A opinión dos docentes...non conta?

28 abr 2012

Igualiño ca nós aquí...

«O mestre en Finlandia está motivado e ten un alto nivel»

Taneli Hermunen, agregado cultural da Embaixada de Finlandia en España, mostrou onte no campus de Ourense a clave do éxito educativo do seu país: a boa formación do profesor. «A de profesor é unha das profesións máis desexadas porque está moi ben valorada, non é a carreira mellor paga pero lles dá respecto, liberdade, creatividade, un posto de confianza. Un bo traballo con boa formación de alto nivel. Son mestres motivados que teñen moito respecto da sociedade», sinala. Hermunen explicou que só un 10 % dos mozos que queren ser profesores son seleccionados nas facultades.
Sinalou, ademais, que en Finlandia, con 5,3 millóns de habitantes, o 97,7 % dos alumnos acaba a secundaria aos 16 anos e que un terzo dos adultos teñen formación superior. «A educación é moi valorada na sociedade finlandesa, vémola como un estilo de vida», afirma Taneli. O ensino básico é a estrela do sistema finlandés. O 13 % do orzamento estatal vai a Educación, o que, segundo Hermunen, é o 6 % do PIB. Os colexios son públicos, case non hai privados. E gratis son os libros, a comida, a sanidade e o transporte escolar rural. Só un 0,5 % dos alumnos non terminan a educación básica. Na escola pesan as tutorías integradas no currículo nacional. «A mentalidade dun titor é axudar a todos os alumnos», dixo este finlandés, que indicou que o número máximo de alumnos por aula é de 30: «Non hai recortes en Educación, os nenos teñen poucos deberes en casa e non pasan de 30 horas semanais no sistema educativo».

No hay comentarios:

Publicar un comentario