A opinión dos docentes...non conta?

17 jul 2011

Acabouse o choio

Pasos sen pegadas (Columna de opinión)

Ignacio Bermúdez de Castro 

Data de publicación:
Domingo 17 de xullo de 2011. La Voz de Galicia.

Os que nos alegramos de que a Constitución se cumpra escrupulosamente estamos de parabén, pois o artigo 14 da mesma, ese que di que todos os españois somos iguais ante a lei sen distinción de causa algunha, a partir de agora, vai ser un pouco máis crible. A matrícula universitaria deixa de ser gratis para o persoal non universitario de Educación, ou para os seus fillos, aínda que este columnista pregúntase por que non ocorre o mesmo cos traballadores das universidades galegas. ¿É que un funcionario de Facenda, ou os seus fillos, non tributan como todo fillo de veciño, ou un de calquera concello non pasa por caixa ano si e ano tamén para abonar o imposto de circulación dos seus vehículos? A desaparación desta absurda norma suporá un aforro de case dous millóns de euros ás tres institucións académicas galegas, o que nestes tempos que corren non é moco de pavo. Se hai algo que produce rexeitamento nun Estado de dereito son os agravios comparativos, e a exención do pago destas taxas é un tan grande como un templo centenario. O diñeiro que se recadará a partir de agora ten moitos buracos que tapar, pero ben podería dedicarse á creación de bolsas destinadas a que os máis necesitados poidan cursar estudos superiores, pois como están as cousas, calquera manda un fillo a estudar fóra de casa. Privilexios bananeros para un país no cal chegou a non porse xamais o sol e, asómbrense, que ata fai máis ben pouco xogou na Champions League da economía. Sabia frase a que di que «un é dono dos seus silencios e escravo das súas palabras».

No hay comentarios:

Publicar un comentario