A opinión dos docentes...non conta?

21 jul 2014

Por que a Consellería non quere que as universidades estuden a aplicación do decreto de plurilingüísmo?

A polémica está servida. A raíz da publicación dun estudo da Mesa pola Normalización Lingüística sobre as porcentaxes de impartición de materias en lingua galega e castelá nos centros educativos en preescolar, primaria e secundaria, a Consellería viuse na obriga de presentar os seus datos (tanto tempo agachados -ocultos deliberadamente-) en sede parlamentaria e os datos confirman o que moitos viñamos temendo dende a aplicación do decreto denominado de plurilingüísmo que non foi máis que unha tapadeira para anular o anterior decreto.

Os datos -dados pola propia consellería- son alarmantes especialmente en preescolar e no ámbito urbano onde a presenza do galego pasa a ser case anecdótica. Ante esta crúa realidade a consellería en lugar de poñer os medios para corrixir a situación, envólvese na súa habitual auréola de "avestrucismo" e culpa a todos os que pretenden facer algo para cambiar a situación. As universidades ofrécense a facer un seguimento e avaliación da situación e a resposta panfletaria da consellería vén sendo "métanse nos seus asuntos que teñen a casa sen varrer." Quizais esquece a consellería que tanto o anterior secretario xeral como o actual foron técnicos de servicios de normalización lingüística e -polo visto- esqueceron as súas funcións.

Non contentos con esta resposta, e para máis INRI pseudoxustificativo, véñenlles dicir que aos anteriores - hai sete anos- as universidades non se lles ofreceron para estudar o caso. (?) O nivel de infantilismo das respostas da conselleria é tal que ata ofende aos propios preescolares.


No hay comentarios:

Publicar un comentario