A opinión dos docentes...non conta?

3 sept 2018

A última moción de censura non foi outra "Noite de San Daniel"



Os parecidos deberían inducir a que nesta encrucillada se exercitara máis lealdade e xenerosidade da que se está vendo na escena política.
 

A caída do Goberno de Rajoy a finais de maio e a votación de investidura de Pedro Sánchez, sumadas ás torpezas do rei honorario -que, segundo supostas declaracións de Corinna zu Sayn-Wittgenstein, coñecía o CNI-, evocan parecidos. A historia, de todos os xeitos, nunca volve idéntica e no seu proceso actual faltan moitos ingredientes para a repetición daquela secuencia, pero no entreliñado dos medios non faltaron comparacións estes meses. A dúbida sobre os servizos de Juan Carlos I aos españois acrecentouse logo desta guinda, que se suman ao insigne cadro de manexos do xenro e outros parentes. A intanxibilidade monárquica acusa problemas de exemplaridade para as xeracións posteriores a 1978. É posible que unha comisión parlamentaria se interese por este asunto se a pausa estival non o relegou ao esquecemento.

Suxerente é, por outra banda, considerar que quen favoreceu co seu voto o inesperado Goberno do PSOE comparta certo aire republicano nos seus idearios. Unha cultura xenérica, en que sería máis propicia a posibidade de encaixar a diversidad fixada no Título VIII CE, “da organización territorial do Estado”. A continuidade de problemas xerados en torno aos asuntos cataláns e as aspiracións doutras autonomías a controlar máis competencias agudizan a urxencia de reactualizar a Constitución de modo pacífico e aceptable para todos.

Disonancias?
Nese panorama conflitivo viñeron expresándose todas as voces que din interesarse por España e a súa tan disputada unidade. Os que explicitan ese republicanismo co PSOE tamén merodean polas columnas de opinión e os mentideiros, sen conxunción programática de fondo. Máis unidos parecen os que alentan a España das bandeiras nos balcóns, lazos amarelos e similares. Centrados nunha unidade monolítica e acrítica, pese aos desaguisados múltiples non pasaron do modelo preceptuado para os centros escolares por aquelas Enciclopedias de segundo e terceiro grado, a Historia do Imperio Español ou El libro de España, de obrigada lectura como o NODO. Con esa memoria, non aceptan que idealizar ante os cidadáns a mesma historia que se contou tanto tempo conduce a escaladas de tensión e limitacións de convivencia, similares ás que tamén suscita o Instituto Polaco da Memoria Nacional cos seus relatos sobre antisemitismo ou os campos de concentración.

Todos miran de socate as eleccións. Case todos pendentes do veciño, entre un neoliberalismo sociable e unha descafeinada socialdemocracia que non alteren a baralla. O relanzamento do curso político, de curto voo, mostra que aínda nos custará lograr un relato plural e democrático onde arriscarse por iso sexa recoñecido. Difícil para as xeracións educadas de modo alleo a que a liberdade sen igualdade e a igualdade sen liberdade xeren mala conciencia. E máis nesta intrincada encrucillada, cando o que se necesita non son precisamente dogmatismos e irregularidades, senón xenerosidade, lealdade e compromiso co coñecemento e os problemas que ten a sociedade española. Tamén en educación, por suposto, onde as tendencias á disgregación e ao privilexio seguen vivas desde hai moitos anos, incentivadas polos sectores máis conservadores do noso panorama político. Por tentalo que non quede.

TEMAS: Memoria histórica. Historia actual. Reforma constitucional. Igualdade democrática. Igualdade educativa.

Manuel Menor Currás
Madrid, 30. 08. 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario