A opinión dos docentes...non conta?

15 nov 2019

A dignidade a partir do 11-N


Para resistir despois do 10-N, seguirá sendo imprescindible propiciar unha cultura atenta ao desenvolvemento efectivo dos dereitos sociais de todos.

Debería abondar con contar o que pasa na vida cotiá da xente corrente, pero non é así. Debería ser obligatorio saber que pasa aí abaixo -e non só aos que están no cumio social ou político-, onde traballan os que fan que funcione todo. Algo deberiamos avanzar desde as antigas crónicas medievais, en que case o suxeito da acción política eran os reis ou os seus pares..

O vilán e o currante

Na última película de Loach, Ricky, o protagonista, é un demandante de traballo como repartidor, currante de toda a vida, amante do seu núcleo familiar e convencido en que do traballo honrado pode saír unha vida mellor. Vese forzado a solicitar un posto nunha de tantas empresas como xurdiron ao compás dos novos desenvolvementos tecnolóxicos, cuxas dimensións globalizadoras chegaron ao barrio obreiro onde transcorre a súa limitada existencia. Podería axudarlle nun transo de crise de todos os empregos anteriores.

Esforzo, autosuperación, emprendimento e proxecto de vida personalizado son as palabras clave que aparecen na súa conversación co vilán da historia, o encargado por unha empresa de reparto da cuadrilla de repartidores, controlar a súa eficiencia e avaliar o seu rendemento para uns accionistas aos que nunca se ve. Sempre aparece por medio unha máquina escaneadora, similar a un móbil, capaz de establecer a trazabilidade de cada paquete e, de paso, a rendibilidade constante e continua de cada operario. O triunfo é lograr canear todos os obstáculos da estrada, chegar a tempo con cada envío e non poñer pegas se hai algunha multa por  ter algún percance persoal ou mecánico que dificultase unha boa estatística en todo o proceso. De todo é responsable o repartidor, un falso autónomo que o pon todo: a furgoneta, a rapidez, a saúde, a responsabilidade ante imprevisibles e ante o posible estropicio ou perda da maquiniña controladora, o seu cordón umbilical como asociado preferente.

Ricky acepta as imposibles condicións do seu traballo incluídas algunhas das máis duras: vender o coche da súa muller para poder meterse na hipoteca para comprar a furgoneta indispensable, abandonar bastante o trato da súa familia e levar unha vida de escravo de si mesmo. Logo de ser un bo empregado nunha das rutas máis difíciles da empresa, chega a aceptar varias multas por serlle imposible chegar a tempo. Chega a facerse cargo, ata, de quedar atrapado en cuantiosas débedas coa súa empresa, entre outras causas, porque o asaltaron uns pandilleiros e rompéronlle a prezada maquina de control. Daquel desencontro quedou magullado físicamente, pero quere seguir cumprindo co encargado da empresa e non pecharse as dubidosas expectativas de tan deshumanizador traballo.

A conversación que ao comezo da película mantén coa súa contratador é antolóxica. O do triunfo persoal e as condicións que implica acábase convertendo en proxecto de vida para todas as horas do día e da semana, ata absorbelo todo. Ningún tipo de dereito se contempla nestes empresarios de si mesmos, ocupados en explotarse para beneficio de terceiros. O seu contrato asociativo descarta todos os dereitos no traballo que, desde finais do século XIX,  se viñeron a recoñecer legalmente nos países desenvolvidos democraticamente. É o que evidencia esta narración de Loach tratando de desmontar a verborrea triunfante en moitos negocios cuxas dimensións tecnolóxicas están ao servizo exclusivo duns poucos, con desprezo absoluto de moitas vidas implicadas. O espectador pode ver como progresividade e explotación poden auxiliarse mutuamente e propiciar que a desigualdade social estea moi ben servida.


A confortable realidade

A literatura, e en particular as súas correntes de realismo, fíxose eco destas contradicións de modo moi explícito. A Historia, a Antropoloxía e a Socioloxía pugnaron por sacar á luz nas súas investigacións os problemas diso derivados. Pero o infantilizante momento actual é infatigable en reducir a actos individuais as relacións sociais contrarias, sen que nada teñan que ver, como causantes ou cómplices, os tempos longos da organización política.

Nese panorama é plenamente actual o realismo fílmico de Loach, certeiro en cuestionar o que como modernidade última  nolo venden de contino. Aínda que vaia ao contraxeito do filibusterismo dos que contan que non é así, que todo é mellor do que parece e que non se pode ser pesimista, que hai que dar esperanza. Nunca faltan os que consideran que sobra todo análise crítica intensa, porque felices debemos sentirnos por poder vivir, dos anos sesenta para acá, tal confortabilidad e “progreso” que é incomparablemete mellor que toda a historia anterior, de pleno “atraso”. O cal, en situacións como as vésperas do 10-N, incita á cidadanía á pasividade, sen nada que gañar e á defensiva fronte a canto poida alterar tan tranquilizadora versión.

Enténdese mellor, deste xeito, que, no debate de máis peso simbólico nestes días pasados, os líderes concurrentes ás eleccións limitáronse a soltar os seus lemas de programa, para botarllos mutuamente en cara, sen afán de diálogo, mentres os problemas reais das persoas quedaban nas pavías. Foi levemente distinto o debate das mulleres, aínda que de segundo nivel. Pero non se entende por que uns e outras deixaron o discurso das cousas concretas -máis simple- aos e as representantes das perspectivas máis ultras, que falaron aos oíntes coma se sentisen os seus problemas toda a vida. E menos se entende como cuestións tan centrais para os cidadáns e cidadás como as reformas laborais, tan relacionados coa desigualdade profunda, apenas lograsen algunha mención. Coma se todo alcanzase a ser tan estupendo para todos que non se puidese tocar, non fóra a estropearse tanto logro histórico. Non ten que ver este novo esencialismo cun caldo de cultivo cultural propio de non fascistas consumistas, propicio a que se desenvolva en plenitude o neofascismo emerxente?

Que o que conta Loach non se viu reflectido cando a maioría dos postos de traballo de agora ten similar perfil ao do protagonista da súa película, é grave. Non o é menos que, na axenda destes comunicadores tan superficiais, nin se mencionou a posible contribución dos sindicatos e folgas de diverso tipo -historicamente vitais para o logro dos dereitos sociais- a que axudasen a recuperalos do crecente deterioro en que se sumiron. Curiosa coincidencia foi, con todo, que Esperanza Aguirre -a que denostaba de cantos profesores se opuxeron ás súas políticas educativas, e que chegou a denunciar aos que inventaron aquela camiseta da marea verde- pase estes días polo xulgado do caso Púnica escudándose na súa ignorancia unha vez máis.

Esperemos que os votantes teñan a inspiración suficiente para superar tan desafortunadas conxuncións astralis e, enderezando os despropósitos, aprestarse a soster unha resistencia que se aventura máis dura, pero imprescindible, desde o 11-N. Haberá moitos muros que saltar, como houbo o de Berlín.


TEMAS: Eleccións 10-N.- Resistencia cultural.- Dereitos sociais e políticos.- Precariedad.- Emprego/desemprego.


Manuel Menor Currás
Madrid, 09.11.2019.

No hay comentarios:

Publicar un comentario