A opinión dos docentes...non conta?

31 ago 2014

Breve máster de "recuperación firme e intensa": oportunidade de inicios de curso.



O final do verán volve ser para recuperar. Reviven xa os cursos PPO dos setenta, para non perder as mil oportunidades de emprendemento neste momento crucial.

Non tes por qué saber qué era o PPO, pero sábeno os maiores; de cando aquela acelerada reconversión da man de obra dispoñible; indispensables entn para unha industrialización e urbanización masiva de quen non habían ter oportunidade de irse á emigración ou non pasaran practicamente pola escola. Hoxe, temos evolucionado moito: sóbrannos parados de novo, pero interésannos máis que nunca a empresa pública, a escola pública e a sanidade pública. Da súa marcha dependen os indicadores económicos que máis nos pracen, agora que o emprender por confirmar que sesos queccionesres aspiracins. Ver de sempre para que os teus descendientes epiecen a situarse dálle “vidiña” a case todo como obxectivo vital, sistema e valor en alza; e cando existen nesas lindes cada vez máis practicantes desta fe entusiasta e rompedora, denostada polos eternos pesimistas. Déixate guiar pola prensa: din que ten limitacións, pero non cesa de mostrarnos cumpridos exemplares, modelos de tan elevado evanxeo redentor que, non só pasan olimpicamente do vanitas vanitatis do que tan preocupado se sentía o Eclesiastés cara ao 300 a. C., senón que se desviven para que este afán penetre profundamente en cada elector.

Esperamos que o verán revitalice os nosos cursos PPO, rediseñados para estar onde corresponde. É cando adoitan fraguarse algúns dos más prestixiados plans no logrero escalamento dos valores máis cotizados. A Bolsa non descansa: non pensarias só no bronceador; hai cousas más importantes, como esas reunións familiares onde adoita falarse de todo un pouco e que son moi aproveitables. Como sen xeito, os más intelixentes terán aproveitado para planificar adecuadamente o futuro dos seus vástagos. Xa deberías saber que máis do 50% dos primeiros empregos que obteñen os nosos universitarios, teñen moito máis que ver co que dan de si as relacións familiares que co que realmente estuden. Non creas que é así desde que Wert toma medidas para que este asunto sexa más redundante: este home só está encargado de reforzar o de sempre. E ti debrías ser consecuente con esa arraigada tradición de aproveitar as fortuítos encontros cos amigos –fíxate ben con quen andas, por favor- para que os teus descendentes empecen a situarse, e que máis tarde poidan ser cooptados decentemente. Xúroche que este o modo máis perfecto de ver cumpridas as túas mellores aspiracións: se segues esta regra rudimentaria, satisfarás esa necesidade que tes de demostrarte privilexiado, en plan low cost e sen o indispensable pedigrí doutros. Entendemos que crear é imaxinar unha empresa produtiva e os xeitos de que o producido traia algún benestar na contorna, moi arduo. Moito máis accesible é estar preparado para conquistar algo que xa estea en marcha. Non esixe demasiado esforzo persoal, imaxinación ou recursos materiais, pero hai que estar listo no momento propicio. Ese o noso traballo: xa nos ocuparemos de inculcar a estes cachorros as vantaxes dunha empresa do que sexa. Indicarémoslles que aproveiten o posto que lles deamos para que creen algunha, independentemente da súa utilidade; e se xa existe e cumpre unha ben demostrada necesidade e ata é moi eficiente, mellor que mellor: poñerémolo no brete de que se quede co santo e a peana por calquera medio: alegal, legal ou mediopensionista. Os nosos máis destacados emprendedores actuais son deste cariz e non son poucos. E o mellor chollo, como verías visto que repiten unha e outra vez os mellores xornalistas e reporteiros: estes que filtran moi ben o que lles dicimos, porque saben que sempre dicimos a verdade.

