A opinión dos docentes...non conta?

13 abr 2019

Urbanidade, respecto institucional e espazos escolares



O magreo e a desregulación impiden casar a liberdade e igualdade exixibles en escolas e colexios: un problema serio para a convivencia de todos.

En EEUU, despois do éxito do MeToo (Eu tamén), a urbanidade política exixe un autocontrol maior que o que estivo vixente. Pódese ver nas dúbidas de Joe Biden para o liderado demócrata, xurdidas de acusacións sobre o espazo de respecto que ha de existir no trato. No uso relacional do espazo, coa nosa proximidade ou distancia, dicímoslles aos e ás demais como nos importan; podemos indicar dominio, asoballamento e negación ou, como demanda o dereito en igualdade, todo o contrario. Se a linguaxe corporal é capaz de falar do libre desenvolvemento da alteridade ou, máis ben, dunha incómoda e ata noxenta vontade de impoñerse, a xestualidade ha de expresar con claridade as actitudes profundas de atención, distantes de canto suxira misoxinia ou minusvaloración.

Espazos vitais
Libros de urbanidade como o de Erasmo de Rotterdam, De civilitate morum puerilium(1530), prescribiron a cortesía a seguir no espazo da interrelación próxima. Sen esa tregua de civilidade, multitude de decisións políticas serviran de escusa aos máis fortes para impoñer o seu dominio, sempre acurtando sitio aos máis débiles. De “espazo vital” foi o expansionismo nazi: o irredentismo alemán víñao reclamando desde antes da I GM e acabaría provocando a II. Máis preto, entre as razóns de que moitas aldeas se sigan despooando, en áreas minifundistas tiveron moito que ver as condicións de trato que os poucos propietarios de “casas grandes” impoñían. Advertíase cando, para sobrevivir, un minipropietario tiña que abaixarse ante elas servíndoas e endebedándose para comer ou emigrar. En Cousas da vida, Castelao fíxose eco dos conflitos latentes nesas relacións do rural galego, cando aínda tiñan plena vixencia os foros.

Baleirada a España rural, a maioría dos enfrontamentos por un espazo vital están hoxe nas historias urbanas. É o caso, de aparencia superficial, que mostran os modos de conducir coche os que, empeñados en demostrar algunha superioridade, aprópianse en exclusiva do espazo viario alleo, ata, ás normas de tráfico. Súmanselles os usuarios de bicis, patinetes e motos que, en sitios insospeitados como as beirarrúas, complican a tranquilidade de cidadáns distraídos no seu deambular urbano. A este abuso dos espazos de todos, hase de engadir, por outra banda, o control que algúns exercen impoñendo, por supostos motivos de prestancia e dignidade, distancias con prezos distintivos, alusivos a categoría, estrato, sexo ou clase social. Aí están -entre moitas outras situacións- as diferenzas de localidades de múltiples espectáculos. Nisto -como en canto configura o noso mundo relacional-, o mercado é a suposta man invisible que arrola a fondo as nosas vidas. Determina o tipo de barrio en que se vive, a casa en que se pode vivir e os lugares por onde decorre a vida: o colexio ou a escola, os ambientes culturais que se frecuentan ou que nunca se pisarán, e as prestacións con que a educación, a sanidade, a alimentación, o lecer ou a mobilidade nos diferencia. Todo o cal alcanza a sintetizarse nos datos da esperanza de vida que, en cidades como Madrid ou Barcelona, ofrece distancias significativas dunhas a outras áreas. Para algúns sociólogos, unha hipotética “diagonal” madrileña, que divide a cidade do NW ao SE, marcaría as profundas diferenzas dos que nazan e medren a unha ou outra beira.

Distinción 
As consecuencias deste horizonte vital -en que o predominante é o cheiro a diñeiro- non pasan desapercibidas. Nunha novela urbana de John Berger, King, un can omnipresente no vagabundeo dos seus amigos marxinais, testemuña a diferenza nun episodio central en que se achegan a xente ben:” O odio que os fortes senten cara aos débiles en canto os débiles se achegan máis da conta é algo particularmente humano; non sucede entre os animais. Entre os humanos hai unha distancia que ha de ser respectada, e cando non o é, é o forte, non o débil, quen o sente como unha afronta, e da afronta xorde u odio. Ao sentir o odio do dono do iate, oubeei” (Madrid: Alfaguara,1999, páx.31 trad.).

De inmediato, o peso do código postal, a xenealoxía familiar ou as rendas patrimoniais vanse substanciando en dobrez do comportamento moral ao compás do noso tránsito por escenarios tan diferenciados, xerarquizados e interiorizados. Padécena ao noso lado, entre outras e outros, as empregadas de fogar, herdeiras das antigas serventas e criadas que -como a Nina de Misericordia-, seguen marxinais e explotadas, pese a ser con frecuencia “personaxes únicos” -como dixo María Zambrano deste personaxe galdosiano- na vida de moitas familias. Esas distancias sociais, coa súa aprendizaxe e proxección sobre o espazo vivido, son tales que deron relevancia a unha corrente analítica e pedagóxica coñecida como Xeografía da percepción. Noutras moitas escalas, dan pé á construción de cartografías sociais, con códigos en que se distinguen o rural e o urbano, o central e o periférico, o arriba e abaixo, como espazos a miúdo enfrontados sobre os que pivota decisivamente a globalización.

Espazos educadores 
Na medida en que todos estes planos condicionan a convivencia, non é indiferente, xa que logo, tratar de saber ata que punto o control social do espazo prosegue suxeito á violencia simbólica dos que -en democracia- detentan o poder e tratan de abusar del: en que proporción o noso sistema educativo contribúa a que esa tensión se amortigüe en igualdade, ou se acentúe en desigualdade, é de importancia en vésperas de eleccións, ou de que modo se pretende que elimine a visibilidade das violencias existentes. Todas as cidades son educadoras, e todos os patios de recreo e todas as aulas sono, pero non sempre do modo máis conveniente ao ben común, como, por desgraza, saben as que sufriron a “mandas” en plan de cohesionarse grupalmente. 

Pese ao pouco entusiasmo que susciten as hiperbólicas mensaxes de campaña electoral, é necesario preguntarse se non conviría corrixir unha estrutura do sistema educativo que sostivo a diferencialidade dos espazos escolares desde a Lei Moyano. Logo de 162 anos, o curso próximo pode empezar case idéntico aos anteriores logo destes dez meses de palabras. Escola, colexio e instituto seguen moi diferenciados. Baixo a formalidade de currículos aparentemente idénticos, hai idearios particulares, selección do alumnado, sostenimiento das diferenzas culturais e económicas de entrada, xeradores de hábitos e afectos distintivos que obstaculizan unha civilidade e corresponsabilidade común. A “libre elección de centro”, promovida por Friedman (1912-2006) en O roldo Estado na Educación, xustificou formas novas de selección e exclusividade que se han sobreimpoñeron ás que traiamos do século XIX. De momento, o 32,7% do sistema -segundo promedio das distintas etapas educativas- xa está privatizado e, polo que propoñen -ou consenten- os líderes de partidos importantes, émulos dos Chicago Boys dos anos setenta, a febre dos cheques educativos segundo preferencias familiares contribuirá a que as redes de ensino privado e concertada sigan in crescendo. 

Outra educación

Se non se convencen os votantes do risco que é para a convivencia alimentar desde idades temperás a diferenza grupal, o seu crecemento será a función “social” que os neoliberais hispanos queren elevar a categoría. Hai moita hipocrisía displicente nisto. No canto de escandalizarse do vicio da segregación implícita que supoñen redes educativas desiguais -para que os selectos se illen sen mestura social-, fínxese que todo vai ben pese ás dificultades que se poñen a moitos centros e ao peso diferencial dos recortes no ensino público. E coma se non pasase nada detraéndolles recursos para negocios privados, o “fracaso” e o abandono escolar -entre outras cousas- seguen a ritmos nada europeos e focalizados socialmente nos estratos sociais máis débiles.

Similarmente á cortesía que frea o liderado demócrata de Joe Bilden, debería render o respecto coidadoso dos espazos escolares. Só será posible outra educación cando os nosos representantes, no canto de falar delacon parva ignorancia, a poñan no centro das súas preocupacións polo benestar, e exista unha escola pública forte, de todos e para todos. Propugnada por J.Pedro Varela para Uruguai no último terzo do XIX, é a única capaz de facer que sintamos como propia a España común en que vivimos.

TEMAS: Neoliberalismo. Redes educativas desiguais. Igualdade de trato. Escola pública. Distinción social. Programas electorais.

Manuel Menor Currás
Madrid,10.04.2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario