A opinión dos docentes...non conta?

21 sept 2014

Fendas na inauguración do curso 2014-2015 no Pereiro de Aguiar

Que non é un curso normal o que acaban de inaugurar os reis en Ourense, é perceptible na secuencia contextual da cerimonia o pasado día dezaseis.

A escola elixida. Postos a escoller unha escola rural –o xesto particular que se quería destacar-, a do Concello do Pereiro de Aguiar, con 12 profesores, seis grupos de Primaria e tres de Infantil excede moito a media das existentes no rural galego (Ver http://www.laregion.es/articulo/ourense/felipe-vi-inaugura-curso-escolar/20140916125911492916.html)http://www.ine.es/jaxiT3/Tabla.htm?t=142&L=0). Aínda que a pirámide de idades mostra un forte descenso de nacementos nos últimos 30  anos, a particular situación desta área ao leste da capital ourensá facilitou que teña unha leve contención respecto da depresión demográfica da provincia, a máis baixa de España xunto a Zamora e Lugo. A repercusión de todo iso na escola en que tivo lugar a cerimonia inaugural do curso 2014-2015 non fai dela, pois, que sexa representativa do mundo rural. O CEIP de Pereiro viría ser, máis ben, moi similar a calquera outro dun acomodado barrio urbano. Outras escolas públicas hai –entre os outros 92 municipios ourensáns-, e ben preto igualmente da cidade nalgúns casos, que non alcanzan o número de nenos indispensable para permanecer abertas, se non o teñen con dificultade.

 A comarca en que se asenta este C.E.I.P. é máis ben unha zona periurbana e ten todos os ingredientes  que a inmediatez da capital provincial, a 7 kms., foi xerando con altos e baixos entre os anos do “desenvolvemento” e os do auxe do ladrillo: segundas residencias de moitos profesionais avecindados, que se agregaron ás dos naturais das 13 parroquias  orixinais, varias residencias xeriátricas, algúns colexios privados, tres ou catro miniurbanizacións do momento previo á crise actual e, tamén, un polígono industrial con dous ou tres empresas de éxito no sector textil e outras de servizos. O sector agrícola, como xa comentaba en 2010 o equipo editorial de Ir Indo, “é unha actividade escasamente representativa” (Galicia en Comarcas: Ourense, páx. 125). Nin sequera desde o demográfico –un dos ingredientes máis duramente expresivos do rural español ou do galego e moi especialmente o ourensán-, pode dicirse que esta zona siga a pauta. Esta provincia, que tiña en xaneiro de 2013 un censo de 325.389 habitantes, diminuíra en igual data de 2014 ata 321.837  seguindo unha tendencia que vén xa de bastante máis atrás. Con todo, a deste concello é contraria: o padrón municipal de 2013 rexistrou 6326 residentes -que en electores, das Xerais de 2011, foron 5253-, mentres en 2010 censou 6134 veciños 

Aínda que a pirámide de idades mostra un forte descenso de nacementos nos últimos 30 anos, a particular situación desta área ao leste da capital ourensá facilitou que teña unha leve contención respecto da depresión demográfica da provincia, a máis baixa de España xunto a Zamora e Lugo. A repercusión de todo iso na escola en que tivo lugar a cerimonia inaugural do curso 2014-2015 non fai dela, pois, que sexa representativa do mundo rural. O CEIP de Pereiro viría ser, máis ben, moi similar a calquera outro dun acomodado barrio urbano. Outras escolas públicas hai –entre os outros 92 municipios ourensáns-, e ben preto igualmente da cidade nalgúns casos, que non alcanzan o número de nenos indispensable para permanecer abertas, se non o teñen con dificultade.


