A opinión dos docentes...non conta?

15 oct 2018

O negacionismo obstinado acrecenta os problemas





O abandono dos ritmos da natureza e a acumulación de dogmas e cerimonias da confusión fan perigar, ata, o medio no que vivimos.

Denso é espeso, á vez que, por amazocado e plúmbeo, pode facer que algo resulte incomprensible e, ao final, indiferente. Na intensidade informativa destes días mesturouse de todo e, como case sempre, política e educación bailaron xuntas.

DANA
De primerísima intensidade é o ocorrido cunha DANA “gota fría” basicamente- ocorrida en Baleares. Episodio meteorolóxico cada vez máis frecuente, deberíanos facer menos reticentes a considerar que uso estamos facendo do sistema Terra, que reacciona tan fieramente un día si e outro tamén. A ONU acaba de recordalo para antes de 2030, pero a resposta volverá ser negacionista de parte dos que sempre teñen algo máis importante entre mans, como ganancias fáciles, tecnoloxías obsoletas ou hábitos de mala educación que non estiman necesario cambiar. As decisións das Conferencias do Clima seguen brillando polas reticencias, e moitos políticos por non pensar non pensar máis aló do seu embigo. É a tormenta perfecta para a catástrofe. Ao ritmo que imos, paisaxes que vivimos frondosos pronto serán irreconocibles desertos. Con fenómenos no interior peninsular similares ao de Baleares, inusuais gradacións de temperatura e pluviosidade, erosión e insolación crecentes, son cada día máis detectables as consecuencias na flora e fauna, especialmente nas áreas climáticas de transición entre os dominios atlántico e mediterráneo.

Baleiros
De similar profundidade é o que acontece no plano demográfico. Unha proxección do INE para 2033 di que dentro de 15 anos haberá 49 millóns de habitantes, pero a transición cualitativa da poboación é moi inquietante. Mais envellecida, un de cada catro españois terá máis de 65 anos e un estilo de vida cada vez máis illado e dependente. Aínda por riba, a súa distribución está producindo un interior peninsular baleiro, menos denso que Laponia, con centos de aldeas en proceso de abandono, mentres algúns núcleos urbanos e, sobre todo, a periferia marítima -un 30% da superficie- estáocupado polo 90%. Xuntos, estes dous parámetros -que estes días foron noticia- mostran uns problemas sociais bastante novos e de difícil arranxo a curto prazo, ademais, porque esixen unha mirada distinta do cortopracismo e un reparto solidario de recursos, contrario ao dogmatismo das mensaxes cegamente individualistas.


Freos
Neste contexto, pode ser celebrable que, no medio do fraccionado panorama político que exhibe o Congreso de Deputados, abriuse paso a oportunidade dun acordo básico para uns PXE que empecen a corrixir deixacións perentorias de case dez anos, que agrandaron outras que deberían terse corrixido moito antes. Pero, para que o optimismo sexa curto e que todo camiñe lento, co freo posto, renacen explícitas voces e estilo de entón. A praza de Touros de Vistalegre acolleu un mitin sintomático, e noticias que chegan de Valencia van pola mesma senda de proclamas e xestos imperativos. Queren impoñer a súa propia visión de liberdade sen concesións, un ultraliberalismo regresivo e agresivo a ton co triunfo ultra en Brasil e as aproximacións de Le Pen e Salvini. E para que nada falte, as denotacións dun sector importante da Igrexa deixan idénticas mensaxes. Sen desautorizalos, o Papa, á súa vez, seguindo unha enfática imaxe de apoloxía eclesiástica -da Idade da penumbra, segundo C. Nixey-, culpabiliza ao diaño dos escándalos últimos que a súa congregación non logra acalar en todo o mundo. E mentres, unha universidade americana propaga que Trump e as súas políticas son un agasallo divino. Todo un recordo das cruzadas golpistas dos anos 30 e do lema das correaxes dos SS: “Deus connosco”.


Culpa e débedas
O artista alemán Dierk Schmidt acaba de inaugurar no Palacio de Velázquez (no Retiro madrileño) Culpa e débedas, unha exposición que denuncia como se fixo, en 1884-85, o imperialista reparto de África. Multitude de asuntos que pasaron ao baúl da desmemoria -masacres colectivos, ventaxismos economicistas ou, máis aparentemente inocuos, enriquecimentos ilícitos de moitos museos europeos-, son postos en evidencia nesta mostra en que as crenzas e motivaciones do colonialismo europeo serviron de pretexto para o expolio e a rapina. A pintura de Schmidt, complementada con documentación, pon en dúbida o esquecemento, o silencio e, en particular, o pretencioso eurocentrismo académico dominante no discurso didáctico de currículos escolares e proxectos museográficos.

O afán de titulitis existente -un xeito parvo de coller o ravo polas follas- non nos fará máis sabios: nin nos dispoñerá para unha mellor convivencia nin para pacificarnos coa Terra. Tampouco as pautas educativas que manipulen as perspectivas de análise crítica: por moita innovación aparente de que se revistan só activarán pautas inanes. É urxente, por iso, a outra liberdade de ensino, en que os educandos alcancen autonomía e criterio colaborativo para afrontar os problemas reais, e na que, para xerar tal dinámica de independencia, o profesorado estea formado para iso.

É fácil comprobar que lonxe está a aceptación desta educación en liberdade, que os fundadores da ILE xa proclamaban en 1876. Acábannos de recordar que Saramago, pese ao seu Nobel, foi acusado de “populismo extremista antirrelixioso”. Ou como o coñecemento histórico pode ser anulado a conveniencia de quen se senten incómodos con el. E, entre outros moitos ítems de similar adoutrinamento, pode inscribirse que vaia a ser o Vaticano quen teña a última palabra respecto da nova tumba de Franco na Almudena: nin os responsables da cripta foron sensibles ás súas vítimas, nin o Goberno considera que sexa asunto da súa xurisdicción. Eppur si muove: probablemente non o dixo Galileo en 1633 ante o seu inquisidor, cando a represión do coñecemento non era sutil. Ao suave autoritarismo que hoxe emiten difusas emboscadas informativas e educadoras, séntalle ben a lentitude da ignorancia, indiferente á mala baba e os abusos. Os de pederastia e bebés roubados, ou os motivados por desprotección infantil, nos sobrecollen sen remedio. Os de índole ecolóxica ou desastrosa xestión antrópica do territorio xa nos están matando. Todo moi denso e intenso.

TEMAS: Museo Reina Sofía. Orzamentos Xerais do estado (PXE). Cambio climático e acción antrópica. Envellecemento. Densidade demográfica. Ultradeita.

Manuel Menor Currás
Madrid, 12.10.2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario