A opinión dos docentes...non conta?

5 feb 2015

A percepción do benestar económico é clave para a bonanza educativa?



Oficialmente, antes da “recuperación económica”, a LOMCE e similares eran procedentes. Pero logo dela, son pertinentes? A que vén o recente decreto sobre graos e másteres?


O último vídeo promocional do PP dinos, moi coloquialmente, que aínda lles queda moito por facer, pero o que fixeron ata agora é fetén: tiñan que facelo. E fai tan só dous días, despois da vitoria de Syriza en Grecia e da marcha de PODEMOS en Madrid, o señor que preside o actual Goberno volveu insistir en que somos un país de primeira, que non aceptaba “a España negra que nos pintan” e que , dado o crecemento superior ao 2% que auguraba e que calculaba que habería outros 400.000 parados menos este ano, o seu partido debía facer “pedagoxía” para que os españois coñecesen mellor o traballo levado a cabo para endereitar o curso dos asuntos españois

Os oíntes podemos facer oídos xordos a esta prédica e fiarnos, ante todo, do que experimentamos a diario, pero tamén nos é posible dar crédito ao que nos contan -por simplificador que sexa-. O que fixeron ata agora no sector educativo ten a súa lóxica, perceptible igualmente noutros ámbitos, e pódenos servir de guía.

Todo parte de que os servizos sociais -como todo- teñen un trasfondo: son parte fundamental das políticas económicas. Non saen gratis e requiren un orzamento, maior ou menor, que sustente a súa gratuidade, tamén maior ou menor segundo cada opción política. Por aquí empeza o siloxismo en que se basea non só este vídeo, senón tamén a convención que o partido gobernante fixo o fin de semana do 23-25 de xaneiro -centrada en torno ao campo semántico da “recuperación”, “PIB”, “crecemento”, “diminución do paro”-, como tamén outro vídeo promocional do grupo municipal que rexe o Concello madrileño, con alusións explícitas ao ben que se viviu estes anos, con “máis facilidades aos emprendedores” se pos “vontade e moito, moito esforzo”: “aquí as cousas están difíciles, aínda que en Madrid sempre hai algunha
oportunidade”


A campaña electoral empezou e o discurso central  virará en torno ao positivo da economía, presuntamente capaz de contrarrestar a “indignación” que os recortes -económicos e legais- poidan producir nas vidas dos cidadáns. Por iso empezamos a oír que a economía española xa engalou, que saímos do marasmo da crise e que estamos iniciando o crecemento. Este mantra constitúe a “maior” dun silogismo subxacente que constituirá a liña argumental do PP no que queda de ano. É ASÍ QUE entre o que han ter que facer para que esa recuperación fose posible, deberon introducir cambios importantes -non lles chamarán “recortes”- nos servizos sociais e, particularmente no sistema educativo, ata chegar á LOMCE, a reforma iniciada este curso e cuxo despregue completo será no próximo. ERGO, se rende o beneplácito cara ao que este Goberno intenta transmitir -un traballo duro pero perfecto, con medidas de cirurxía estrutural que permitan agora proseguir a ambición programada cara á que xa todo está perfectamente encarrilado-, seranos dado contemplar como aumentan os partidarios de que a LOMCE e outras medidas similares sigan o seu camiño alegremente.

 

Si “esta economía” se recupera, todo o demais -incluídas as políticas educativas- sería disculpable pese a ser considerado pouco afortunado por moitos. Farían o correcto, estariamos na boa senda para completar o que aínda queda por facer sen cambiar o rumbo. Esta é a lóxica interna dos eloxios que irá esgrimindo o partido gobernante cara aos seus ansiados electores. No que a educación se refire, tratará de inculcarnos por todas as vías posibles que estaremos mellor se regresamos a antes de 1970, cando a Lei Xeral de Educación nos foi dada. Unha data de referencia que tamén pode valer para ver a onde nos retrotraen outras reformas emprendidas nestes tres últimos anos en diversos campos de redistribución da riqueza como a Sanidade e Dependencia ou, no campo das liberdades e dereitos, a reforma laboral, a lei de Seguridade cidadá, a reforma da Xustiza ou as últimas modificacións do Código Penal, asuntos todos amplamente expresivos do horizonte ideolóxico que as move. Para apoiar ese obxectivo e, en definitiva, a argumentación en que se sustenta, iremos vendo como no que resta ata as eleccións xerais -e con intermitentes crescendos respecto de as de Andalucía e as de maio- irán aumentando as mencións á mellora económica sustentadas en cifras e análises estatísticas sofisticadas. Ao presidente do PP xa lle está acompañando o coro de profetas maiores do FMI, de Davos e a UE -tamén Ana Botín acaba de elevar ao 3% a recuperación do PIB-, aventurando incluso un crecemento dos máis altos de Europa neste ano tan singular. Tamén poderemos ver como, ante o insoslaiable de asuntos sociais tan importantes como Educación, volverán reiterar a listaxe de razóns que Wert e Gomendio han ir degranando en todas as fases da LOMCE desde o principio da súa concepción ata o presente. Farán concordar de novo o nome da lei coa súa propia valoración, independientemente do que os recortes e demais decisións normativas da xestión ministerial produciron xa, e sempre á marxe das protestas que, nos medios ao seu alcance, fagan os axentes sociais. Esa imaxe contestataria ante unha xestión moi controvertida quedará a cuberto do paraguas da presunta prosperidad económica.

 

É a LOMCE e demais decisión xibarizantes dunha educación de calidade para todos o mellor que podía facerse nesta lexislatura? Busca o último decreto sobre os graos e másteres universitarios unha mellora sensible da Universidade pública, logo de  quitarle  1.500 millóns de euros nestes tres anos últimos, expulsar  a 45.000 estudantes polo aumento de taxas e poñer en dúbida un ensino científico, universal e autónomo, ao servizo da sociedade? Deben crelo así porque aquela lei e este decreto -forma de gobernar en grao sumo inquietante- será moi provisional e xa que logo inútil se perden as seguintes eleccións xerais. No entanto, os seus responsables intelectuais e políticos seguiron adiante, practicamente inmunes a esa ameaza e, de sempre, á secuencia de resistencias de diverso carácter que acompañaron ab initio esta secuencia reformista. É a mesma postura arrogante que mostraron con outras decisións lexislativas acordes co seu ideario elitista. Razón de máis para que de nada disto falen -como non sexa como pretexto provisional e nunca como doutrina esencial do seu concepto de sociedade- e si centren todo o discurso en torno ao “crecemento económico”. Tampouco incidirán nunca en que o PIB non o é todo en Economía ou que a súa invocada disminución do paro está baseada nunha contabilidade onde cabe todo, incluído o subempleo, a precariedade e os baixos salarios, como analiza José Antonio Saracíbar en
http://www.fundacionsistema.com/Info/Item/Details/5725  Parece que todo valla á hora de engatusar a posibles votantes e, sobre todo, aos receptivos de medias verdades, compañeiros de fortuna de cantos este panorama deficitario non lles afecta ou non cren que lles afecte. Coherente será pois, que ei lles convencen as premisas en que se apoia a “pedagoxía propagandista do PP, a LOMCE e demais parafernalia que están despregando para reducir a importancia e calidade do sistema educativo público -e aumentar a privacidade das prestacións a que ata agora estivo obrigado o Estado- irán crecendo no seu desenvolvemento. Xa non lles queda moito por facer para ver cumpridos os seus desexos.

Contan cos medios e co apoio dos señores do 10% de renda, aos que lles vai moi ben con este sistema e que, de momento, non se inquietan pola crecente desigualdade existente, pola damnificación sufrida co deterioro dos servizos ou polos soldos miserables, mentres a corrupción campea ás súas anchas entre os intersticios do Estado: coma se nada disto fóra con eles. Teñen ao seu favor, ademais, unha parte sensible da resignada e non indignada poboación española, á que a educación lle resulta un asunto pouco relevante, especialmente cando o seu nivel socioeducativo é moi básico ou nin sequera (un 36.1% de 25 a 34 anos, e é bastante maior na poboación máis adulta), ou cando se vive en “fogares de moi baixa intensidade laboral” -como chama o último Informe do Consello Escolar do Estado de 2014 ás familias que viven en risco de pobreza (p. 65). E contan, adicionalmente, con que entre os claustrais de Institutos, colexios e universidades hai moitos -sería de gran interese saber con precisión fiable a súa proporción- que se senten moi a gusto coas formulacións da lei que xa está en marcha. Non só non protestaron, senón que nin se sentiron aludidos: o seu mutismo é similar ao dos silencio gobernamental ante o crecemento sostido dos problemas que non atende nin quere entender.



Pode que este señor que di que nos goberna ao que lle gustaría seguir facéndoo de 2016 a 2020 con similar desatención aos sufridores da recuperación do PIB- non caia na conta de que perdeu lexitimidade ante millóns de cidadáns aos que “o seu crecemento económico” deteriorou gravemente a calidade de vida: nin invocando as benignidades mediatizadas do PIB ou do paro será capaz de lograr outra vez que teñan fe na súa capacidade de xestión austericida. Porque, namentres, os descontentos, que nada teñen e nada van perder, tomaron conciencia do valor do seu voto cara a horizontes máis inclinados a telos en conta. E porque, en consecuencia, a xestión gobernamental actual, sen propósito de emenda, como se ve por este decreto último sobre graos e másteres universitarios -a engadir aos que lle precederon, de similar obsesión por dificultar que as maiorías accedan a un saber máis valioso-, está destinada a unha radical provisionalidade. Dito doutro xeito, que o poder actual deste Goberno ten as súas limitacións, por moita “pedagoxía” que desenvolvan este ano para vender o que viñeron facendo e canto queiran seguir desenvolvendo ao seu aire e sen diálogo con ninguén. Aínda que a dureza e o medo teñen os seus réditos electorais, é máis que probable que neste momento vaian ser un fracaso: esperemos aos comportamentos electorais do ano en curso.



TEMAS: Eleccións, PIB,”Recuperación económica”, Necesidades, Recortes, Redistribución social, Benestar, LOMCE, Decreto sobre graos e másteres, Lei Xeral de Educación, Pedagoxía social.



Manuel Menor Currás

No hay comentarios:

Publicar un comentario