O que un acontecemento non sexa cotián, nin teña que ver co desexable, aínda que poida ser sorprendente non o converte en insólito.
Fachada do cárcere de mulleres da Giudecca (Venecia), nos días da Bienal deste ano. Fotografía do autor.A variación xusticiera
Tamén segue habendo variacións interpretativas noutros campos. A proba é que, detrás do espectáculo montado para ver qué deducía o xuíz Peinado sobre un multiforme caso de supostas corruptelas, hai un chamado sindicato Mans limpas, movido por persoas sedicentes cristiás. Do seu longo historial de servizos, a causas de dereita e ultradereita contrarias a decisións de gobernos e asociacións de esquerda, desde a súa fundación en 1995, cabe lembrar a querela de 2003 contra la asociación galega Nunca máis ou, nun territorio máis eclesiástico, a petición ao Arcebispado de Madrid, en 2007, de suspensión das facultades ministeriais dos tres sacerdotes que, na Parroquia Santo Carlos Borromeo, de Entrevías-Vallecas, atendían a inmigrantes e desposuídos de modo tan evanxélico que estes vixiantes do ben consideraban impropio. Viven de denunciar supostos ilícitos, penais ou administrativos, nas distintas administracións e tratan de converter en espectáculo mediático o seu celo. O enredo en que meteron un asunto próximo á actual Moncloa, montado á propósito de comportamentos mellorables en persoas próximas ao poder executivo, aínda que non logre atopar ilegalidade ningunha, seguirá dando xogo á volta das vacacións estivais. O de cómo deba actuar a muller do César será lembrado, namentres, para xustificar a hipocrisía de cantos políticos aproveitan, con descarada pretensión hiperbólica, este teatriño. E isto non é o peor; o que de verdade é preocupante é que tampouco isto sexa “novo baixo o sol”. Ao recordo vén que, nos anos da IIª República, sucedeu algo parecido, como mostran libros recentes. Por exemplo: Xuíces contra a República: O poder xudicial contra as reformas republicanas, (de Editorial Dykinson, 2024). Ou tamén: Ruído de togas: xustiza política e polarización social durante a República (1931-1936), (de Tirant O Blanch, 2024).
Similar desasosego deberían ter quen coñeza a historia da educación española desde a perspectiva das políticas que a construíron desde que Claudio Moyano establecera a primeira Lei Xeral da Instrución Pública en 1857. Tras os múltiples condicionamentos colonizadores que lle marcou desde o principio o Concordato de 1851, advertirán o papel das togas nos conflitos que, enseguida, expuxeron os dirixentes de colexios en nome dunha “liberdade” que aproveitaban para que persoas, sen cualificación regrada ningunha, e con pretextos a cotío confesionais, ensinasen a rapaces e adolescentes. O segundo ministro de Educación, o Conde de Romanones , tivo un serio conflito técnico-legal en 1901 por esta cuestión: gañaron a partida os avogados de varias ordes relixiosas e, desde entón, Privada e Pública non deixaron de ser vías educadoras irreconciliables, mesmo baixo a protección subsidiaria do Estado. Era o triunfo do conservadurismo fronte a quen, desde unha educación de todos, pretendían moderar legalmente a tan vituperada “loita de clases”. As actas da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, instituda no artg. 166 da Lei Moyano, e fundada vinte días máis tarde, testemuñan esa orientación.
Desde entón a hoxe, o zurcido en que se desenvolveu o sistema educativo español, ademais de mostrar buracos tan graves como a persecución da Institución Libre de Ensinanza (ILE) a conta da suposta “liberdade” educadora, a Cruzada da Guerra incivil en nome da Providencia, e leis da posguerra consolidadoras desa división social profunda, nunca foi ben recomposto. Eximios avogados e xuíces capaces de darlle aparencia democrática ao artg. 27 da CE, deixaron tras si moi fráxil o enfiado da atención educadora universal. Atentos ás reclamacións conservadoras contra as leis orgánicas máis abertas, frearon os seus posibles avances. Son especialmente paradigmáticas as súas resolucións, despois das manifestacións rueiras que o conservadurismo e o confesionalismo suscitaron á propósito da LODE (1985) e a LOE (2006). Non hai constancia, con todo, de que os seus deseñadores, ocupados nas técnicas nominalistas do ben e do mal, se interesasen polo lado deficitario que, en ambientes sociais de pouco capital cultural, tiveran as escolas. A cantos/as peiteen canas, non lles será difícil establecer paralelismos entre as deficiencias de cando eran nenos/as e as que vexan agora ao achegarse a tales centros. Abonda que presten atención ás estatísticas do absentismo de moitos/as adolescentes, de cantos abandonan o sistema escolar antes de tempo, e de quen sofre o “fracaso escolar”. Por moito que se maquillen, os datos adoitan ser desoladores para quen vivise estes problemas por ser dos mesmos estratos sociais, por orixe familiar e de barrio, teñan ou non “progresado”. E sono máis cando len cómo medra a privatización do exercicio deste dereito.
E o elitismo olímpico
Biles, durante a final olímpica por equipos. AFP |
TEMAS: Liberdade da educación.- Ensino universal.- Dereitos Humanos-Xustiza democrática.- Neoconservadurismos político e confesionais.
MMC (30.07.2024)
No hay comentarios:
Publicar un comentario