A opinión dos docentes...non conta?

30 dic 2011

PARA UNS MÁIS QUE PARA OUTROS

Autor do comentario:
Francisco Cousillas Ferreiro
Localidade:
A Coruña
Data de publicación:
Venres 30 de dicembro de 2011

Nunha das sociedades, que tiña categoría de -sen ánimo de lucro-, o xenrísimo Urdangarin aparece ao 50% como propietario e o outro 50 % da sociedade é da infanta, a súa esposa, pero amasaron uns beneficios fabulosos. Non se entende que se fale só de imputar á metade da Empresa, non creo que a condición de Infanta a exíma de responsabilidades, pero imos aprendendo cada día máis. O que si aprendeu foi o balonmanista, medalla de ouro que se forrou en poucos anos , aínda que parece que axudado dalgunhas presuntas irregularidades, pero o que máis me chama a atención é o do desvío de capital a Belice, posiblemente sen ocultas intencións de escaparse dos controis de Facenda.
Eu que son moi maior, recordo hai moitos anos, cando moitos españois saían con maletas cargadas para Suíza, non de ilusións como os emigrantes, senón de divisas, como levándose os seus capitais, unha gran dama Nacional levaba ata medallas de ouro que lle concedían ao seu egrexio PAI, pero ao pillala na fronteira declarou que as levaba para confeccionarlle un colgante ao súa non menos egrexia nai, Dna.Carmen, coma se en España non houbese moi bos ourives xa naquela época.

Sempre houbo xente e XENTE, aínda que o Rei declarase o outro día que a Lei é igual para todos os españois, a min ségueme parecendo que : PARA UNS MÁIS QUE PARA OUTROS.

Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario