A opinión dos docentes...non conta?

1 mar 2014

Asesoramento verbal

foto de Marina Mayoral

Está unha morrendo e aprendendo. Cando no verán lin que había unha denuncia contra o marido dunha señora, alto cargo político, por pagos mensuais de 6.800 euros recibidos de Liberbank, e que non se correspondían con prestación algunha, nin derivaban de contrato subscrito, pensei: ¡Outro máis! Pero resulta que non. Agora arquivan as dilixencias porque apareceu un contrato, e que houbo unha labor de «asesoramento verbal». Ou sexa, algo parecido ao dos políticos que poñen nesas reunións dos bancos, ás que nin teñen que asistir, só votar, se llo piden, e cobrar, e listo.
¡Asesoramento verbal! Non fai falta reunirse, unha chamada a traveso destes trebellos modernos, e listo: «¿Que pensas de Tal e Cal? Penso Tal Cal». E a fin de mes 6.800 euros, todos os meses. Eu tamén ás veces teño asesorado verbalmente, pero neses casos non cobro, só polo que escribo, e pouca cousa. Non me queixo, que peor están os que perderon o traballo, ou teñen que marchar fóra para conseguilo. Pero dígolles que isto do asesoramento verbal tenme moi abraiada, porque o marido desa señora non é un caso excepcional. Houbo outras denuncias semellantes a altos cargos políticos que tamén se arquivaron da mesma forma. E todo legal, oiga, que iso é o que máis me preocupa e o que me parece máis grave. ¡Todo legal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario