A opinión dos docentes...non conta?

2 abr 2012

Arde Galicia... e nós...a velas vir!


Arde Galicia. Como hai vinte anos. Os Resentidos seguen a estar de actualidade. Tacón, punta, tacón...Incendio forestal...tacón, punta, tacón. Só que desta vez...está ardendo o escaparate das Fragas do Eume. Os veciños ...indignados. Os da UME non teñen orde de intervir. Os alcaldes cabreados. A conselleira...todo "moi bien" todo "moi rico" "os veciños xa poden durmir tranquilos". A garda civil desaloxa as aldeas e as casas quedan a merdece das lapas. O presidente vaise fotografar alí e facer unhas declaracións rimbombantes e inoportunas. O xefe da oposición, chupa cámara, tentando  sacar tallada política e As fragas do Eume arden de arriba a abaixo. Non hai descoordinación..., non. Hai ineptitude.


Véxase a reportaxe que fixeron os da Vtelevisión con testemuñas de todo o persoal...

No hay comentarios:

Publicar un comentario