A opinión dos docentes...non conta?

4 ago 2016

Nada teñen que ver os diálogos da Moncloa cos de Platón




Seguen primando os decretos, contrarios ás formas democráticas, que non favorecen nin a boa educación nin as posibilidades do bo goberno. O ideal segue sendo sostenella e non enmendalla. 


Volve oírse moito o do diálogo e, últimamente, ata o consenso volve ao circo mediático. Pero están que non cesan no seu amor patrio polo poder: ata Maíllomostra afán dialogante. E, indefectiblemente, veñen á memoria as veces que nestas dúas pasadas legislaturas malgastaron xordeira os que agora reclaman audiencia para as súas posibles propostas. Dispostos están, ata, a pactar 125puntos que acaban de atopar agora naquel acordo de Cidadáns e PSOE, non sabemos se xa fenecido do todo e que tanto denostaron. En como o dixeron estes días seguen con idéntica prepotencia que case sempre que houbo maiorías absolutas no Parlamento e vimos funcionar “o rodillo”. Cantas veces, nestes últimos anos, non pensamos que esta institución -o lugar da palabra e do oído abertos- carecía de sentido ante cuestións que pasaron por alí sen apenas o mero trámite cara ao BOE? En cantas ocasións a rúa tivo que servir de ágora ante decisións infumables? Que quedou por facer como non fose esperar a unhas eleccións para ver se cambiaba algo? Ha de confiarse agora en que, en nome de oito millóns, os mesmos que seguen ao mando -que non queren provisional- aprendan que lles convén aos outros dezaseis? En nome de que? 


O que aprendemos

En asuntos educativos, non esquecemos como aprenderon a “dialogar” na etapa ministerial de Esperanza Aguirre -que se negou ao pacto que lle tenderon desde a Fundación Encuentro en setembro de 1997- e, sobre todo, coa proposta de consenso na etapade Gabilondo. O tremendo é que seguen igual. Non se fían do Parlamento e acoden ao Real Decreto, esa fórmula lexislativa similar a cando as decisións non viñan da Moncloa senón do Pardo. Desde decembro do ano pasado non acoden a dar explicacións, porque -nunha interpretación constitucional laxa- alegan que non lles toca. E son reticentes ao procedemento que marca o art. 99 para a investidura porque temen, como mínimo, que lles reprochen xestos e actitudes nada dialogantes cos demais grupos parlamentarios. Pero, namentres, para que non os esquezamos non se privan de decretar. E as súas autonomías tamén concordan en decretos a contrafío de toda mesura dialogante: na semana pasada, comentabamos o dos directores de centro a dedo, como gran achega para atender os intereses de alumnos, profesores e pais. 

O que nos seguen ensinando

O decreto foi o peculiar instrumento normativo preferido por Wert para os seus inefables diálogos cos que pasasen polo seu Departamento a cumprir os rituais básicos que preceptúa a lexislación para determinados pasos lexislativos máis complexos, por exemplo, o proxecto de Estatuto da Función Pública Docente, que aínda o Sr. Marina trata de reanimar. O repaso das súas decisións fala duns modais en que o que contaba era o eu autoritario, displicente cos enfoques de forzas sociais que non fosen as que lle situaron ao mando da Educación española, as que, unha vez cumprido o obxectivo de mellora xeral planificada desde antes de que tomase as rendas, levárono ao retiro dourado de París. Fai un ano disto, como recorda Cintora. Para conmemoralo -e seguindo as ensinanza da LOMCE que o prohome do desplante nos deixou  como legado antes de arribar ao Sena con Gomendio, a representar vaia a saberse que-, aí están os recentes decretos á propósito das reválidas e selectividade que se aveciñan. A fórmulaque establecera en 1975 Martínez Esteruelas -o ministro que, en febreiro dese ano, xa demostrara o seu amor á expansión do coñecemento a 8.000 estudantes pechándonos a Universidade de Valladolid- esgótase neste setembro inmediato. Con semellante pedigree, agora lograron satisfacer á inmensa maioría de estudantes, sindicatos, asociacións e colectivos sociais, en nome de que así se mellora o ensino de todos. A proba é que, como teñen tanta fe nos seus modos de proceder e no que fan selectivamente, a decisión tomárona xusto no momento en que todo o mundo se vai de vacacións, como un golpe baixo de Rajoy e Méndez de Vigo para que sexan máis divertidas. 

Poderá dicirse que é un acto de “mala educación” como nos dicían antes á mínima-, pero se estas cousas si se fan, máis ben parecen unha mostra máis de ansiedade regresiva: froito dun mal controlado síndrome de eternidade en que o benestar cidadán fose unha desgraza vitanda. Dubidoso é que non vaiamos a outra máis sublime, pois xa non é estraño prever unhas terceiras eleccións ou, como moito, algún acordo in extremis onde todos -e especialmente Rajoy- deixen de xogar ao individualista MONOPOLY para salvarse de increpacións grosas inapelables. De momento, falar de diálogo ou xordeira equívocamente, para non mover ficha, acabarase pronto. De ser certa a conclusión da última entrevista monclovita, xa se pode ver o fin do diálogo entre Sánchez e Rajoy ata que C´s diga si ao PP?. 

E Platón

Para o tempo incerto deste agosto, que para moitos será de desencontros, é máis recomendable que nunca recordar o que, en 1966 -fai cincuenta anos-, escribía o mestre Lledó sobre Platón e os seus Diálogos: Non era o diálogo a única forma de expresar a historia ideal de Atenas, a vida intelectual dos seus habitantes? Que outro xeito había de manifestar comunitariamente o que pensaban e as cousas de que falaban? O diálogo era a forma adecuada da democracia, e o que un aristócrata como Platón ´dialogase` foi unha lección máis do seu maxisterio?. Estaremos a esa altura en setembro? ¡Bo verán!

Manuel Menor Currás
Madrid, 02/08/2016

TEMAS: Diálogo. Consenso. Pactos. Decretos. Constitución. Investidura. Goberno. Terceiras eleccións. Platón. Lledó.

No hay comentarios:

Publicar un comentario