Supoñendo
que a maioría sexa toda a xente que non se manifesta nas rúas,
basicamente porque non cabe, e supoñendo que sexa silenciosa porque, ao
non saír á rúa, é invisible, ¿cómo fai Rajoy para saber a súa opinión?
¿Será que Rajoy é un xenio ou simplemente é pitoniso? Inclínome polo
primeiro: logrou modificar no dicionario o concepto silencio e encheuno
dunha acepción rajoyiana, coma se en lugar de simple silencio se tratase
dun caderno en branco para encher cos ditados do presidente.
Pode ser que a esa suposta
maioría silenciosa lle guste o aumento exponencial do paro, a revisión
da lei do aborto, o aumento de alumnos por aula, a diminución do control
de mamografías, o aumento de número de horas de traballo, a subida do
IVE, o enriquecemento desmesurado de certos políticos e o empobrecemento
desmesurado de todos os demais. Pode incluso que todas esas cousas lles
encanten. Pero mentres a maioría silenciosa non se pronuncie sobre os
seus gustos e opinións, nin Rajoy nin o profeta Isaías deberían
aventurar unha interpretación sobre o silencio. Porque o silencio é iso,
nada. E apelar ao silencio non só non é democrático, senón que lembra
perigosamente aos totalitarismos que tanto medo tiveron da expresión en
alto da voz libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario