A opinión dos docentes...non conta?

6 nov 2013

"Wertdugos" da educación

foto de Ernesto Sánchez Pombo

Hai unhas horas o recorte do Erasmus era ineludible porque non había fondos. Así o dixo Wert. Cando pais, profesores, alumnos, universidades, partidos, comunidades, Europa e colegas populares uníronse para denunciar a afronta, o ministro atopou o diñeiro que lle faltaba para poder seguir coas bolsas. É a teoría que algúns mantemos. Que os ataques á educación non se sustentan nun problema de recortes ou austeridade. Porque facemos pagar os comedores escolares aos parados e gastámonos o que non temos en partidos, sindicatos, televisións, organizacións empresariais, esmorgas e pensións vitalicias. Esta non é unha cuestión de aforro, por moito que queiran convencernos. As permanentes acometidas e agresións á educación por parte deste Goberno teñen que responder a outro problema. Porque aínda aceptando que a economía vai como vai, non é necesario atacalo todo e esnaquizalo todo. Wert e Mariano van pasar á historia como os wertdugos da educación en España. Os que a levaron ao wertedero a unha velocidade wertiginosa. O malo é que a decenas de miles de españois, os mesmos que lles pagan as vacacións, están a esnaquizarlles o futuro. Wert sabe por que fai o que fai. Leu a Confucio. E xa alá polo 500 a. de C. Confucio dicía que «onde hai educación, non hai distinción de clases». Esa é a explicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario