comentario