A opinión dos docentes...non conta?

17 sept 2014

Os reis no Pereiro: unha foto para o recordo

Velaí os tedes. Todos contentos para a foto. Non falta ningún dos valedores da calidade do ensino: os reis, o ministro Wert, o presidente Feijoo,  o delegado do Goberno, o conselleiro, Gomendio, o presidente da Deputación: Baltar fillo, e ata Eliseo, o alcalde do Pereiro. Os profesores pasan case desapercibidos, Antón, o director, mira para outro lado e, os nenos, ao seu, neste día de festa.

A poucos quilómetros de alí, un grupo de manifestantes das plataformas de profesores e pais pola escola pública, seguían retidos á beira da estrada nun lugar pouco visible...

No hay comentarios:

Publicar un comentario