Algo está cambiando no barrio. Dende a sobreira vexo luz pola noite no Portovello. Os alumnos están cambiando de hábitos; polo día marchan do Instituto para berrar por toda a cidade o que consideran unha inxustiza...ESTÁN INDIGNADOS...pola noite... volven ao instituto para traballar no silencio da noite. Péchanse, estudan, debaten, comunícanse con outros e deseñan a estratexias para o día seguinte...MOBÍLIZANSE...son quen de chamar a outros centros de Galicia e elaboran unha plataforma común...SOLIDARÍZANSE...chaman aos pais, aos veciños, aos amigos...recollen sinaturas (nun só día recolleron máis de 1300). Dan un exemplo de compromiso e madureza...
Aínda que algúns queiran apagala... HAI LUZ NO PORTOVELLO.

ResponderEliminarAínda que algúns queiran apagala... HAI LUZ NO PORTOVELLO.
A curuxa na sobreira.