A información que circula polas redes sociais non sempre está acorde e sempre hai incontrolados. Sabémolo moi ben e estamos niso. Pero también entenderás que se houbese unanimidade absoluta, todo sería demasiado incrible, e necesitamos a confianza dos demais. No entanto, para desgusto de incorrexibles resentidos, España vai e ata se recupera das malas herdanzas, como os nosos máis lúcidos voceiros non deixan de proclamar porque os nosos datos dino. Temos unha gran “saúde institucional e o bo é que que haxa certidumes e seguridade”. Din outros que hai suborno, malversación e, sobre todo, prevaricación, sen ver a ignorancia que nos corroe: cada vez máis excelentes persoas recoñécense nesta educación herdada. Pero xa o Informe PISA e a LOMCE están tratando de emendar este desvarío. Son cousas que pasan, como digo, pola mala herdanza que, no tocante ao educativo, todos temos. Xa que logo, iso non conta. Imos cara a mellor: digan o que digan, estamos nas posicións máis altas da enquisa do CIS deste pasado mes de xullo, e que, como nos terás oído ultimamente, non se trata da terceira recesión, senón de que “a recuperación é firme e cada vez más intensa”.

Volvendo ao que che decía, nestes novos cursos PPO pensamos en contornas profesionais moi atractivas polas oportunidades que, neste momento, se xeran sen demasiado risco. Garantimos competencias de alta cualificación e moi eficientes, ata para situacións complexas en que o código penal puidese poñerse en dúbida. Somos expertos en deixar a deontoloxía profesional a recado, aínda que –como sempre- haxa quen dubide do non esixido para desempeñar traballos en que o máis valorado é a confianza a toda proba. Cando tan difícil é ter emprego, porque é un ben escaso –como tan ben reflicte esta útima enquisa do CIS-, o certo que tanto no privado como no estritamente público caben moitas posibilidades de actuación produtivas a condición de que se preserve esa confianza. Non sei se me segues… Por exemplo, en nome do público en calquera das súas formas e institucións –do exercicio político máis alto ou do meramente funcionarial rudimentario- os máis decididos teñen xeitos de xogar ao escondite con “ transparencia”. Iso de que todo, todo, estea á vista, ningun o cre: por pudor e por tradición xudeo-cristiá, ¿non?

O das “portas xiratorias” entre público e privado –cun antes e un despois, ordenadamente secuenciado-, a partir dos valores recoñecibles en moitas axendas de “servizo” na cousa pública, xa está moi sobado. Temos, en cambio, veciñanzas máis sutís -que os radicais protestóns non entenden-, pero con moitas oportunidades para succionar ao máxim o diñeiro dos orzamentos. Poñer en connivencia o privado e o público é relativamente fácil, a condición de estar ben asesorado e niso somos moi bos. Claro que é difícil facelo…, e que ás veces váisenos a man. Pero para iso temos unha ampla gama de recursos que mostren que non estabamos alí. Aí, os nosos cursos son moi intensos porque, por moito que prediques métodos adecuados para salvar a cara, sempre hai algún despistado que, no momento delicado, aflíxase e dá marcha atrás. Por iso, aos intelixentes teimámoslles moito neste punto: non sexa que nos deixen tirados … á primeira.

Aínda hai algo mellor que “as portas xiratorias” e que non está tan fiscalizado polos fuchicadores. Os nosos más precavidos alumnos, cando chegaron ao máis alto e adiviñan que non hai más percorrido por razóns aleatorias, deciden contravenir as leis da física e dedicarse ao esoterismo. Nunha das especialidades más demandada polos máis selectos, insinámoslles a percibir os sinais de esgotamento e caída dos cargos que poidan desempeñar; a lei da gravidade, vamos, pero sen que esquezan que, se co que adoita gañar traballando non queda máis remedio que ser virtuoso e aspiran a maiores rendas que as da virtude, han de aproveitar o exemplo do bo administrador do Evanxeo: bruxulear oportunamente para buscar onde situarse a bo resgardo durante un tempo. O etéreo deste limbo esixe unha finura e elegancia espiritual que convén desenvolver a tempo. Hai quen nace con iso, pero moi poucos teñen oportunidade de alcanzar as mellores proxeccións de tan larpeiras iniciativas. Xeradas para paliar o decimonónico pánico das cesantías, adoitan consistir en relaxados postos en niveis apartados do bulicio mediático, con moita moqueta, orzamentos avultados e indeterminadas esixencias de eficiencia. Igual que algunhas moi privadas iniciativas ben situadas, con posibilidades inmensas de nutrirse indefinidamente do público. Despois dun tempo vexetativo en tales criadeiros, os elixidos máis conspicuos poden saír outra vez a exhibir as súas calidades imprescindibles para algún proxecto posterior –que non póstumo necesariamente- a tan sabia como nutritiva hibernación cíclica.

Case todas as cidades ou concellos que se precian, deputacións e autonomías –también o Estado central-, teñen a man algún destes invernadeiros para a flor e tona de eximios emprendedores, cuxo único mérito –recórdao ben- terse sabido incrustar dalgún modo nun sistema amical que só nalgunhas minucias significativas, que non veñen ao caso, contraven o modelo estudado fehacientemente polo Profesor José Varela Ortega a propósito da Restauración borbónica do último terzo do XIX. Nesta España en que nos tocou vivir –e sen que sexamos unha reserva endógamica de curiosidades evolutivas-, estes aparellos institucionais son o xeito más frecuente para reproducirse na elite para quen se deixou educar na acertada obediencia ao que se mande. Non me digas que non che interesan estes cromos e que non queres que os teus prezados vástagos alcancen a beneficiarse deles.

Aquí chegan algúns consellos máis e que isto non se alongue máis. Recoñezamos que é unha ordinariez falar destas reviravoltas, pero como che digo unha cousa, dígoche a outra. E ante todo, se ves a ocasión de situar ao teu fillo/a como promesa emprendedora, apta para estes circuítos, non o dubides. Convénceo pronto, iso sí, de que non se lle ocorra achegarse a canto soe a Ciencias Humanas e Sociais xa neste curso que empeza. Para nós é de mal agoiro: estes mozos son moi difíciles de endereitar e adoitan entorpecer o seu proxecto de empregabilidade. Por iso, terás moito futuro adiantado se previches desde a súa máis tenra infancia que algo disto podería suceder. Xa sabes o moito que temos traballando esta trincheira e terás oído aos nosos contendentes e opositores que somos moi bos niso. Fai anos que tentamos cambiar de raíz este lío pedagóxico da igualdade, liberdade e diversidade educativas. Coa LOMCE xa temos, ata, expertos afinando, máis profesionalmente, os xeitos de erradicar as malas herdanzas. Un pouco máis ao temón do que hai que facer –“como Deus manda”-, e pronto teremos un sistema educativo “excelente”, moi bonito, e perfectamente limpo –máis barato, ademais, oe- para que as túas mellores expectativas, tamén para os teus netos, se vexan cumpridas. Sobran profesores e mestres en todos os tramos educativos e, no afán de deixalo todo brillante como debe ser, xa estamos quitando alumnos do medio: nin a educación infantil, nin a ESO e esa educación profesional temperá doutros rapaces -tan pouco homologables aos da ta familia e os teus-, nin menos a universidade, serán obstáculo para que a túa xente chegue, sen líos impredicibles, a situarse onde debe. Queremos a túa satisfacción: pagas o teu –que che rebaixaremos- e os bos mozos do MEC e as Autonomías cumpren amplamente o seu. Non me digas que non é para estar agradecido nunha época de crise como esta. Non viches que en Sanidade estamos deixando perfectamente niquelado o que había? E en Xustiza, e en tantas outras cousas…?

Se decidiches compartir o noso afán, podes sacar algunha vantaxe engadida: experto en politoloxía. Non descansarás moito, pero poderás analizar e catalogar os movementos dalgúns dos nosos mellores alumnos. Este final do verán especialmente apto para aprender das súas xogadas posibles nun panorama incerto, pleno de intrigantes dimes e diretes ante as cifras do CIS e outros augures demoscópicos. E é que en setembro non sóo empezará outro curso académico máis: tamén haberá eleccións no seu momento más arduo, ¿non? Todos, non só eles, estaremos ante unha situación dubitativa existencial para a que as precaucións do Eclesiastés Cohélet para os xudeos- soarán a pouco: “Todo ten o seu momento, e cada cousa o seu tempo baixo o ceo: o seu tempo o nacer, e o seu tempo o morrer; o seu tempo o plantar, e o seu tempo o arrincar o plantado… O seu tempo o chorar, e o seu tempo o rir; o seu tempo o lamentarse, e o seu tempo o danzar…” (3,1-8). Pois iso, sé previsor: non che indignes a destempo”.


TEMAS: Enquisas CIS, Emprego, Corrupción, Empresa pública, Escola pública, sanidade pública, LOMCE, Información económica, Política, Indignación, Eleccións.

Manuel Menor Currás 
Madrid, 28/08/ 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario