A opinión dos docentes...non conta?

1 feb 2020

Desconcerto cos concertos educativos?




Tocalos logo de 35 anos, traerá fortes protestas. Se quedan como están, o progresismo desta Coalición de Goberno quedará en dúbida.

O paso da borrasca “Gloria” polo litoral Mediterráneo deixou serias mostras de que no Antropoceno hai moito que emendar se se pretende que a Terra siga sendo habitable moito tempo. O tan pregoado “desenvolvemento”, cando é a costa da Natureza, non sae a conta. Tarde ou cedo volve esta polos seus fueros aos seus ritmos de evolución, non coincidentes cos da historia humana e as súas pretensións. Veñen recoñecelo algúns nesas áreas mediterráneas onde os paseos marítimos e primeiras liñas de praia foron afectados polo temporal. O mar reclama o seu espazo. Máis pronto que tarde haberán de recoñecer que non merece a pena restaurar o que outra “pinga fría” (DANA) ou similar volverá destruír. O cambio climático e as súas consecuencias non van de brincadeira.

Antropocentrismos desconcertados

Xeran desconcerto estas advertencias da Natureza. Case toda a nosa vida no medio vese obrigada a desaprender o aprendido, para aprender a facer mellor o necesario para sobrevivir. Canto facemos require ser redefinido como sostible e que non dane a ninguén. Os libros de ética e moral, os de urbanidade e ata os mandamentos da tradición xudeo-cristiá, requiren profunda recodificación individual e colectiva. Non será fácil ante canto se sentiu como imposición, molestia e -sobre todo- tradición ou posible perda de beneficios. Opostos e ambivalentes, pasotas e integrados, ofendidos e cansos, van ter máis traballo do desexable para saber facer o máis pertinente ao ben de todos.

Os patróns que deberemos seguir non se improvisan. Serán de ordinario similares aos que xa desenvolvemos, por exemplo, respecto da saúde, sen advertir que esta é un reflexo da saúde da Natureza. Persoas que aínda na súa infancia han ter hábitos alimentarios de indubidable sintaxe ecolóxica, disgústanse cando o médico lles recomenda moderación ou abstinencia dalgún procesado. Sorpréndense desconcertados ante a reducación que implica, para poñerse en harmonía consigo mesmos, non consumir o que durante anos fixeron con aparente impunidade.

A “liberdade” e “calidade” escolar como síntoma

Idéntico patrón pode observarse no cumprimento do que o art. 27 CE78 establece como universal e en “liberdade” para todos os españois. Cando a ministra Celáa sacou a relucir os seus límites, enfureceu a cantos pregoan urbi et orbi que -fronte ao que dixo a sentenza 77/1985 do TC- é constitucional a súa particular interpretación dunha suposta “liberdade de elección de centro”. Non vale recordarlles que o que é anticonstitucional é soster oficialmente, e con diñeiro público de todos, unha dualidad educativa de diferente rango para privilexiar a un terzo do alumnado. Ou que non vale como “función social” a creación de centros privados -en solo público, cos seus concertos e, ata, alumnos seleccionados- en detrimento dos que non poden pagar cotas extras por idearios que poñen en cuestión a miúdo os valores da igualdade e fraternidad democrática. En fin, que menos vale invocar principios confesionais de suposta superioridade cando moitos destes centros elixen aos seus alumnos e non son os cidadáns os que poden elixilos nin apenas participar no funcionamento dos seus proxectos educadores, por ser de titularidad privada.

Desde 1985, en que a LODE estableceu os concertos regulamentando as subvencións da etapa franquista e contrapartidas de aceptación do alumnado, pasaron 35 anos de certa impunidade transgresora no contratado. Son 35 anos en que algunhas Comunidades autónomas decidiron que lles daba carta branca para privatizar ou externalizar ingredientes da actividade educadora e fortalecer empresas que aspiran a rendibilizar ao máximo investimentos mínimos. Nos últimos destes 35 anos, acelerouse a intensidade selectiva dalgúns colexios a conta de que o Estado os financie a fondo e sen controlar o modo de investimento. No transcurso destes 35 anos, este hábito foi calando na sociedade consumista como algo patrimonial e con dereito a converter a educación dos fillos nun subvencionado nicho selecto de distinción social -para familias con recursos e afán de destacar entre os veciños-, mentres na escola pública desesperan porque diminuíu o investimento estatal ou da Comunidade, reduciuse o profesorado e recórtanse as actividades que atenden aos nenos e nenas que máis atención educadora necesitan.

O patrón dualizador que marcan os concertos é segregador, pauta indeseada polos que non queren un sistema educativo con esta contradición financiada por todos e apostan por un “ensino único” como aglutinador social e territorial de todos. Sopórtana peor os que non poden mandar aos seus fillos/as a un centro privado, por non ter recursos. De que lles vale a todos eles esa suposta “liberdade de elección de centro”? Por que os propagandistas desta nunca reivindican as imprescindibles liberdades de conciencia e coñecemento para o alumnado, nin a de cátedra, investigación e innovación imprescindibles para todo bo profesor? É un xusto patrón democrático o desta dualización educativa, que dificulta ata a representación sindical nestes centros concertados? Como se desengancha este asunto do trenco adoutrinamiento twitero?

Trinta e cinco anos de deiaxción interesada pesan moito para revisar a disociación desigualadora de base que ten o sistema educativo español; xa hai comunidades autónomas que, logo de Hungría, son as que mellor cumpren en Europa o ditado de que o libre mercado é o que debe rexer esta actividade, coma se de producir e vender alcachofas se tratase. Se a revisión da LOMCE que se aveciña non reequilibra os dous mundos que a LODE pretendeu harmonizar, só será outro parche nun sistema que, lexislativamente, vai camiño de ser máis prolífico que o vello “Florido pensil” de Andrés Sopeña.

É un asunto de saúde pública: desatendelo é educar mal para os cambios de costumes que, se queira ou non, son urxentes; poñerá máis difícil a necesaria solidariedade cos demais e con canto nos rodea. Ademais, fronte ao prepotente e inútil sálvese quen poida, cando os recursos son escasos xa está ben de seguir amortizando coa escola, desde 1851, o desamortizado en 1836. Atentos, pois, ás continuidades de patróns reacios a ceder no que algúns lobbys aínda consideran territorio de conquista.


TEMAS: Concertos educativos. Escola publica e colexios privados. Leis educativas. Artigo 27CE78. Xustiza distributiva.

Manuel Menor Currás
Madrid, 29.01.2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario