A opinión dos docentes...non conta?

18 jul 2011

Selectividade, corrompida?


  1. Autora do comentario:
    Ana Cristina Vidal Blanco
    Localidade:
    Boiro
    Data de publicación:
    Domingo 17 de xullo de 2011. La Voz de Galicia
    No mes de xuño fun facer a selectividade a Santiago de Compostela, esa proba de acceso á universidade da que sempre se di que nela o anonimato está garantizado, xa que en ningún exame vai figurar o teu nome, senón que terás que poñer ti un código de barras que che identifica. Pode que isto sexa certo e que o corrector non chegue a saber nunca quen es, pero dende logo o anonimato colectivo, é dicir, como instituto, está lonxe de cumplirse, posto que na miña sala, non sei moi ben porqué, os exames foron separados por centros e mire vostede por onde, un deles era un instituto privado.
    Gustaríame que se algún membro da CIUG le isto me dese unha explicación convincente. Basta xa de amaños!

No hay comentarios:

Publicar un comentario