A denominación do centro escolar. Os reis, no entanto, notarían algunha diferenza respecto ao colexio a donde levan ás súas fillas: un centro público sempre as ten. E poida que os seus asesores   os informaran sobre o titular que dá nome a este, Ben-Cho-Shey, para quen a homenaxe implícita da presenza rexia nun colexio que levase o seu nome, probablemente lle causaría algún sorriso.Ben-Beley das Cartas Marruecas, a obra póstuma de José Cadalso (en 1789). Preocupado pola modernización educativa, viaxou a distintos países de Europa para entender mellor as correntes metodológicas existentes na nosa contorna, estudou na Escola Superior de Maxisterio de Madrid e chegaría a ser inspector de ensino. Doutra banda, as súas preocupacións por un mellor coñecemento de Galicia  adscribírano ao Seminario de Estudos Galegos e acabaríano levando á Real Academia Galega. Froito de todo iso foron algúns traballos de investigación relativos ao barroco galego e, sobre todo, ás características da súa terra -xusto na área do Pereiro-, entre os que destacan algúns libros sobre contos populares, o carnaval galego ou o estudo da lingua dos afiadores (o barallete) e, sobre todo, unha extraordinaria investigación pluridisciplinar -en colaboración con outros membros do grupo Nos: Risco, López Cuevillas, Taboada Chivite- sobre Santa Marta de Moreiras: Monografía dunha parroquia ourensá (1925-1935), que aínda hoxe é modélica e serve de referencia a etnógrafos e antropólogos. Pero ademais, tamén a política  se cruzou  no seu camiño: foi presidente do Partido Galeguista, o que motivaría que, en agosto de 1936, fóra un dos primeiros mestres represaliados e sometidos a depuración. Desterrado en Estremadura, xa pasaría case todo o resto da súa vida en Madrid, onde seguiu traballando intensamente por Galicia. O seu epitafio no cemiterio ourensán de San Francisco non deixa lugar a dúbidas: “Quedan suprimidas tódalas homenaxes postmortem, porque as cousas ou se fan ao seu tempo ou non se fan”.
O humorado pseudónimo adoptouno Xosé Ramón Fernández Oxea (Ourense 1896, Madrid 1988) para escribir as súas crónicas xornalísticas desde Marrocos despois do desastre de Annual en 1921, ao estilo do
O texto lido polo rei -e máis no contexto doutros como o de Wert, a quen obrigaba tamén a cerimonia-, apenas sobresaíu do protocolario e convencional que, en situacións institucionais deste carácter, podería pronunciar. As tres ou catro ideas forza que presiden a actuación do Ministerio de Educación actual son as que atoparon voz explícita na voz de Felipe VI: a) “unha educación de calidade”, que había que “aumentar urxentemente”(Ver: http://www.teinteresa.es/espana/DEBEMOS-URGENTEMENTE-AUMENTAR-CALIDAD-EDUCACION_0_1213079663.html )
 b) que a Formación Profesional –ao parecer, laudatoriamente escolleita polos alumnos máis que nunca-, “é peza clave no imprescindible proceso de mellora e actualización da educación en España”; e c) que, dados os problemas do fracaso escolar e a empregabilidade que temos, é preciso adaptar “a oferta educativa e a demanda da economía”. Visto o debate que nestes anos pasados xerou a insistencia case exclusiva en tales núcleos operativos -ás costas e en contraposición doutras moitas de gran valor para matizar a empobrecedora simplificación de significados e visto, ademais, que a posta en marcha, por exemplo, da FP Básica é, como asegura un recente comunicado de CEAPA, un “auténtico despropósito”-, a leve insinuación do discurso a un traballo consensuado, igual que a referencia a que a da educación era “o mellor investimento”, quedou moi amortecida. Sen voces discrepantes da oficial -cando as outras voces do coro falador nesta inauguración de curso foron tan harmónicas-, a complexa e inquietante realidade educativa española do momento, e en particular a da educación pública, foi a gran ausente.

As fotografías do acto abundan na necesidade de deconstrucción que necesitan actos deste tipo, imprescindible exercicio, por outra banda, para unha vida democrática máis esixente e máis conectada aos problemas que os cidadáns padecen: o funcionamento institucional esixe formas máis depuradas. A prensa que cubriu o acto proporcionou varios grupos de fotografías moi elocuentes do momento e o seu contexto. Se se contrapoñen entre si, poderase apreciar que un amplo número de persoas –unhas duascentas- acudiron ao acto a protestar polo que entendían que era un mal comezo de curso. 




E tamén hai constancia doutra trintena retida a dous quilómetros do lugar por non madrugar suficientemente para engrosar o número de discrepantes. Nada que ver cos riseiros prácemes oficiais (https://www.facebook.com/pages/Familia-Real-Espa%C3%B1ola/123107454373173?fref=photo)
O resultado desta contraposición é similar ao que ata o pasado día sete mostraban na Fundación Mapfre as fotografías de Cartier-Bresson. A súa reportaxe sobre a coronación de Jorge VI, o 12 de maio de 1937, centrouse na expectativa da multitude apiñada nas rúas de Londres e non no fasto brillante da cerimonia casual: esa foi a noticia que o afamado ollo do fotógrafo francés quixo fixar na súa cámara, sen que quedase constancia explícita da coxuntural ritualidad circundanteA imaxe resultante das ambiguas físgoas icónicas e xestuais do pasado día dezaseis en Ourense é suficientemente inconexa e ata contraditoria como para ser contemplada con satisfacción. Talvez os únicos que poderían tomala como tal serían Wert e Gomendio, ampliamente riseiros no acto, ao ver -suponse- que os seus esforzos por sostenella “e non enmendalla” chegaran á culminación. Pode, tamén, que para algúns nenos e os seus pais asistentes ao insólito acto na chaira de Pereiro de Aguiar, lle quede como “bonito recordo” de futuro. Pero para moitos outros cidadáns, cando o curso que se estaba inaugurando vén cheo de continuidade de recortes –non só en recursos, senón tamén en diálogo por unha educación de todos e para todos-, este só sería un momento máis nun camiño provisionalmente esquivo para o que -como faría Fernández Oxea-, terán que armarse de ironía esperanzada. Leonard Cohen –premio Príncipe de Asturias das Letras en 2011- xa cantaba para eles en 1992 que “todo ten unha greta e así entra a luz” (Anthem en: The Future).

Temas: gretas, inauguración, oficial, curso, 2014-15, O Pereiro de Aguiar,

No hay comentarios:

Publicar un comentario