A opinión dos docentes...non conta?

23 sept 2020

A COVID-19 tamén mostra de qué nos privaron



Non só evidencia carencias evidentes; peor problema é que queiran facernos ver que só son responsabilidade nosa.



Non sabemos se un cego guiando a outro cego fará que os dous caian no burato; é moi probable que alguén diga que é perverso fixarse nesas cousas cando loce o sol e pódese ver o ceo azul. O peor é que nos pareza indiferente e que sempre teñan escusas para non facer a tempo o que debían facer, agora que se lles acumulan todas as carencias, mentres os problemas estóupanlles nas mans ou están en grave risco de provocar algo peor.


O SCHOCK


Os últimos acontecementos de Madrid -como os de moitos outros territorios-sempre mostran a mesma improvisación e, ao final, présas por aparentar que se está cunha preocupación inmensa por arranxar o que xa non ten solución ou é excesivamente complicado que a teña. Larra xa se queixaba nos anos 30 do século XIX, de que sempre estivésemos “nos principios”, facendo como que faciamos e deixando as cousas un pouco escuras, para podelas aclarar mañá. “Ai daquel día -dicía- en que non haxa nada que facer, en que non haxa nada que aclarar!”

Que os hospitais madrileños estean ao bordo do colapso, xa era sabido cando tanto aplauso roldaba os balcóns e os sanitarios clamaban por unha atención primaria ben atendida e unha mellor dotación de profesionais. A pouco que se mire calquera hemeroteca digna, poderase contrastar esa reclamación con loanzas gloriosas á “mellor sanidade do mundo” mentres se desnutría a súa rede pública e se engordaban un gorentoso negocio de intereses privados que, aínda por riba, daría beneficios patrióticos a capital estranxeiro.

Que en 1977 os Pactos da Moncloa constatasen un fracaso enorme no que fora a atención proporcionada á educación, parece terse satisfeito con que escolarizaramos, vinte anos máis tarde, a todos os mozos e mozas menores de 16 anos, vinte anos. Cansámonos e arránxalle pouco ao 25% desa poboación, que -como dicía en xullo o presidente do Consello Escolar do Estado- non logra titular a tempo na ESO. Save the Children, é máis radical, pois fala dun 28,3% de poboación infantil que, en risco de exclusión, pon en cuestión a suposta equidade educativa que pregoa a CE78. É bastante educarlos no semianalfabetismo que denotamos lendo no móbil, pero sen discriminar unha enganosa información?



Coa Covid-19, a doutrina do Shock, que esmiuzou Naomí Klein en 2007, está mostrando, por unha vez aos ollos de todos, que non funciona a man “invisible do mercado”. Ben puido ver todo o mundo como se colapsa á mínima e, en situacións como a actual, clama para que o patrimonio dos orzamentos de todos axude en sectores estratéxicos. Non é un pracer constatar que as escasas proteccións que logo da segunda Guerra Mundial nos fomos dando, moi mediatizadas en España, han ter gran preocupación, especialmente nestes 20 anos últimos, en erosionalas con bloqueos diversos da xustiza distributiva, pexas a controis administrativos serios e moita decisión privatizadora.

A presenza deste virus rampante -de momento en 30 millóns de persoas-, e cunha segunda onda chegando ben medrada ata onde non hai mar, colapsa a vida que se vendeu como a mellor do planeta xusto agora, despois de que se erosionou tanto o benestar común. Tan fraco  o deixaron que parece que xa só fose posible para os que antes, e antes de antes, vivían ben. Invocando a segregación, a diferenza absoluta, as multas controladoras e os confinamientos sociais -tan do século XIX, das novelas de Dickens-, provocan un individualismo feroz e apático como entón e, como solución única, unha beneficencia caritativa, absolutamente curta. Coa volta ao quedos, parados e moita responsabilidade persoal, pretenden conxurar toda revisión crítica e que non nos fixemos en como preferiron desocuparse do que os cidadáns necesitan para remediar as súas carencias.



XUNTOS: A ONDE?



Ao guionista desta serie háselle ir a man no clímax. É lamentable que, desde marzo -se non desde antes-, queiran dar agora a imaxe de que iremos mellor se imos xuntos e entre moita bandeira. A súa lentitude e o que onte non dixeron á cidadanía non os fai críbles cando máis medrada está esta lea. Quixeron dar a impresión de que todo ía ir mellor sen remover canto facilitou chegar á perigosa incerteza deste momento. Esperemos que, nos capítulos que sigan, deixen de marear a perdiz e amosen xestos máis convincentes. Unha das guindas que -no medio do espectáculo- soltou a señora que di mandar en Madrid, foi que necesitaba 2.500 policías máis; parece ter présa por chegar pronto aos tempos do século XIX en que o Estado era de catro, defensores como moito do voto censitario: xa pouco queda por vender nesta Comunidade.

De momento, noutro dos sectores fundamentais dunha sociedade democrática, a Educación, os sindicatos que tiñan convocada folga de docentes para o día 22 e 23 deste mes para denunciar carencias que a pandemia fixo acuciantes en canto a profesorado, instalacións e obrigacións que ven difíciles de cumprir, nona desconvocaron, malia que vai ser moi dura. Poida que a Administración crea que o arranxa coa obrigación que lles impuxeron de prácticamente o 100% de servizos mínimos e unha renovada apelación á “vocación” eterna do profesorado e os mestres; sería un laudable exemplo cívico de responsabilidade. Sorte para sortear as aparencias no medio de tanto simulacro! Sorte, tamén, para que as catástrofes que vimos traballando durante anos dean tregua ao desánimo colectivo!

Manuel Menor Currás

Madrid, 22.09.2020.



Covid-19.- Confinamiento.- Doutrina do Schock.-Responsabilidade individual.- Xestión colectiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario