A opinión dos docentes...non conta?

19 nov 2013

Unha iniciativa de atención á diversidade: clases de reforzo para Wert.

En contra das accións que orientan a política educativa neste país encamiñadas á escaseza de recursos educativos, aos recortes para aqueles alumnos que presentan especiais dificultades, á perda de servizos e aulas para os alumnos que necesitan programas específicos, un grupo de profesores "solidarios" están dispostos a preparar e aplicar unhas clases de reforzo para este alumno, que, de momento, está ocupando o cargo de ministro de educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario